ogalego.eu
Antón Sobral
Lingua Galega, 2º Bach
Ensaio. Lit. Galega do S. XX, 2º Bach
qr

Foto: Antón Sobral, pintor e escritor, amigo de ogalego.eu

ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE. 2º DE BACHARELATO. A LITERATURA E OUTRAS ARTES


1. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e o cine.

A historia comeza en 1916 con "Miss Ledya”, primeira película de fición rodada en Galicia na que aparece Castelao facendo o papel de pastor protestante. E hoxe seguimos agarando pola versión cinematográfica de Memorias dun neno labrego de Neira Vilas, a novela galega máis lida.

  1. Sobre a morte do Bieito (Rafael Dieste)
  2. Os lobos (Ánxel Fole)
  3. Os difuntos falaban Castelao (Ánxel Fole)
  4. Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey (curta moi recomendada para as aulas). 2012
  1. Tristán García. Álvaro Cunqueiro: Os outros feirantes
  2. O verdugo. Álvaro Cunqueiro: Os outros feirantes
  3. Padín de Carracedo. Álvaro Cunqueiro: Os outros feirantes
  4. A orella dereita de Antón de Leivas. Álvaro Cunqueiro: Os outros feirantes
  5. Roque das Goás. Álvaro Cunqueiro: Os outros feirantes
  6. Hermelinda da Ponte. Álvaro Cunqueiro: Os outros feirantes
  7. Novo de Parmuide. Álvaro Cunqueiro: Os outros feirantes

Nos últimos anos grazas á Internet estanse a facer máis curtametraxes e adaptacións literarias.

Proposta de traballo.

1. Lectura de A esmorga e visión da película. (Para analizar a obra ver o apartado de narrativa)

2. Lectura dos tres contos de A lingua das bolboretas (A lingua das bolboretas, Un saxo na néboa, Carmiña)

- Complementos para A lingua das bolboretas

3. Lectura de O lapis do carpinteiro e visión da película

- Complementos para O lapis do carpinteiro

- Unha historia galega (Documental sobre os personaxes reais da historia)

4. Traballar coa lectura de Os lobos (Fole), Sobre a morte do Bieito (Dieste) e Tristán García (Cunqueiro)


2. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a música.

“O poema é unha illa e está rodeada por un mar que son todas as músicas infinitas que ten, e unha canción é unha ponte, un camiño trazado por ese mar cara ao poema..." Narf

A relación entre música e literatura está xa nos comezos da nosa literatura. Nos cancioneiros medievais a música e a poesía estaban sempre unidas; os trobadores, os xograres eran poetas e músicos. Mesmo conservamos a anotación musical de moitas cantigas: Cantigas de Santa María, Pergamiño Vindell.
No Rexurdimento do século XIX a música e a poesía seguen unidas para sempre nas voces das corais galegas: A Negra sombra (Rosalía de Castro - Xoán Montes), Os pinos -himno galego- (Eduardo Pondal - Pascual Veiga), Unha noite na eira do trigo (Curros Enríquez - Chané).
Xa no século XX o novo rexurdimento da literatura vai ligado á música nos concertos, sobre todo de música comprometida socialmente, soan as voces dos mellores poetas galegos. A comezos dos anos 70 Andrés do Barro (O tren...) demostra que unha canción en galego pode ser das máis escoitadas en España. Tamén o galego Juan Pardo lle pon música aos poetas galegos. Pucho Boedo e Los Tamara levaron os versos de Rosalía e Curros polas verbenas de toda Galicia. Voces Ceibes, Suso Vaamonde poñen de moda a canción protesta nos ambientes antifranquistas. A Roda popularizan as letras das cantigas populares galegas.
Amancio Prada ponlle música aos poemas de Rosalía, máis tarde aos de Cunqueiro. Fuxan os Ventos mesturan temas tradicionais con poemas do seu tempo: Celso Emilio Ferreiro, Manuel María... Ahí vén o maio (Curros Enríquez) con música de Luís Emilio Batallán foi considerada o tema galego máis popular nunha votación popular.
Os Resentidos e outros grupos levan as letras en galego á "movida". Heredeiros da Crus son pioneiros en levar o galego dialectal ao rock. Tal vez o poeta Lois Pereiro sexa un dos mellores exemplos de ligazón entre música e poesía, tanto polos propios poemas como pola repercusión: Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro, Xunta de Galicia
Nos últimos anos tamén triúnfa o rap en galego (Aid) e destaca a figura de Sés.

Para escoitar:

3. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e as artes plásticas.

Os editores de literatura en galega sempre estiveron moi preocupados pola beleza das súas producións procurando acompañar os textos coas ilustracións axeitadas. Cando a Editorial Galaxia empezou a recuperar a literatura galega na posguerra nunca esqueceu a ilustración coidada dos seus libros.

Poderiamos destacar tres autores:

Claudio Rodríguez Fer é un dos poetas actuais que máis coida a plástica nas súas obras: Cinepoemas, Lugo Blues...
Entre outros moitos exemplos de obras nas que a pintura ou o deseño van da man coa literatura, especialmente coa poesía, podemos citar a Antón Pulido (No fío da navalla, Modesto Hermida) ou Antón Sobral (Pintura e poesía con Xaime Toxo).


4. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a fotografía.

A novela e o conto déixanse comparar analoxicamente co cine e a fotografía, na medida en que unha película é en principio unha "orde aberta", novelesca, mentres que unha fotografía lograda presupón unha cinguida limitación previa, imposta en parte polo reducido campo que abrangue a cámara e pola forma en que o fotógrafo utiliza esteticamente esa limitación (Julio Cortázar).

Un dos mellores exemplos na actualidade son os Fotopoemas de Rochi Novoa.
A fotografía e a literatura van da man en moitas producións, a maioría complementando ou ilustrando a obra. Entre os grandes da fotografía destacan Ksado, José Suárez, Virxilio Viéitez, é Xurxo Lobato.


5. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a banda deseñada.

6. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e as novas tecnoloxías.

A chegada das novas tecnoloxías supuxo unha bo agasallo para a nosa literatura. As ferramentas informáticas -procesadores de texto, correctores ortográficos, dicionarios- son unha excelente axuda na creación literaria. Mais é a posibilidade de compartir en Internet as creacións o maior logro das TIC: blogues, portais, redes sociais.
Portais para ver os recursos:

Un bo exemplo de uso da internet na creación é O Ximnasio de Academo de Manuel Forcadela

2005-2024
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.