ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Relativo. Exercicio 1


  1. Eles non son quen de dicirche iso.

  2. Os que queiran, que marchen xa.

  3. Quen che inventou ese alcume?

  4. A que lle vén tanta saña?

  5. Onde hai fume, hai lume.

  6. Deixaches aí o reloxo, mais ulo?

  7. U-la labarada da que me falaches? Eu non vexo nada.

  8. As angueiras son as que acaban con ela.

  9. Boteille ese resolio na mancadela, o que/cal produciu aínda máis proído.

  10. Quen era o que estaba axexando?

  11. Construíron un xardín que dá xenio velo, o cal/que é bastante raro nesta cidade.

  12. Cando teña cartos fareille un tobo ao can, co cal/que xa non andará por aí de buraco en buraco.

  13. Non eran eles quen andaban roufeñando toda a noite.

  14. De onde viñas onte a aquelas horas da noite?

  15. Vendeu canto lle deixaron os pais.

  16. U-la froita que mercaches?

  17. Todos os días leo un bo anaco, o que/cal mellora a miña formación.

  18. Estou moi nervioso,o que/cal non é nada bo.

  19. Cales/que/cantos pasaxeiros van nese avión?

  20. Baixou á cociña, onde colleu a botella de auga.

  21. Quen eran os xogadores que gañaron o mundial de 2010 de fútbol?

  22. De todos os gañadores do Tour de Francia, cal/quen é o teu preferido?

  23. Sempre vivín onde quixen, non onde me obrigaron

  24. U-los euros que che deixei onte?

  25. Agora hai moitos chineses que falan galego, son os que veñen traballar aquí

 

  1. Eles non son ... de dicirche iso.

  2. Os ... queiran, que marchen xa.

  3. ... che inventou ese alcume?

  4. A ... lle vén tanta saña?

  5. ... hai fume, hai lume.

  6. Deixaches aí o reloxo, mais ...?

  7. ... labarada da que me falaches? Eu non vexo nada.

  8. As angueiras son as ... acaban con ela.

  9. Boteille ese resolio na mancadela, o ... produciu aínda máis proído. 

  10. ... era o ... estaba axexando?

  11. Construíron un xardín ... dá xenio velo, o ... é bastante raro nesta cidade.

  12. Cando teña cartos fareille un tobo ao can, co ... xa non andará por aí de buraco en buraco.

  13. Non eran eles ... andaban roufeñando toda a noite.

  14. De ... viñas onte a aquelas horas da noite?

  15. Vendeu ... lle deixaron os pais.

  16. ... froita que mercaches?

  17. Todos os días leo un bo anaco, o ... mellora a miña formación.

  18. Estou moi nervioso, o ... non é nada bo.

  19. ... pasaxeiros van nese avión?

  20. Baixou á cociña, ... colleu a botella de auga.

  21. ... eran os xogadores ... gañaron o mundial de 2010 de fútbol? 

  22. De todos os gañadores do Tour de Francia, ... é o teu preferido? 

  23. Sempre vivín ... quixen, non ... me obrigaron 

  24. ...-los euros que che deixei onte? 

  25. Agora hai moitos chineses ... falan galego, son os ... veñen traballar aquí 

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com