SILVA

Planta arbustiva da familia das rosáceas. Moi fácil de atopar nas beiras dos camiños, valados, eidos a ermo... O froito é a mora, vermella de verde e negra de madura. pode comerse e facer marmelada con ela

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antro millo,
adiós para sempre, adiós

(Rosalía de Castro)

Cando a silva bota a flor, pon a canada ao sol: porque non hai leite nesa época, sobra a canada de munxir
Labradores novos, mal polas silveiras: os recén chegados ao campo non fan os arredores, deixan as silvas medrar
A muller viúva, ata as silvas se prenden nela: todo é contra ela, todo lle sae mal, como se as as silvas se enganchasen na súa roupa

Fento seco en primeiro lugar, silvas, piñeiros e fervenza no Xurés