burro

Galego
NAI

PAI

FILLA

FILLO

Bandeira galega

Burra

Asna

Burro

Asno

Burriña

Asniña

Burriño

Asniño

 
Idioma
NAI
PAI
CRÍA
Bandeira España
Español
Burra, asna, pollina
Burro, asno, pollino
-
Bandeira Portugal
Portugués
Burra, asan, jumenta
Burro, asno, jumento
Burrinho
Bandeira Francia
Francés
L´ânesse
L´âne
L´ânon
Bandeira Inglesa
Inglés
She donkey
Donkey
Little donkey

Pola súa docilidade e capacidade de traballo os burros foron moi apreciados no campo para transportaren cargas, sobre todo levando sacos ao muíño. Agora coa maquinaria agrícola xa non teñen tanta importancia.

Son de carácter apacible pero poden ser moi tercos; como un burro se negue a pasar por un sitio o único xeito é poñelo de cu e que vaia marcha atrás. Para defenderse dan couces coas patas traseiras e tamén chegan a morder. Teñen as súas mañas, foi o Tino ao muíño e ao volver coa burra cargada de fariña por diante do Pazo montou nela porque el lle tiña medo aos cans. A burra caeu ao chan coma morta, non daba sinais de nada. O rapaz marchou para a casa comunicarlle ao pai que a burra morrera. Mais de alí a un pouco viu como a burra o seguía coma se nada, fixérase a morta para protestar por tanta carga.

Ademais úsanse como animais de compañía para axudar a curar a persoas con problemas de saúde, é a asnoterapia.

Comparados cos cabalos, os burros son máis pequenos e máis peludos. Poden chegar a vivir case corenta anos, máis ca os cabalos. O burro axéitase mellor para andar por terreos difíciles, come menos e vive máis, pola contra ten menos forza. Tamén se adaptan mellor polo tamaño aos meniños e persoas maiores. Por onda nós non se lle dá valor ao leite de burra coma noutros sitios.

Teñen as orellas moi longas: para escoitar mellor e para desfacerse da calor que lles sobra.

Aos burros e burras non se lles pon nome.

Os arrieiros eran os que andaban con bestas de carga polos vellos camiños. Chamábaselle reata a un grupo de bestas (mulas, burros, cabalos) atadas unhas a outras en ringleira gobernadas polos arrieiros.

Cando se cruzan un cabalo e unha burra nace unha mula (ou un burro e unha egua)

Palabras para manexar os cabalos, eguas e burros: