Marta Dacosta
Marta Dacosta, poeta galega, homenaxe de ogalego.gal

ogalego.eu - ogalego.gal

Anxo González Guerra//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

FONOLOXÍA e FONÉTICA  

1-A fonética é a ciencia que estuda os sons como material acústico que constitúe a base da linguaxe humana e describe a realización fisiolóxica e as cualidades físicas que presentan eses sons.

2-A fonoloxía é a ciencia que estuda os fonemas (as unidades lingüísticas básicas que se opoñen para permitir diferenciar signos distintos).

3-O fonema é o elemento mínimo distintivo. Non se pode dividir en unidades menores e permite distinguir palabras. Os fonemas poden ser vocálicos ou consonánticos.

          -Fonema vocálico: pode formar sílaba só e o aire sae pola boca sen ningún obstáculo.

             -Fonema consonántico: non pode formar sílaba só e o aire atopa obstáculos ao saír.
son refírese ás unidades fonéticas concretas pronunciadas por cada individuo en calquera acto de fala. grafía é a representación dos fonemas na escritura, son as letras.

4.- Sistema fonolóxico da lingua galega. 26 fonemas -7 vocálicos e 19 consonánticos- que se definen de acordo a:
-Modo de articulación: como se modula o son, os obstáculos que que se opoñen, ou non, á saída do aire. Nos vocálicos refírese á abertura da boca.
-Punto de articulación: o lugar onde se produce o son.
-Sonoridade: se vibran (sonoro) as cordas vocais ou non (xordo)

 

4.1.- Sistema vocálico
4.1.1. En posición tónica: sistema de sete fonemas.

Modo de articulación ou abertura

Lugar de articulación

ANTERIOR
Palatal

CENTRAL
media

POSTERIOR
velar

PECHADA

/i/

 

              /u/

MEDIA

pechada

    /e/

 

         /o/

aberta

        /ɛ/

 

    /ɔ/

ABERTA

 

       /a/     

 

/a/: central, aberta (casa, raro, chan)
/
ɔ/: posterior, media aberta (só, roca). Tamén se pode definir como velar-semiaberta
/o/: posterior, media pechada
(mono, todo). Tamén se pode definir como velar-semipechada
/u/: posterior, pechada (rúa, uña)
/i/. anterior, pechada (viña, millo)
/e/: anterior, media pechada (ter, ser). Tamén se pode definir como palatal-semipechada
/
ɛ/: anterior, media aberta (sempre, néboa). Tamén se pode definir como palatal-semiaberta
Cando se quere marcar ortograficamente o timbre da tónica, acentúase sempre a aberta : Fóra-fora, óso-oso, bóla-bola, pódo-podo, córvo-corvo, póla pola, vés-ves, pé-pe, pélo-pelo, néto-neto, présa-presa

Algunhas indicacións para sabermos se a tónica media é (semi)aberta ou (semi)pechada:
*(semi)abertas:

-As palabras rematadas en vogal tónica acostuman ser (semi)abertas: avó, bebé ...
-As tónicas rematadas en -el, -ol acostuman ser (semi)abertas: papel, español (mais: el, aquel son pechadas)
-A secuencia -en (semi)aberta: ninguén, ben)
-Nos verbos con alternancia vocálica no radical, a vogal é (semi)aberta na 2ª, 3ª e 6ª persoas do presente de indicativo: segues, dorme, foxen
-Verbos en -er que teñen -e- ou -o- como últimas vogais do radical. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente de indicativo presentan a vogal (semi)aberta: bebes, bebe, beben, comes, come,  comen 
-As vogais equivalentes aos ditongos ie, ue en castelán acostuman ser (semi)abertas: pé, ovo -pero non sempre-
-Palabras rematadas en –el, -ol e os seus plurais: bemol, español, andel
*(semi)pechadas:
-Boa parte da secuencia tónica
on é (semi)pechada: lambón, monte
-A vogal temática dos verbos da 2ª conxugación -er é (semi)pechada: lamber, lambedes
-Os demostrativos: este, ese, aquel
-e, o cando forman parte dun ditongo decrecente: teu, oito, mouro
-Nomes ramatados en –eo: alleo, seo, rodeo (mais ceo é aberto)

(IMPORTANTE: sempre que non penalicen os erros no exame non deixar nunca en branco a abertura das tónicas e, o xa que hai un 50% de posibilidades de acertar; ademais en moitos casos acaban dando como válidas as dúas posibilidades por existiren na fala)

***O Dicionario da Real Academia Galega pode axudar coa pronuncia das palabras e mellor o Dicionario DE PRONUNCIA  da lingua galega***

4.1.2. En posición átona (non final): non hai oposición de medias abertas-pechadas.
Sistema de cinco vogais 
/i/: anterior, pechada    /E/:  anterior, media  /a/: central, aberta  
/O/: posterior, media   /u/: posterior, pechada     
pero : botar/votar, poliña/poliña

4.1.3. En posición final (átona): sistema de tres vogais : /E/  /a/  /O/

ditongo é combinación de dúas vogais. Unha delas é forte (núcleo silábico) e a outra feble (marxe silábica)

Os ditongos poden ser crecentes ou decrecentes :

- crecentes : marxe+núcleo, a 2ª é forte. Piano, fiestra, miolo, cuarto, tenue, triduo

- decrecentes : núcleo+marxe, a 2ª é feble. Caixa, niveis, queixo, Roi, coita, causa, eu, veu, pouco, pediu

Os tritongos son combinacións de tres vogais (feble+forte+feble). Son escasos : denunciou, policiais, vieiros

4.2. Sistema consonántico.

Modo de art.// Lugar de art.

BILABIAL

LABIODENTAL

DENTAL

INTERDENTAL

ALVEOLAR

PALATAL

VELAR

Oclusiva

Sonora

/b/

/d/

/g/

Xorda

/p/

/t/

/k/

Fricativa

Xorda

/f/

/θ/

/s/

 /ʃ/

Africada

Xorda

/t∫/

Nasal

Sonora

/m/

/n/

/ ɲ/

/ŋ/

Lateral

Sonora

/l/

/ʎ/

Vibrante
(sonora)

Golpeada

 /ɾ/

Vibrante

/r/

/b/: oclusiva, bilabial, sonora. Grafías b,v: bobo, ver, varios
/d/: oclusiva, dental, sonora. Grafía d: dedo, dar
/g/: oclusiva, velar, sonora. Grafía g (+a,o,u), gu (+e,i) –gañar, guerra-. Nalgunhas falas dialectais hai gheada, /ћ/: velar, fricativo, xordo
/p/: oclusiva, bilabial, xorda. Grafía p: poder, para
/t/: oclusiva, dental, xorda. Grafía t: todo, tarde
/k/: oclusiva, velar, xorda. Grafías: c (+a,o,u), qu (+e,i), k (en abreviaturas e estranxeirismos) –como, cando, k-
/f/: fricativa, labiodental, xorda. Grafía f: fe, facer
/θ/: fricativa, interdental, xorda. Grafías: z (final, +a,o,u), c (+e,i) –dez, moza, dicir, facer-. Nalgunhas falas dialectais hai seseo  
/s/: fricativa, alveolar, xorda. Grafía s: san, son
/ʃ/: fricativa, palatal, xorda. Grafía x: toxo, xa
/t∫/: africada, palatal, xorda. Grafía ch: chan, chover
/m/: nasal, bilabial, sonora. Grafía m: mamá, manta
/n/: nasal, alveolar, sonora. Grafía n: nada, nube
[ɲ]: nasal, palatal, sonora. Grafía ñ: mañá, gañar
/ŋ/: nasal, velar, sonora. Grafía nh: unha, algunha
/l/: lateral, alveolar, sonora. Grafía l: local, lado
/ʎ/: lateral, palatal, sonora. Grafía ll: coller, mallar (boa parte dos falantes non pronuncian así)
/ɾ/: golpeada, alveolar. Grafía r: caro, moura
/r/: vibrante, alveolar. Grafías r (inicial, despois de n,s,l) ou rr: carro, rogar, tenro.
Existen alófonos (outras realizacións do fonema na fala) e neutralizacións (posicións nas que as diferenzas entre varios fonemas non son significativas) destes fonemas

5.-  A entoación. É como a musica, o ritmo da frase.
tonema é a unidade melódica mínima (desde a sílaba tónica ata a pausa). Pode ser horizontal, ascendente ou descendente.
Os tonemas van formando grupos melódicos separados por pausas. 
Aprobaches o exame ?   Dáme a revista!    Colleu o chaveiro, os cartos e o pano
campo de entoación dunha lingua é a máxima distancia entre o ton dos tonemas ascendentes máis agudos  e o dos descendentes máis graves (o do galego é máis amplo có do castelán e máis reducido có do portugués brasileiro).

6.- O acento
O acento é a maior  intensidade articulatoria que recae sobre unha sílaba.
Segundo o acento as vogais poden ser tónicas (recae nelas o acento) ou átonas (non recae nelas o acento da voz).
Ten valor distintivo : maza-mazá, temera-temerá

Tamén se entende por acento o conxunto de características peculiares da pronunciación propia dos habitantes dun determinado país ou lugar. O coñecido como acento galego vén dado pola entoación, o vocalismo diferente e outras características. Se no léxico e na morfoloxía o castelán influíu no galego falado, no acento é ao revés, é o castelán falado en Galicia o que se fala con acento galego.

-(EXERCICIOS DE FONEMÁTICA en ogalego.eu) 

-Dicionario DE PRONUNCIA  da lingua galega

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com