ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

O artigo 1. Encher ocos co artigo

  1. Quero que pintes o garaxe antes do inverno.

  2. O neno ficou sorprendido ao ver que o leite saía a fío polo ubre da vaca que estaba muxindo seu tío.

  3. Ao chegarmos a aquela curva, tivemos que facer unha viraxe bruscamente para evitarmos o choque contra un/o camión.

  4. Levantóuselle unha forte dor de cabeza ao saber que a súa filla quería casar e non tiña os cartos para lle dar o dote.

  5. Mentres arrolaba o berce do seu neto miraba con desacougo para o lume que se achegaba ameazadoramente á casa desde o cume do monte.

  6. A febre fora provocada pola farinxite que pillara uns días antes cando agatuñara case espido á árbore que estaba diante da súa casa.

  7. A aguia é unha ave que percorre o ceo voando e a anguía móvese sempre pola auga.

  8. Houbo que lle facer unha análise de sangue porque temiamos que tivese unha infección provocada pola ferida que fora consecuencia do couce daquel burro.

  9. Na ponte do Lérez Sara e Lucía Marsán pararon a mirar o fume que viña das fábricas que se vían no horizonte.

  10. De onde se saca o mel? Preguntas. Seica as abellas producen mel e tamén nas tendas venden mel de flores.

  11. Dáballe tanto noxo o sangue, que despois de ver aquel accidente estivo un bo anaco limpando o cuspe no pano de man.

  12. No cárcere da miña vila había un/unha personaxe que suscitaba a curiosidade de todos os veciños: cando calquera persoa pasaba por debaixo da súa fiestra sempre lle facía o sinal de que gardase silencio.

  13. Non permitas que o teu fillo colla o costume de meter o dedo no nariz.

  14. Ao baixar do barco, meteu o peixe no paxe e despois de facer a viaxe ata a cidade conseguiu vendelo todo pregoándoo polas rúas.

  15. A orixe da orde de desaloxamento non se sabe cal foi, mais ninguén discutiu a súa oportunidade.

  16. Hai que engraxar a engrenaxe desa maquinaria, porque renxe moito ao poñela en funcionamento.

  17. Gustaríame que me fixeses un labor: ir mercar o cal para pintar o teito dese cuarto antes da festa.

  18. Sempre souben que o teu irmán tiña unha arte especial para facer a augardente de herbas.

  19. O riso de Helena é entrañábel, é case tan atraente como o sorriso de Raquel.

  20. Todos eses teus problemas teñen a orixe, con seguridade, na túa teima por te peiteares sempre á moderna.

  21. Xa sei que a cor azul non lle gusta máis que a cor verde, mais iso non é razón para que toda a súa roupa sexa unicolor.

  22. Necesitei que me puxesen unha vendaxe na man porque a escordei onte mentres facía ximnasia no colexio.

  23. Todos á abordaxe!, berrou o capitán do barco ao tempo que el xa comezaba a correr.

  24. Mira a plumaxe desas pombas: cada unha ten unha cor diferente, nunca antes vira semellante variedade.

  25. Na última asemblea decidiuse por unanimidade darlle unha homenaxe ao noso vello profesor de galego.

  26. Ofendeuse a causa da énfase que o seu parente puña en defender perante el o seu maior inimigo.

  27. As eclipses de Sol e Lúa son fenómenos que se producen moi esporadicamente.

 

  1. Quero que pintes ... garaxe antes do inverno 

  2. O neno ficou sorprendido ao ver que ... leite saía a fío por ... ubre da vaca que estaba muxindo seu tío 

  3. Ao chegarmos a aquela curva, tivemos que facer ... viraxe bruscamente para evitarmos ... choque contra ... camión 

  4. Levantóuselle ... forte dor de cabeza ao saber que a súa filla quería casar e non tiña ... cartos para lle dar ... dote 

  5. Mentres arrolaba ... berce de ... seu neto miraba con desacougo para ... lume que se achegaba ameazadoramente a ... casa desde ... cume de ... monte 

  6. ... febre fora provocada por ... farinxite que pillara uns días antes cando agatuñara case espido a ... árbore que estaba diante de ... súa casa 

  7. ... aguia é ... ave que percorre o ceo voando e ... anguía móvese sempre por ... auga 

  8. Houbo que lle facer ... análise de sangue porque temiamos que tivese ... infección provocada por ... ferida que fora consecuencia de ... couce daquel burro 

  9. En ... ponte do Lérez Sara e Lucía Marsán pararon a mirar ... fume que viña de ... fábricas que se vían en ... horizonte 

  10. De onde se saca ... mel? Preguntas. Seica ... abellas producen mel e tamén en ... tendas venden mel de flores 

  11. Dáballe tanto noxo ... sangue, que despois de ver aquel accidente estivo un bo anaco limpando ... cuspe en ... pano de man 

  12. En ... cárcere de ... miña vila había ... personaxe que suscitaba a curiosidade de todos ... veciños: cando calquera persoa pasaba por debaixo de ... súa fiestra sempre lle facía ... sinal de que gardase silencio 

  13. Non permitas que ... teu fillo colla ... costume de meter ... dedo en ... nariz 

  14. Ao baixar de... barco, meteu o peixe en ... paxe e despois de facer ... viaxe ata ... cidade conseguiu vendelo todo pregoándoo por ... as rúas 

  15. ... orixe de ... orde de desaloxamento non se sabe cal foi, mais ninguén discutiu ... súa oportunidade 

  16. Hai que engraxar ... engrenaxe desa maquinaria, porque renxe moito ao poñela en funcionamento 

  17. Gustaríame que me fixeses ... labor: ir mercar ... cal para pintar ... teito dese cuarto antes da festa 

  18. Sempre souben que ... teu irmán tiña ... arte especial para facer ... augardente de herbas 

  19. ... riso de Helena é entrañábel, é case tan atraente como ... sorriso de Raquel 

  20. Todos eses teus problemas teñen ... orixe, con seguridade, en ... túa teima por te peiteares sempre a ... moderna 

  21. Xa sei que ... cor azul non lle gusta máis que ... cor verde, mais iso non é razón para que toda ... súa roupa sexa unicolor 

  22. Necesitei que me puxesen ... vendaxe na man porque a escordei onte mentres facía ximnasia en ... colexio 

  23. Todos a ... abordaxe!, berrou ... capitán de .. barco a ... tempo que el xa comezaba a correr 

  24. Mira ... plumaxe desas pombas: cada unha ten ... cor diferente, nunca antes vira semellante variedade 

  25. En ... última asemblea decidiuse por unanimidade darlle ... homenaxe a ... noso vello profesor de galego 

  26. Ofendeuse a causa de ... énfase que ... seu parente puña en defender perante el ... seu maior inimigo 

  27. ... eclipses de Sol e Lúa son fenómenos que se producen moi esporadicamente 

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com