MARMELEIRO

Cydonia oblonga. Fam das rosáceas.

De follas caducas, alternas e ovadas. As flores son solitarias e grandes, persistentes no froito, o marmelo. O marmelo é semellante a unha pera con borra verde e amarela ao madurecer. Ten un sabor agridoce que engana co seu agradable aspecto. Con estes marmelos elabórase o coñecido marmelo segundo receitas das avoas. Tamén se utilizaba para aromatizar a roupa dos armarios.

Marmeleiro nun xardín pontevedrés con allos no pé para evitar a piolla

A flor do marmeleiro

E un marmelo deste marmeleiro

Achegar comentario

Volver a Follas de plantas