ogalego.eu
Teresa Moure
Narrativa. Lit. Galega XX, 2º bach
Annabel Lee, Poe
qr
Foto: Teresa Moure, escritora galega, homenaxe de ogalego.gal

ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE, 2º DE BACHARELATO. TEMARIO LOMCE 2016

Actualización LOMLOE 2023


Como complemento á de Lingua galega e literatura, esta materia pretende que o alumnado galego poida ampliar o seu coñecemento da cultura da comunidade da que forman parte, aumentar o seu coñecemento do mundo, analizar de forma crítica a realidade e, así, mellorar as súas posibilidades comunicativas e estéticas.
Nesta materia de literatura galega preséntanse contidos referentes á literatura do século XX e da actualidade por estaren próximos á sensibilidade da xuventude, proximidade que facilitará a relación coa obra literaria a nivel contextual, textual e estético.
Todo o alumnado cursa Lingua galega e literatura, co cal adquire unha visión xeral da creación literaria. Por tanto, para o desenvolvemento desta materia débese partir da materia común, de forma que non se produza unha redundancia de contidos e se favoreza o afondamento na formación literaria do alumnado.
Esta materia permitiralle ao alumnado, ademais da ampliación de coñecementos literarios, a mellora na utilización de procedementos, técnicas, habilidades e estratexias que axudarán na análise, na investigación, no desenvolvemento do xuízo crítico e na reutilización da información, aplicables non só no campo literario senón tamén noutros campos do saber e en situacións da súa vida cotiá.
A lectura será actividade fundamental nesta materia, entendida como acción complexa que implica comprender, explicar, analizar, interpretar e valorar a obra literaria, de forma que se perciba como algo vivo, creativo e lúdico, que conforme lectores/as sensibles, curiosos/as, reflexivos/as e respectuosos/as cara a todas as manifestacións literarias, artísticas e de pensamento ou opinión.
É fundamental propiciar o traballo da aula que estimule as inquedanzas literarias do alumnado e no que se fomente o espírito crítico, a escoita e o respecto polas distintas ideas e opinións sobre unha obra, a autoría ou un tema. O desenvolvemento destas actitudes conseguirá non só que os alumnos e as alumnas afonden nos seus coñecementos literarios, senón tamén que completen a súa personalidade como persoas responsables, críticas e tolerantes, que sexan quen de expor as súas opinións de xeito argumentado e de captar e aceptar as opinións das outras persoas.
Os contidos desta materia preséntanse agrupados en seis bloques: o primeiro "Aspectos comúns", que estarán presentes no tratamento dos contidos dos restantes bloques; o segundo "Narrativa"; o terceiro "Poesía"; o cuarto "Teatro"; o quinto "Ensaio", e o sexto "A literatura e outras artes".


Bloque 1. Aspectos comúns

Contidos incluídos nos bloques seguintes


Bloque 2. Narrativa

Acceso a documento de preparación


Bloque 3. Poesía

Acceso a documento de preparación


Bloque 4. Teatro

Acceso a documento de preparación


Bloque 5. Ensaio

Acceso a documento de preparación


Bloque 6. A literatura e outras artes

Acceso a documento de preparación


2005-2024
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.