A carne ao caldeiro

Carne de becerro/vitela ben cocida nun caldeiro grande con moita auga, unto, sal... (ao servila cun pouco de pemento e aceite por enriba). É a especialidade das feiras de Castro de Carballedo (Lugo) o 17 e 29; ou da Peroxa (Ourense) o 13 e 27; ou da Gouxa (Dozón, Pontevedra) o 11 e 23. En Castro cada familia encarga a carne que precisa e o carniceiro cólgaa dun aramio cun número, así pode cumprir coas encargas comodamente.

Para mellor comela estilo feira ha de ser con navalla e sobre un anaco de pan de Cea, sen prato... deste xeito a carne arrefría menos e non perde o sabor. Como sobremesa o costume é tomar unha cunca de barro chea do caldo de cocer a carne. Tamén se pode preparar a carne ao caldeiro con patacas.

Carne ao caldeiro en Castro de Carballedo o 17 de maio de 2008, Día das Letras Galegas