LOUREIRO

Laurus nobilis. Fam das lauriáceas

Esta árbore pode chegar aos 25 m.De follas perennes, alternas e de cor verde brillante. O froito é carnoso e semellante a unha oliva.
Abunda nos xardíns e preto das casas. Na illa de Cortegada, fronte a Vilagarcía, hai unha boa fraga de loureiros.
Os romanos usábano para as coroas dos triunfadores, na nosa terra foi moito tempo usado para facer os ramos que se levaban a bendicir o Domingo de Ramos e logo se queimaban para escorrentar as treboadas. Tamén se utiliza para coroar unha obra ou palleiro acabado de rematar (poñer o loureiro a..). Nas Rías Baixas unha póla de loureiro diante dunha adega indica que se trata dun furancho (hai viño de colleita ata rematalo nunha adega particular)
As súas follas son un dos condimentos máis utilizados.

Loureiro grande de Pazos, Sarreaus

Achegar comentario

Volver a Follas de plantas