lobo

FRASEOLOXÍA SOBRE OS LOBOS


Ter un peito coma un lobo: ser moi forte e duro

Os lobos tiran ao monte: a xente mala sempre actúa mal, pouco se pode agardar deles

Cando mata o lobo, mata para todos: o lobo fai mortandade e logo queda comida para outros animais

Deus nos libre da boca do lobo: que esteamos lonxe de perigos e desgrazas

Na terra dos lobos hai que ouvear coma todos: aínda que non nos guste debemos facer o que é acostumado onde nos atopemos

Do lobo un pelo: cando non se recolle o que se esperaba, pero mellor algo ca nada

Noite de lobos: aplícase a unha noite na que o tempo está moi ruín