Charo Valcárcel

Foto: Charo Valcárcel, escritora galega, amiga de ogalego.eu

ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

Desviacións no galego estándar

As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico e que afectan maioritariamente á lingua máis débil. Durante séculos o castelán foi a norma culta na escrita dos falantes galegos, foron albabetizados en castelán, na Igrexa, na Administración só estaba o castelán. Por iso os castelanismos foron ocupando espazos cada vez máis amplos na fala. Palabras como DeusVirxe desapareceron practicamente do galego, neste caso pola influencia da liturxia e as oracións sempre en castelán. A liturxia foi moitos séculos en latín, cando no Concilio Vaticano II se recomendou que as oracións e oficios fosen na lingua de cadaquén, a Igrexa galega interpretou que aquí a lingua da xente era sempre o castelán.
Os castelanismos aparecen en todos os planos da lingua. Algúns exemplos:
-No plano fónico: redución do sistema vocálico de 7 vogais a 5, eliminando a oposición entre semiabertas e semipechadas. Una en lugar de unha, como se non existise o nh. Este plano é quizais o menos influenciado polo castelán, o acento e a entoación galegas chegan ata o castelán falado en Galicia, o famoso "acento gallego".
-No plano ortográfico: mal uso de v/b (boda, basoira, aboa, móvil), mal uso de h (hoso, hovo, armonía), uso da grafía y (hay). Acento gráfico (atmósfera, parásito).
-No plano morfolóxico: cambio de xénero de determinados substantivos (o ponte, a sangue), seguindo a norma castelá, confusión dos pronomes TE/CHE, uso de tempos verbais compostos (había feito, has dito). Non usar o artigo cos posesivos (meu can vai vello). Demostrativos: estos, esos.
-No plano sintáctico: incorrecta colocación dos pronomes átonos: Che dixen que non.
-No plano léxico é onde máis abundan e responden a diferentes motivacións: prevalencia da palabra coincidente co castelán (comprar por mercar), restrición do significado, adoptando a palabra castelá para a realidade de maior prestixio (billa /grifo), substitución da forma galega pola castelá (arcilla por arxilatenedor por garfo...). Mesmo nalgúns casos na fala dáselle o nome galego á cousa máis próxima ou tradicional e o castelanismo á mercada ou máis allea: coello (o do monte)-conexo (o mercado), vasoira (a do forno)-escoba (a mercada). Ou: parexa (de persoas)-parella (de animais).
Tamén mal uso da palabra: almorzo (xantar), soño (sono), roxo (vermello), axuntamento (concello).


Chamámoslles desviacións a aquelas voces que non se axustan á normativa, ben porque non pertencen ao nivel culto (vulgarismos, dialectalismos), ben por non seren palabras de uso actual (arcaísmos), ben por seren inventos motivados indirectamente pola presión do castelán (hipergaleguismos). 

1.- Arcaísmos: existiron na lingua noutra época pero deixaron de usarse ou case non se usan. Non son moi frecuentes: estoria (historia), outo (alto), conquerir (conseguir), vegada (vez).

2.-Vulgarismos: palabras usadas por algúns falantes que non son correctas na lingua estándar e culta. Algunhas son moi frecuentes na lingua oral: probe por pobre. Principais tipos de vulgarismos:

-Prótese. Engádese unha vogal no comezo dunha palabra: arradio por radio
-Epéntese. Engádese un fonema no medio da palabra: soio por , ademirar por admirar.
-Paragoxe. Engádese unha vogal no final da palabra: falare por falar, corazonhe por corazón
-Síncopa. Suprímese unha vogal no medio da palabra vran por verán, esprito por espírito.
-Aférese. Suprímese unha vogal no comezo da palabra: maxinar por imaxinar
-Cambio da vogal: satenta por setenta, condanado por condenado, somana por semana
.
-Apócope. Suprímese a vogal ou sílaba finais: verdá por verdade. 
-Metátese. Cámbiase de posición un fonema: probe por pobre.
-Rotacismo. Cámbiase /r/ por /s/: mermo por mesmo, derde por desde
-Reducións e vocalizacións de grupos consonánticos (coluna por colum­na, correto por correcto, repunante por repugnante, perfeuto por perfecto...).

3.-Hipergaleguismos (hiperenxebrismos, pseudogaleguismos), palabras que non son normativas, o seu uso vén dado polo afán de usar un galego correcto e enxebre que se diferencie do castelán, así galeguízanse formas coincidentes co castelán: zoa por zonapersoaxe por personaxesemán por semanaurbán por urbano.

-Dialectalismos: palabras galegas propias dunha zona e non normativas (estudado noutro apartado)

2005-2024