ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Conxunción. Exercicio 4: nexos comparativos ou consecutivos


Sinálase só unha posibilidade, pero poden existir máis.

  1. Cala, que sempre foi máis esperto ca ti.

  2. O Parlamento Galego aprobou menos leis do que tiña previsto o Goberno da Xunta.

  3. Tes que colocalo de xeito que non se vexa desde fóra.

  4. Estudou tanto que acabou medio tolo.

  5. Hai que dispor as tomadas eléctricas de forma que o aspirador poida andar por toda a casa.

  6. Se cadra chegas a ter tantos libros coma min, e unha discoteca como a miña.

  7. Púxose como unha fera ao sabelo.

  8. Corría tanto que non había xeito de dalo seguido.

  9. A ver quen fai o testamento de modo que todos os herdeiros queden contentos.

  10. Este ano adiantou moito máis do que pensaba.

  1. Cala, que sempre foi máis esperto ... ti.

  2. O Parlamento Galego aprobou menos leis ... tiña previsto o Goberno da Xunta.

  3. Tes que colocalo ... non se vexa desde fóra.

  4. Estudou ... acabou medio tolo.

  5. Hai que dispor as tomadas eléctricas ... o aspirador poida andar por toda a casa.

  6. Se cadra chegas a ter tantos libros ... min, e unha discoteca ... a miña.

  7. Púxose ... unha fera ao sabelo.

  8. Corría ... non había xeito de dalo seguido.

  9. A ver quen fai o testamento ... todos os herdeiros queden contentos.

  10. Este ano adiantou moito máis ... pensaba.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com