Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

DESVIACIÓNS DA LINGUA ESTÁNDAR. Solucións exercicio 2


Frase correcta seguida da frase con vulgarismos

  1. Era moi fermoso escoitar no interior da catedral de Lugo aquela música tan doce e interpretada con tanto sentimento pola Teresa. Era moi fermoso escoitar no interior da catedral de Lugo aquela múseca tan doce e interpretada con tanto sentimento pola Tresa.

  2. Parece que desde a túa perspectiva, o único que paga a pena é observar con toda atención os defectos dos demais. Parece que desde a túa perspectiva, o úneco que paga a pena é ouservar con toda atención os defeutos dos demais.

  3. Este verán dedicareino a practicar as técnicas máis actuais para conseguir un perfecto bronceado. Este vran dedicareino a practicar as técnicas máis atuais para conseguir un perfeuto bronceado.

  4. O condenado do rapaz non exercita a memoria porque ignora que ese é o mellor xeito de mantela en forma. O condanado do rapaz non exercita a mamoria porque inora que ese é o mellor xeito de mantela en forma

  5. Dentro duns días levareite ao campo para que vexas que non todas as árbores son iguais. Drento duns días levareite ao campo para que vexas que non todas as arbres son iguais

  6. Hai que ver o interese que tes ultimamente por todo o relacionado coa informática. Nin que esa fose a panacea universal! Hai que vere o intrés que tes ultimamente por todo o relacionado coa informática. Nin que esa fose a panacea universal!

  7. Para estudar a materia de lingua cómpre dominar algúns conceptos: obxecto directo, suxeito, atributo, suplemento, etc. Para estudar a materia de língoa cómpre dominar algúns conceutos: ouxeto direto, suxeito, atributo, suplemento, etc.

  8. Primeiro fixo unha crítica dela ante xente allea, e non contento con iso, logo comezou a murmurar polo baixo non sei que insensateces. Pirmeiro fixo unha críteca dela ante xente allea, e non contento con iso, logo comezou a marmurar polo baixo non sei que insensateces.

  9. Iso é diferente: pero non admito que me leves a contraria cando sabes tan ben coma min que eu teño razón. Iso é difrente: pro non ademito que me leves a contraria cando sabes tan ben coma min que eu teño razonhe.

  10. Cando o Maximino perdeu os sentidos púxose completamente pálido, mais ao cabo dun instantiño xa tiña un aspecto magnífico. Cando o Mansamino perdeu os sentidos púxose completamente páledo, mais ao cabo dun istantiño xa tiña un aspeto manífico

  11. Mira aí que número ten a páxina na que se fala dos pobres de espírito. Mira aí que númaro ten a páxina na que se fala dos probes de esprito.

  12. Na semana que vén irei á Coruña. Na somana que vén irei á Cruña.

  13. É verdade que esa nova saíu na radio? É verdá que esa nova soio saíu no arradio?

  14. Foi un rapaz que hai que admirar, facía unhas fotos impresionantes. Foi un rapace que hai que ademirare, facía unhas afotos impresionantes.

    15. A máis diso son case todos forasteiros, coma sabedes. Hoxe ten que haber moito xentío pois é véspera da feira do sete (A esmorga, Blanco Amor, p. 92). A máis diso son coasi todos forasteiros, coma sabedes. Hoxe ten que habere moito xentío pois é víspora da feira do sete.

Curiosidade:

Antuerpe  Anveres
Capetón Cape Town ou Cidade do Cabo
Castletón Castle Town

2005-2017