ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Conxunción. Exercicio 5: finais ou temporais


Sinálase só unha posibilidade, pero poden existir máis.

  1. Mentres non chegan os convidados, vai abrindo as botellas.

  2. Desde que lle morreu a sogra, anda feito unha Magdalena.

  3. Antes de falares, pensa ben o que vas dicir.

  4. Cando o monte se queima, algo seu se queima.

  5. Manteña limpa a praia para que todos poidamos aproveitarnos dela.

  6. Faremos unha auditoría para coñecermos os males da empresa e aplicarmos as solucións necesarias sempre que sexa posíbel.

  7. Para vir a xunto de min, vai lavar a cara, galopín.

  8. Desde que te fuches, nin como nin durmo, volve antes de que me converta nun cadáver.

  9. Cando mo dixo, pensei que era para darme unha alegría, agora vexo que non.

  10. Vai alá, que te vexan as túas tías.

  1. ... non chegan os convidados, vai abrindo as botellas.

  2. ... lle morreu a sogra, anda feito unha Magdalena.

  3. ... falares, pensa ben o que vas dicir.

  4. ... o monte se queima, algo seu se queima.

  5. Manteña limpa a praia ... todos poidamos aproveitarnos dela.

  6. Faremos unha auditoría ... coñecermos os males da empresa e aplicarmos as solucións necesarias ... sexa posíbel.

  7. ... vir a xunto de min, vai lavar a cara, galopín.

  8. ... te fuches, nin como nin durmo, volve ... me converta nun cadáver.

  9. ... mo dixo, pensei que era ... darme unha alegría, agora vexo que non.

  10. Vai alá, ... te vexan as túas tías.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com