Quintía
Foto: Rafael Quintía, antropólogo galego, amigo de ogalego.eu
ogalego.eu - ogalego.gal
Anxo González Guerra//Vitoria Ogando Valcárcel: catedráticos de galego xubilados

A FORMACIÓN DE PALABRAS EN GALEGO

A morfoloxía é a parte da gramática que estuda a forma das palabras (de como se constrúen, de onde proceden, etc.), As palabras adóitanse clasificar nas categorías xerais seguintes: substantivos, adxectivos, verbos, adverbios, preposicións, conxuncións, artigos, demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos, exclamativos e interrogativos.

O morfema é a unidade mínima dotada de significado e de significante. Ex: a palabra lobos, está construída polos morfemas lob- (significado léxico), -o- (o sexo do animal), -s (número, máis de un).

1. Morfemas léxicos ou lexemas: presentan o significado referencial, central, que é común a todas as palabras da mesma familia léxica. Este significado atópase nos substantivos, adxectivos e nos verbos. Ex: mozo, moza, mocidade...

2. Morfemas gramaticais: achegan o contido gramatical das palabras (xénero, número, tempo, persoa, modo e aspecto).

2.1. Morfemas gramaticais libres: constitúen por si mesmos palabras (preposicións, conxuncións, pronomes, etc.).

2.2. Morfemas gramaticais ligados ou trabados: van soldados aos morfemas léxicos na mesma palabra.

2.2.1. Os ligados poden ser flexivos ou desinenciais: indican o xénero e o número das palabras nos substantivos, adxectivos, determinantes e algúns pronomes, e o tempo, modo, aspecto, número e persoa nos verbos. Sitúanse sempre na parte final da palabra.

2.2.2. Ou derivativos ou afixos: son os que se engaden ao lexema para formar derivados, novas palabras. Segundo a súa posición dentro da palabra: afixos (prefixos -antes do lexema- e sufixos -ao final da palabra-) e os infixos (interfixos).


A FORMACIÓN DE PALABRAS

O estrato, a base do léxico galego, é o latín traído polos romanos. Hai tamén achegas dos pobos que habitaban a nosa terra (substrato: preindoeuropeos e indoeuropeos. Ex: carballo, burato) antes da romanización e de linguas posteriores á romanización (superestrato) como os xermánicos (Ex: gañar, roubar) e os árabes (Ex: laranxa, azucre).

Canto ao léxico latino, as palabras introducidas no primeiro momento e que sufriron a transformación normal co paso do tempo son as patrimoniais (Ex: chan), as que entraron despois pero aínda sufriron transformacións, denominadas semicultas (Ex.praga ) e as incorporadas tardiamente que case non sufriron cambios, os cultismos (Ex: plano)


A formación de palabras por procedementos internos

As linguas son coma seres vivos en constante transformación, vanse creando palabras e desaparecendo outras. Os falantes poden acudir a préstamos doutras linguas (castelanismos, lusismos, anglicismos, galicismos...) ou usar os mecanismos que a propia lingua ten para incorporar vocábulos, o máis común é a derivación.

1.- Derivación(morfema)+lexema+(morfema). É o procedemento máis común para formar palabras sobre unha primitiva.
1.1.- Derivación prefixal. A maioría dos prefixos son de orixe grega e latina:

Moitos radicais grecolatinos funcionan como prefixos na lingua: electro-, aero-, euro-, foto-, macro- neo-, tele-, radio-, video-...
1.1.1.- Prefixos apreciativos (valor intensificador):
arqui-, extra- hiper-, pre-, re-, sobre- super-...
1.1.2.- Prefixos nocionais (modifican o contido do lexema):
negación: a-, anti-, contra-, des/dis-, in-...
lugar: entre-/intra-, meta-, retro-, sobre/super-, sub, tras/trans, ultra...
tempo: ante-, pos-, pre-...
cantidade ou tamaño: bis/bi-, multi-, pluri-, semi-, uni-... 
1.2.- Derivación sufixal. O sufixo é un morfema ligado que serve para formar novas palabras.
1.2.1.- Sufixos alterativos ou apreciativos(achegan matices de tamaño ou afectividade):

intensificadores: ísimo, érrimo.
1.2.2.- Sufixos nocionais(forman novas palabras con significado diferente) 
eiro: home/muller que exerce as funcións de..., colectivo ou conxunto de, lugar onde hai, profesión, plantas ou árbores, recipiente, etc.
a) Sufixos formadores de substantivos:

Polo significado: colectivo (-al), locativo (-al, -eiro), acción (-ación, -axe), ocupación (-eiro, -ismo), doutrina (-ismo), etc...
b) Sufixos formadores de adxectivos:

Polo significado: caracterizador (-ble, -az, -ado), relativo ou pertencente a (-al- ar, -exo), xentilicio (-és, -eiro, -an/ano/ao)
c) Sufixos formadores de verbos (a maioría dos verbos fórmanse sobre a primeira conxugación):

d) Sufixos formadores de adverbios-mente
A derivación pode tamén ser prefixal e sufixal (parasíntese).

2.- A composición: (lexema+lexema)
2.1.- Imperfecta ou xustaposta: os dous elementos conservan o seu valor e corpo fonético.
2.2.- Perfecta ou aglutinada: pérdese a noción de composición.
quebranoces, lavalouza, salvavidas, gardalamas, bulebule, sapoconcho, beiramar, beirarrúa, lobishome, lobicán, augaforte, augardente, augamariña, camposanto, xordomudo, agridoce, clarividente
3.- A parasíntese: (morfema)+lexema+lexema+(morfema). Ex: augardenteiro.
4.- Os acrónimos: palabras formadas con siglas ou iniciais. Ex: ONU, DOG.

NB.- Familia léxica (campo léxico): conxunto de palabras derivadas, compostas e parasintéticas formadas a partir da mesma palabra primitiva. Este concepto está relacionado coa forma e non co significado. Ex: dente, dental, adentar, dentadura, dentífrico, dentista, denteira...

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com