Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

DESVIACIÓNS DA LINGUA ESTÁNDAR. Solucións exercicio 7


a) Frase normativa seguida da frase con dialectalismos

  1. Ten tino, que con iso xa se mancou miña nai nunha man o verán pasado.
    Ten tino, que con iso xa se mancou miña mai nunha mao o verao pasado.

  2. Eses xamóns son moi ruíns e xa o dixo el cando os viu.
    Ises xamós son moi ruís e xa o dixo il cando os viu.

  3. Xa te levei comigo.
    Xa che levei comingo.

  4. Colle os cartos e méteos no banco antes de que chos leven os ladróns.
    Culle os cuartos e míteos no banco antes de que chos leven os ladrós.

  5. Xa lles dixen aos nenos o que tiñan que facer, e ao deitárense que apaguen a luz.
    Xa lle dixen aos nenos o que tiñan que faser, e ao deitárense que apaghen a lus.

  6. Por aquel camiño viñan uns cans alobados.
    Por aquel camín viñan uis cais alobados.

  7. Colleu a vara e partiuna dun golpe.
    Colleu a vara e parteuna dun golpe.

  8. Miña avoa trouxo unhas roscas de Ribadavia que estaban moi ricas.
    Miña avó truxo unhas roscas de Ribadavia que estaban mui ricas.

  9. Estaban bailando na eira uns rapaces moi pándegos.
    Estaban beilando na aira unhos rapaces moi pándegos.

  10. Fixestes ben, que así non vos van poder pillar.
    Fixéchedes ben, que eisí non vos van poder pillar.

  11. Eu aprobei todo este ano, aínda que non tiña moi bos profesores.
    Eu aprobín todo este ano, aínda que non tiña moi bons profesores.

  12. Ti cantaches moito mellor que o resto, mais xa ves como son as cousas, o premio foi para os de Ortigueira.
    Tu cantaste moito mellor que o resto, mais xa ves como son as cousas, o premio foi para os de Ortigueira.

    13. Esvaroume da man, non o fixen adrede. Que sabía eu que ía estoupar daquel xeito?(A esmorga, Blanco Amor, p. 76).
    Esvaroume da mau, non o fixen adrede. Que sabía eu que ía estoupar daquil xeito?

b)

1.- Anda, rapaz, come e bebe, e o que che sobre méteo nos petos e lévao. Bloque central (Área lucu-auriense, concretamente na Limia).
Anda, rapaz, cume e bibe, e o que che sobre míteo nos petos e lévao
.

2.- O meu padriño vendeu os pantalóns vellos na feira o domingo. Bloque Oriental (Provincia de Lugo).
O meu padrín vendeu os pantalois vellos na feira o domingo
.

3.- Acende a luz da cociña, que non se ve ben Bloque occidental (seseo total).
Asende
a lus da cosiña, que non se ve ben
.

4.- Foi teu irmán o que meteu man nos xamóns do veciño. Bloque central.
Foi teu irmao o que meteu mao nos xamós do veciño
.

5.- E logo por onde andabas que non te vin (mirei), a última vez foi en Pasarón. Bloque occidental (o Morrazo).
E logho por onde andabas que non te mirín, a última ves foi en Pasarón
.

6.- Seica viñeron visitala uns cataláns moi educadiños eles. Bloque central.
Seica viñeron visitala unhos catalás moi educadiños iles
.

7.- Onte á mañá meu irmán foi a unha poza pescar ras. El é moi arteiro niso, que o aprendeu de neno, di que non hai que ter moita práctica para apañalas cun pano vermello.
Logo colleu un dos balóns que hai no rocho e botamos uns partidos na eira da señora Antonia. Estivemos ata as catro ou cinco da tarde, non me acordo ben.
Despois fomos merendar unhas mazás sentados no chan e cantamos unhas cancións moi bonitas que aprendemos na escola.
Ó chegarmos á casa sacamos os zocos e sentamos a ver a televisión un bo anaco, que poñían unhas veciñas bailando, eran unhas dezaoito ou dezanove e foron as mellores da noite. Bloque central. Lucu-auriense.

Onte á mañá meu irmao foi a unha puza pescar arrales. Il é moi arteiro neso, que o aprendeu de neno, di que non hai que tir moita práctica pra apañalas cun pano roxo.
Logo colleu un dos balós que hai no rocho e botamos unhos partidos na aira da señora Antonia. Estuvemos asta as catro ou cinco da tarde, non me acordo ben.
Dispois fomos merendar unhas mazás sentados no chau e cantamos unhas canciós mui bonitas que aprendemos na escola.
Ó chegarmos á casa sacamos os zocos e sentamos a ver a televisión un bon anaco, que poñían unhas viciñas beilando, eran unhas dazaoito ou dazanove e foron as millores da noite.

(roxo, estuvemos, asta: castelanismos)

2005-2024