Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

DESVIACIÓNS DA LINGUA ESTÁNDAR. Solucións exercicio 5


1. O terceiro tomo titulábase “Como conseguir en tres semanas esa pel suave que causará a envexa de todos os seus amigos”.

tercer: castelanismo

tiduábase: arcaísmo

soave: vulgarismo

2. “É que o meu destino será erguer durante toda a miña vida monumentos a outros homes que sobresaíron polas súas virtudes?”, preguntábase con desesperación aquel famoso arquitecto.

destiño: hiperenxebrismo

moimentos: hiperenxebrismo ou arcaísmo.

vertudes: vulgarismo

3. Lembra con saudades aquel distante día en que decidira adquirir o coche que agora ía vender por estar moi vello.

lexano: castelanismo

adequirir: vulgarismo

ía a vender: castelanismo sintáctico

4. Eses dous son os que traduciron do inglés aquela novela de policías coa que tan ben o pasaches.

traduxeron: castelanismo

5. Que significa esa nova calumnia que inventaron os nosos adversarios para nos avergoñaren?

sinifica: vulgarismo

caloña: arcaísmo

6. Xa sei que viñestes despedir ao Carlos, mais iso non vos dá dereito a barullardes como se non houbese ninguén máis na estación.

Calros: vulgarismo

viñestes a: castelanismo sintáctico

7. Non me admira que adore así ao seu irmán máis vello: á súa idade todos tivemos algunha vez o mesmo sentimento.

ademira: vulgarismo

adoure: hiperenxebrismo

8. Seica hai un método infalíbel para adiviñar o porvir: examinar as entrañas dun animal morto.

entranas: hiperenxebrismo

9. Teño moitas ganas de que chegue o verán para poder ir á praia e ver como o sol se oculta sobre a auga no horizonte, mentres aínda podo continuar deitado.

gañas: hiperenxebrismo

hourizonte: hiperenxebrismo

10. Ese neno sempre nos leva a contraria en todo, non sei se será por teimosía ou por desobediencia.

Desobedencia: hiperenxebrismo

 

2005-2017