ogalego.eu
Fernández Del Riego, homenaxe de ogalego.eu
Fraseoloxía galega
Exercicios de estilo en galego
qr
Foto: Francisco Fernández del Riego, escritor galego

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal


TRADUTORES E CORRECTORES DE TEXTO EN LIÑA


Como utilizar un tradutor ou corrector?

1.Temos un texto en español, en inglés? Podemos traducilo na rede e logo sempre repasaremos e melloraremos a tradución.

Tradutores en liña gratuítos para o galego:

-Tradutor Gaio -Xunta de Galicia-. Texto e webs.

-Tradutor Open trad Apertium, uvigo (de/a español, portugués). Traduce o texto pegado ou documentos. Tamén webs

-Tradutor Opentrad: (de/a español, inglés, portugués). Traduce o texto pegado ou documentos -pago-.

-Traducíndote (de/a español, inglés). Mellora do Opentrad. Documentos e texto

-Tradutor Google: (moitos idiomas, mais peor calidade)

2. Estamos a escribir un texto en galego? Para evitarmos erros debemos utilizar un corrector ortográfico que nos marcará as palabras que non existan en galego (mais non as sinalará se están mal utilizadas)

-Se estamos utilizando un procesador de textos de Microsoft Office ou Open Office: seleccionar todo, na barra inferior facer clic no idioma e escoller galego.

-Corrector ortográfico de galego en liña: OrtoGal

- Se usamos Mozilla debemos descagar o corrector (botón dereito no cadro de texto, descargar dicionario) para que nos funcione o corrector en galego

3. Información de todas as ferramentas informáticas na páxina da Xunta de Galicia: recursos para traballar en galego

4. Instituto da Lingua Galega: Recursos

5. Real Academia Galega: Recursos

6. Exemplos prácticos de tradución do español ao galego:

-Texto culto (ano 2013)

-Texto xornalístico (ano 2013)

-Texto máis coloquial (ano 2013)

-Texto literario (marzo 2017)

2005-2017