Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

DESVIACIÓNS DA LINGUA ESTÁNDAR. Solucións exercicio 3


Frase correcta seguida da frase con arcaísmo

  1. No quinto capítulo do libro que estou a ler aparece escrita a maior parvada que nunca vira impresa. No quinto capiduo do libro que estou a ler aparece escrita a mor parvada que nunca vira impresa.

  2. Roi estaba farto de que sempre lle pedisen a mesma cousa, iso que unha vez e outra se negaba a compracelos. Roi estaba farto de que sempre lle pedisen a mesma cousa, iso que unha vegada e outra se negaba a compracelos.

  3. Despois da accidentada viaxe en coche, por fin conseguiron chegar á cidade antes de fecharen os hoteis. Despois da accidentada viaxe en coche, por fin conqueriron chegar á cibdade antes de fecharen os hoteis.

  4. Este home merecía un alto posto na Administración, se o seu pasado exemplar non engana. Este home merescía un outo posto na Administración, se o seu pasado exemplar non engana.

  5. Ao acabar aquela longa carreira faltábame o aire e case me doía o corazón como consecuencia da axitada respiración. Ao acabar aquela longa carreira faltábame o áer e case me doía o cor como consecuencia da axitada respiración.

  6. Hai que asumir que o feito de nacer xa implica que algún día faleceremos. Hai que asumir que o feito de nascer xa implica que algún día falesceremos.

  7. Non creo que sexa certo iso que dis de que favoreceu a algúns en prexuízo doutros. Non creo que sexa certo iso que dis de que favoresceu a algúns en prexuízo doutros.

  8. Hai que levar moito coidado coa roupa de cores vivas: en canto as lavas unha vez perden moito e quedan máis apagadas. Hai que levar moito coidado coa roupa de coores vivas: en canto as lavas unha vez perden moito e quedan máis apagadas.

  9. O meu fillo devece polos xoguetes de montar e desmontar, e en cambio non lle gustan nada os que funcionan con pilas. O meu fillo debesce polos xoguetes de montar e desmontar, e en cambio non lle gustan nada os que funcionan con pilas.

  10. Tiña a consciencia perdida a causa das dores. Tiña a consciencia perduda a causa das doores.

  11. Aquel día contounos unha fremosa estoria. Aquel día contounos unha fermosa historia.
2005-2024