NOGUEIRA, concheiro

Juglans regia. Fam das xuglandáceas

O xénero deriva do latín Jovis (Xupiter), glans (landra) e regia (de reis).
De casca lisa e grisalla, follas caducas, alternas e imparipinnadas. O froito é a noz, drupa de cor verde e escura ao madurecer deixando saír a noz. Logo ábrese cun quebranoces e tírase a semente que é moi apreciada: noces glaseadas, fritidas con chocolate, en torta; ou simplemente noces. Agora dise que axuda a regular o colesterol mao.
As follas poden ser utilizadas en infusión polos diabéticos. A casca como tinte. E a madeira é moi utilizada en ebanistería.
Segundo Don Baudilio Fernández (do Páramo en León e berciano de adopción) a auga de cocer as follas é moi boa para a pel e sobre todo usada como desinfectante, ben lavando as feridas ou como emplasto.
Hai xente que di que a sombra non é moi sa. Debaixo das nogueiras pouca cousa medra, se quere ter un bo xardín non plante nogueiras: ninguén medra á sombra doutro.

Por San xusto e San Pastor entran as noces en sabor (6 de agosto)

Nogueiras grandes nunha eira de Trasar de Carballo-Lugo

Morea de noces collidas no outono de 2007 das nogueiras da esquerda

Achegar comentario

Volver a Follas de plantas