ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

CAMELIA

Camelia japonica L. Fam das teáceas

O nome débello ao botánico alemán P. Camellus. Provén do Xapón (e da China). Chegou aquí no XVII.
Follas perennes, alternas e brillantes. Flores brancas e vermellas. Froito seco en forma de cápsula.
Abunda por toda a Galiza e moito nas Rías Baixas. Hoxe conseguíronse multitude de variedades ( 5000?) e cruces con flores de variadas cores. Na provincia de Pontevedra celébranse certames con abundantísima participación.
Curiosidade: pertence á mesma familia que o té.

Federico García Lorca en Seis poemas galegos: Chove en Santiago /meu doce amor. /Camelia branca do ar /brilla entebrecida ao sol.

Velaquí a famosa fonte da Ferrería pontevedresa rodeada de camelias:

camelia

Achegar comentario

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com