rabaño

FRASEOLOXÍA SOBRE AS OVELLAS

Ovella que berra, bocado que perde: se se fala moito non se traballa tanto

Da noite para a mañá o carneiro perde a la: axiña se pode perder o que se ten

Febreiriño curto cos seus vinte e oito; se duraras dous máis, non deixarías cornas ao carneiro nin orellas ao pegureiro: porque febreiro é un mes moi frío

O carneiro é fillo da ovella: aínda que se tente disimular, cada un é o que é

Ano de ovellas, ano de abellas: cando abundan unhas tamén as outras

Sangrar coma un carneiro: sangrar moito, abundantemente

 

Vaia frío ou calor eu estou sempre cun cobertor (adiviña: a ovella)

Crieime no campo berrando coma unha tola
Atáronme de pés e mans para quitarme a roupa toda
(adiviña: a ovella)