ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Adverbio. Exercicio 1: sinalar


Sinalamos só os adverbios e locucións adverbiais, os sinónimos son libres.

  1. Sen dúbida, a mares, ao mellor.

  2. De camiño, abondo.

  3. ben, ás veces, á tardiña.

  4. Seica, moito, onte, case, aínda, non.

  5. Agora, lonxe, nunca, cedo, despois, de présa,

  6. Como, moi.

  7. de vagar, preto, demasiado, quizais, non, nunca.

  8. Antonte, como, antano, sempre, ás apalpadelas.

  9. Tamén, de contado, entre lusco e fusco, alí.

  10. Non, tampouco, aquí, ás carreiras, logo.

  11. antes, alí, abofé, ben.

  12. á esquerda, á beira, onde, decote.

  13. a eito, de mantenta, a tergo, xa, aí.

  14. U, aí, fóra, non, dentro, adiante, axiña.

  15. onde, ningures.

 

  1. Sen dúbida caerá auga a mares e, ao mellor, nin poderemos ir ao traballo.

  2. De camiño que limpas os cadros, podes endereitalos, que torcen abondo.

  3. Esa lámpada manda ben pouca luz; ás veces, á tardiña xa parece que é noite pecha.

  4. Seica te divertiches moito onte, case era día e aínda non querías ir para a cama.

  5. Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, mais despois, co de présa que se move, recupera o perdido.

  6. Como as queres? –Quéroas moi crúas.

  7. Vai de vagar, que Melide está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues nunca.

  8. Antonte contaba o avó como antano nos fiadeiros sempre había un pillabán que mataba a luz do candil para andar ás apalpadelas.

  9. Tamén mo dixo a min de contado. Era entre lusco e fusco e eu estaba alí na solaina sentado á sombra.

  10. Non teño gato e tampouco uso raticidas. Aquí nesta casa, os ratos píllanse ás carreiras, logo fáiselles un xuízo xusto e cúmprese a sentencia.

  11. Fuches antes alí? –Fun, abofé que me lembro ben!

  12. Saíndo á esquerda, á beira da parede é onde deixan decote o lixo.

  13. O profesor puxo ceros a eito, fíxoo de mantenta e a tergo porque a avaliación xa está aí.

  14. U-las cereixas? Están aí fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor; xa que acabaches, adiante, vailles tirando o rabo que eu estou canso e teño que marchar axiña.

  15. Para onde vas? –Vou para ningures, sabichón!

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com