ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Conxunción. Exercicio 3: nexos causais ou concesivos


Sinálase só unha posibilidade, pero poden existir máis.

  1. Leva o paraugas porque vai chover.

  2. Aínda que llo contase, non mo crería.

  3. Malia que llo expliquei, non mo entendeu.

  4. Como se achaba só, casou coa compañeira de traballo.

  5. Con xanelas dobres, aínda que haxa ruído, estase tranquilo.

  6. Igual non podemos pasar, xa que andan coas obras do gas e do cabo.

  7. Aínda que escribas ben a máquina, non vas conseguir ese traballo.

  8. Abre a porta, que está aí o repartidor do gas.

  9. Exiliouse porque non podía aturar a ditadura do seu país.

  10. Aínda que berre non lle fagas caso, que é só por chamar a atención.

  1. Leva o paraugas ... vai chover.

  2. ... llo contase, non mo crería.

  3. ... llo expliquei, non mo entendeu.

  4. ... se achaba só, casou coa compañeira de traballo.

  5. Con xanelas dobres, ... haxa ruído, estase tranquilo.

  6. Igual non podemos pasar, ... andan coas obras do gas e do cabo.

  7. ... escribas ben a máquina, non vas conseguir ese traballo.

  8. Abre a porta, ... está aí o repartidor do gas.

  9. Exiliouse ... non podía aturar a ditadura do seu país.

  10. ... berre non lle fagas caso, ... é só por chamar a atención. 

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com