vaca

FRASEOLOXÍA SOBRE AS VACAS

Ao boi que ara non lle mires a cara: quen traballa ben non importa como sexa el

O boi e o leitón en xaneiro crían riñon: é bo tempo para eles

Vaca e carneiro, comida de cabaleiro: son carnes moi apreciadas

Vale máis bocado de vaca que catro de pataca: alimenta moito máis a carne de vaca ca as patacas

A vaca da miña veciña dá máis leite que a miña: a envexa, sempre se pensa que o do veciño é mellor

Vaca de moitos, ben munxida e mal mantida: dos bens comunitarios todos intentan sacar proveito pero poucos se preocupan por telos ben coidados

 

Dúas torres altas, dous miradores, un quitamoscas e catro andadores (adiviña: o boi)

Que é unha cousiña, cousa: dous dereitiños, un dalle-dalle, catro mexafontes e un rega-montes (adiviña: a vaca)