cabalos

Galego
NAI

PAI

FILLA

FILLO

Bandeira galega

Cabalo

Egua

Besta

Poldra

Poldro

 
Idioma
NAI
PAI
CRÍA
Bandeira España
Español
Yegua
Caballo
Potro
Bandeira Portugal
Portugués
Égua
Cavalo
Poldro, potro
Bandeira Francia
Francés
La jument
Le cheval
Le poulain
Bandeira Inglesa
Inglés
Horse, stallion
Mare
Foal

Os cabalos levan moitos miles de anos facéndolle compañía aos humanos, foron o seu principal medio de transporte ata que chegaron os vehículos a motor. Os cabalos son fortes, veloces e poden chegar case aos 30 anos de vida.

Os cabalos e as persoas interveñen en moitas actividades competitivas e non competitivas, actividades de traballo como policía, agricultura, entretemento e mesmo terapias. Cando se usan os cabalos e eguas con fins curativos fálase de equinoterapia. Tamén foron usados nas guerras ao longo da historia

A carne de cabalo pode ser moi ben aproveitada (como fan en Monte cabalar). En Galicia temos o Cabalo de Pura Raza Galega.

Só había cabalo ou egua nas casas ricas, e un por casa, para transporte ou carga: curas, médicos, fidalgos. Non se lles acostuma poñer nome.

Aliméntanse moi ben no monte, que manteñen limpo, gustálles moito o toxo tenro. Por iso en moitos montes comunais se crían cabalos.

Os tres xeitos de correr o cabalo/besta son o paso, o trote e o galope.

A pexa (solta) era unha corda ou coiro coa que se lle ataban as dúas patas do mesmo lado para que o animal non puidese saltar os muros dos eidos e escapar.

Unha das festas máis famosas de Galicia é a "rapa das bestas" coma a de Sabucedo: baixan os cabalos do monte, márcanos e córtanlles as crinas.

Palabras para manexar os cabalos, eguas e burros: