pelello

Foto: pelello de cabra para transportar viño, aceite...

FRASEOLOXÍA SOBRE AS CABRAS


A cabra é tola, por onde vai unha van todas: todas se comportan igual, ao tolo

Cabra, viña e horta, o seu dono á porta: ás tres hai que coidalas, estar pendentes e traballalas

Camiño de cabras: camiño difícil polo que custa moito andar