ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Léxico 1. Exercicio 11: Sinalar o significado correcto das seguintes palabras II


  1. Arrabalde: impulso repentino; barrio das aforas; recipiente que contén líquidos; deus mitolóxico galego.

  2. Solpor: sono que se sente despois de comer; entre o día e a noite; sol moi forte; pendente en forma de sol.

  3. Sorna: retranca; fama; morna; monxa.

  4. Veludo: moi feo; cuberto de veos; tecido raso e suave; cirio grande.

  5. Tona: desagradábel; banda festiva formada por estudantes; capa superior do leite; canción agradábel.

  6. Cóxegas: parte por onde dobra a perna; parte central da cabeza; conxunto de cousas collidas; sensación que fai rir.

  7. Tobo: conduto por onde circula algo; cova ou abrigo dun animal; animal moi fero; que lle falta unha man.

  8. Alfinete: persoa moi fraca; peza do xadrez; especie de agulla sen ollo empregada para pregar a roupa; pau delgado.

  9. Embigo: castro de Vigo; cicatriz do cordón umbilical; dedo usado para sinalar; que ten o bico moi longo.

  10. Xarope: bebida medicinal; sacerdote musulmán; caída rápida; pé contrafeito.

  11. Pelouro: tecido de cor dourada; variedade de ave faladora; froito comestíbel da familia da pera; croio.

  12. Afastar: encher; chegar ata un sitio; separar; molestar.

  13. Recuar: mover moito os cadrís; sentar coas nádegas no chan; andar cara atrás; pór un remendo a un pantalón.

  14. Xaxún: abstención de tomar alimentos; almorzo; primeiro mes do ano; nome cariñoso de Xesús.

  15. Agoirar: abrigar; adiantar o futuro; aflixir; producir vómitos.

  16. Tremer: ter man de; facer forza sobre algo; ter moito frío ou medo; falar moi alto.

  17. Bafo: aire que sae dos pulmóns; brando; que non ten nada dentro; poetisa grega.

  18. Coxa: cousa que produce noxo; desperdicio; colorada; parte superior da perna.

  19. Fachenda: rostro; orgullo; aspecto exterior dunha persoa; conxunto de bens rústicos.

  20. Espirro: sicario; respiración forte; saída estrepitosa e violenta do aire polo nariz e a boca; susto.

  21. Empencha: impedimento; comezo; comida moi abundante; odio.

  22. Maniotas: dor muscular producida polo exercicio excesivo; teima esaxerada; mans moi grandes; artimaña.

  23. Guindar: gañar con moita vantaxe; asustar; pechar un ollo; botar con forza.

  24. Carraxe: lugar onde se gardan os carros; rabia; carreira moi disputada; carro vello.

  25. Morno: nin frío nin quente; que non é feo; barco pequeno; apéndice óseo.

  26. Remorso: mordido por segunda vez; parte posterior da man; sufrimento causado por unha má lembranza; cova dun oso.

  27. Brétema: peixe de sabor moi apreciado; póla tenra que acaba de saír; abertura dunha muralla; nube a rentes do chan.

  28. Prebe: bebida; especie de caldo para condimentar as comidas; coche de tres rodas; acto de ver con anticipación.

  29. Trabe: rúa estreita; pau groso que ten conta do teito; impedimento; imposto.

  30. Funil: instrumento para introducir un líquido nunha botella; paxe moi divertido; utensilio que se utiliza para graduar a saída de líquidos; vila da península do Morrazo.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com