ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Numeral. Exercicio 2: completar


  1. 16 é o dobre ou duplo de 8

  2. 9 é o triplo de 3.

  3. Teño un par de zapatos do trinque.

  4. Non votou o 58% por cento do censo, logo abstívose case a metade dos electores.

  5. Moitos miles/centos de persoas asistiron á manifestación da Praza Vermella.

  6. Antes pagaba 5.000 euros, agora paga 25.000, xusto o quíntuplo.

  7. Os gardas civís e as monxas antes andaban por parellas.

  8. Tiña un rabaño de varios miles de ovellas, preto das 7.000.

  9. Teño nove laranxas, se me dás unha terei unha decena.

  10. Chámase trío a un conxunto de tres persoas, e a un grupo de catro músicos chamámoslle cuarteto.

  11. Os ovos soen venderse por ducias.

  12. Chámaselle quincena a un período de 15 días e quinquenio ou lustro a un período de 5 anos.

  13. Un período de 10 anos denomínase decenio e o de 1.000 milenio.

  14. Un período de 40 días recibe o nome de corentena.

  15. Unha área é a centésima parte dunha hectárea.

  16. O metro é a milésima parte do quilómetro.

  17. 90 é o décuplo de 9.

  18. A sociedade contribuíu con 2/3 para os gastos, o outro terzo púxoo o Concello.

  19. Unha composición musical para dúas voces ou instrumentos recibe o nome de dúo ou dueto.

  20. A cada unha das catro partes dunha mazá, chamámoslle un cuarteirón.

  21. Pescaron centos de anguías.

  22. 25 é a cuarta parte de 100, 100 a sétima de 700, e 700 a décima de 7.000.

  23. 10 é doceava parte de 120 e a quinceava de 150.

  24. Un conxunto de 100 anos chámase século ou centuria, e un de repolos chámase cento.

  25. O punto equidistante dos dous extremos dunha recta, dicimos está xusto no medio e que sinala as dúas metades da recta.

 

  1. 16 é o ... de 8

  2. 9 é o ... de 3.

  3. Teño un ... de zapatos do trinque.

  4. Non votou o 58% por cento do censo, logo abstívose case a ... dos electores.

  5. Moitos ... de persoas asistiron á manifestación da Praza Vermella.

  6. Antes pagaba 5.000 euros, agora paga 25.000, xusto o ...

  7. Os gardas civís e as monxas antes andaban por ...

  8. Tiña un rabaño de varios ... de ovellas, preto das 7.000.

  9. Teño nove laranxas, se me dás unha terei unha ...

  10. Chámase ... a un conxunto de tres persoas, e a un grupo de catro músicos chamámoslle ...

  11. Os ovos soen venderse por ...

  12. Chámaselle ... a un período de 15 días e ... a un período de 5 anos.

  13. Un período de 10 anos denomínase ... e o de 1.000 ...

  14. Un período de 40 días recibe o nome de ...

  15. Unha área é a ... parte dunha hectárea.

  16. O metro é a ... parte do quilómetro.

  17. 90 é o ... de 9.

  18. A sociedade contribuíu con 2/3 para os gastos, o outro ... púxoo o Concello.

  19. Unha composición musical para dúas voces ou instrumentos recibe o nome de ... ou ...

  20. A cada unha das catro partes dunha mazá, chamámoslle un ...

  21. Pescaron ... de anguías.

  22. 25 é a ... parte de 100, 100 a ... de 700, e 700 a ... de 7.000.

  23. 10 é ... parte de 120 e a ... de 150.

  24. Un conxunto de 100 anos chámase ..., e un de repolos chámase...

  25. O punto equidistante dos dous extremos dunha recta, dicimos que está xusto no ... e que sinala as dúas ... da recta.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com