Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Maio de 2015


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba
Formato
-A proba consta de 20 cuestións tipo test e unha redacción.
-As cuestións teñen catro posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
- Un punto por cuestión correctamente contestada.
- Cada resposta incorrecta resta 0,25 puntos.
- As respostas en branco non descontan puntuación.
- A redacción supón o 50% da cualificación final da proba.
Duración
- Este exercicio terá unha duración máxima de 70 minutos.


Anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para calcularr a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas (Correcto?) debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)


TEXTO 1:

proba1

Preguntas sobre o texto anterior:

1. O “ambiente de profunda consternación” (liñas 1 e 2) pon de manifesto que os veciños:
A Non teñen clara a causa das mortes. Correcto?
B Están moi abatidos polo tráxico suceso. Correcto?
C Séntense solidarios co fillo dos falecidos. Correcto?
D Teñen a esperanza de que se esclarezan os feitos. Correcto?

2. Á vista dos feitos probados no texto 1:
A A Garda Civil considera rematada a investigación. Correcto?
B Para a opinión pública non quedan dúbidas pendentes. Correcto?
C A Delegación do Goberno verifica que Antonio Gómez actuou unilateralmente. Correcto?
D Parece confirmado que se trata dun caso de violencia de xénero. Correcto?

3. A corporación municipal que asistiu ao enterro estaba constituída por:
A A policía local. Correcto?
B O goberno local. Correcto?
C Os traballadores municipais. Correcto?
D Os membros da oposición. Correcto?

4. Entre “Garda Civil” (liña 11) e “Instituto Armado” (liña 12) hai unha relación de:
A Polisemia. Correcto?
B Homonimia. Correcto?
C Antonimia. Correcto?
D Sinonimia. Correcto?

5. O narrador do texto 1 é:
A Un narrador omnisciente. Correcto?
B Un narrador testemuña. Correcto?
C Un narrador espectador. Correcto?
D Un narrador protagonista. Correcto?

6. Elixa a serie ortograficamente correcta:
A Proibir, hola, haber, armonía. Correcto?
B Prohibir, ola, haber, harmonía. Correcto?
C Proibir, ola, aber, armonía. Correcto?
D Prohibir, hola, haber, harmonía. Correcto?

7. Elixa a serie correcta en canto ao xénero gramatical:
A O labor, o mar, o sal, a paréntese, a arte. Correcto?
B A labor, a mar, o sal, a paréntese, a arte. Correcto?
C O labor, o mar, a sal, o paréntese, a arte. Correcto?
D A labor, o mar, o sal, a paréntese, o arte. Correcto?

8. Elixa a serie correcta en canto ao uso dos numerais:
A Tercio, cincocentos, séptimo, vinteún. Correcto?
B Terzo, cinco centos, sétimo, vinte e un. Correcto?
C Tercio, cinco centos, séptimo, vinteún. Correcto?
D Terzo, cincocentos, sétimo, vinte e un. Correcto?

9. “Axiña” (liña 7) é un:
A Adverbio. Correcto?
B Adxectivo. Correcto?
C Substantivo. Correcto?
D Pronome. Correcto?

10. No enunciado “A Garda Civil, que nun principio non rexeitara ningunha hipótese, deu por pechado o caso” (liña 11) hai unha oración:
A Explicativa. Correcto?
B Coordinada. Correcto?
C Especificativa. Correcto?
D Xustaposta. Correcto?

Texto 2:

maio2

11. Segundo o texto 2, o maltrato:
A É un proceso perceptible con facilidade desde dentro. Correcto?
B É un proceso que sofre frecuentes altibaixos. Correcto?
C Segue unha liña clara de ascenso na tensión. Correcto?
D É un estado frecuente nas relacións de parella. Correcto?

12. O “rol dominante e protector” do xénero masculino NON se refire:
A Ás características que se lle supoñen ao home na cultura tradicional. Correcto?
B Á definición do home como pai de familia dentro da nosa sociedade. Correcto?
C Á visión do home como ser que está en inferioridade de condicións. Correcto?
D Á consideración do home como elemento forte da parella. Correcto?

13. Que función sintáctica desempeña o sintagma “as discusións” na oración “as discusións intensifícanse por cuestións intrascendentes” (liña 12)?
A Suxeito. Correcto?
B Complemento directo. Correcto?
C Complemento indirecto. Correcto?
D Atributo. Correcto?

14. O texto 2:
A Narra o proceso do maltrato nunha parella concreta. Correcto?
B Describe o proceso do maltrato na parella en xeral. Correcto?
C Argumenta sobre as causas do maltrato. Correcto?
D Dialoga co lector para que identifique as fases do maltrato. Correcto?

15. Elixa a serie correcta en canto á acentuación:
A Explícachelo, subía, máis (conxunción copulativa), cómic. Correcto?
B Explicáchelo, subía, mais (conxunción copulativa), cómic. Correcto?
C Explícachelo, subia, mais (conxunción copulativa), comic. Correcto?
D Explicachelo, subia, máis (conxunción copulativa), cómic. Correcto?

16. Elixa a serie ortograficamente correcta:
A Vítima, construción, dicionario, produto. Correcto?
B Vítima, construcción, diccionario, produto. Correcto?
C Vítima, construción, dicionario, producto. Correcto?
D Víctima, construcción, diccionario, producto. Correcto?

17. Identifique a categoría gramatical e a familia léxica da palabra “gradual” (liña 11):
A Substantivo da familia de “grado”.Correcto?
B Adxectivo da familia de “grado”. Correcto?
C Substantivo da familia de “grao”. Correcto?
D Adxectivo da familia de “grao”. Correcto?

18. Os verbos “comeza” (liña 3), “perciben” (liña 4) e “intensifícanse” (liña 12) son formas de:
A Presente de subxuntivo. Correcto?
B Pretérito perfecto. Correcto?
C Presente de indicativo. Correcto?
D Pretérito imperfecto. Correcto?

19. Elixa o sinónimo de “habitualmente” (liña 4):
A Arreo. Correcto?
B Decote. Correcto?
C Amodo. Correcto?
D Devagar. Correcto?

20. Que relación semántica existe no binomio “home / muller”?
A Polisemia. Correcto?
B Sinonimia. Correcto?
C Antonimia. Correcto?
D Homonimia. Correcto?


1.3 Exercicio de redacción en lingua galega (20 puntos)
Vostede ten unha irmá que vive no estranxeiro e que está pasando por unha situación conflitiva na súa relación de parella.
Como non sabe con exactitude o que lle sucede, vostede vai enviarlle unha mensaxe electrónica. No seu texto, de 200 palabras aproximadamente, ten que:
-Expoñer o motivo da súa mensaxe.
-Preguntarlle pola súa situación nos distintos ámbitos da vida.
-Ofrecerlle consello e tentar convencela para que pida axuda especializada se é un caso de violencia de xénero.


ogalego.eu // ogalego.gal