PIÑEIRO

Pinus pinster (o piñeiro bravo ou do país). Fam das pináceas.

De follas aciculares, dispostas en parellas, verde-escuras e punzantes (o escuro arume arpado, do himno galego). Copa de forma piramidal. As piñas son ovado-cónicas e escuras e conteñen os piñóns. Florece en primavera.
Abunda moito en xardíns, e sobre todo en repoboacións de grandes extensións. A súa madeira non é de moita calidade pero utilízase xunto co eucalipto para elaborar pasta de papel nas empresas de celulosa.
A repoboación extensiva de piñeiros e eucaliptos é unha das causas dos incendios que anualmente acaban con Galiza.
Dise que respirar o aire nos piñeiras é bo para as doenzas respiratorias. As piñas dan de comer aos esquíos e son excelentes para acender o lume da lareira.

Piñeiral en Carballedo, Lugo:

Piñeiros e fervenza no Xurés

 

 

Achegar comentario

Volver a Follas de plantas