MIMOSA

Diferentes plantas da familia das mimosáceas, a máis común a acácea dealbata

Florece no final do inverno e principio da primavera ao lado de camiños, ríos, estradas... Como é unha especie invasora vai ocupando cada vez más lugares e hoxe ir pola autoestrada de Vigo a Ourense, de Pontevedra a Santiago... no tempo da flor amarela é unha regalía para o que non conduce. Nos primeiros de marzo Galicia non é verde, Galicia é amarela polas grandes extensións de toxo e de mimosa.

Velaquí as mimosas no monte do parque natural, xa na parte portuguesa da Peneda Gerês