ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Adverbio. Exercicio 2: adverbios en -mente


  1. Rapidamente.

  2. Comodamente.

  3. Ordenada e silenciosamente.

  4. Apresuradamente.

  5. Finalmente.

  6. Coidadosamente, legalmente.

  7. Descoidadamente.

  8. Fielmente, aparentemente.

  9. Secretamente.

  10. Desdeñosamente.

  11. Eternamente.

  12. Valentemente, prontamente.

  13. Rigorosamente.

  14. Realmente.

  15. Novamente.

  16. Resumidamente.

  1. Desenvolvíao con rapidez.

  2. Pódeo aturar con comodidade.

  3. Ídevos colocando con orde e en silencio.

  4. Non escribas tan de présa que cometes moitos erros.

  5. Por fin, chegaches a conseguir algo.

  6. Móvete con coidado, que, segundo a lei, poden procesarte.

  7. Fixo a instalación eléctrica sen coidado e agora sofre as consecuencias.

  8. Relatou con fidelidade o sucedido, mais só na aparencia, se investigamos ben o sucedido.

  9. Andou amañando en segredo o casamento da sobriña co rico do lugar.

  10. Nesa casa nunca o trataron con desdén.

  11. Ficareiche agradecido para a eternidade.

  12. Os soldados irmandiños atacaron con valentía a fortaleza e conseguiron render con prontitude os inimigos.

  13. Este traballo hai que realizalo con moito rigor.

  14. En realidade, non creo que chegue a dominar o comercio da Ribeira Sacra.

  15. Tivo que abrir o forno de novo para limpalo ben.

  16. En resume, cómpre abrir aquí a conta corrente para obter un empréstito.

 

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com