Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Setembro de 2014


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba
Formato
A proba consta de 20 cuestións tipo test e unha redacción.
 As cuestións teñen catro posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
 Un punto por cuestión correctamente contestada.
 Cada resposta incorrecta resta 0,25 puntos.
 As respostas en branco non descontan puntuación.
 A redacción supón o 66% da cualificación final da proba.
Duración
 Este exercicio terá unha duración máxima de 50 minutos.


Anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para poder calcular a puntuación

Para comprobar as respostas (Correcto?) debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)


set14

Preguntas sobre o texto anterior:

1. Escolla o enunciado que mellor exprese o contido do texto 1:
A Historia de ficción sobre o encontro entre un morcego e unha moza. Correcto?
B Historia verosímil sobre a vida en común de distintas especies. Correcto?
C Historia real sobre os problemas de convivencia entre amigos. Correcto?
D Historia inverosímil sobre as dificultades da vida moderna. Correcto?

2. Ao longo do relato percíbese que:
A A historia que se relata é verosímil. Correcto?
B O personaxe principal evoluciona. Correcto?
C Os feitos se relatan de xeito descontinuo. Correcto?
D O narrador utiliza exclusivamente a terceira persoa. Correcto?

3. No enunciado “Pousaba unha á no libro, aberto á intemperie” (liña 4), as voces subliñadas son, respectivamente:
A Un substantivo e unha preposición, os dous con acento agudo. Correcto?
B Un substantivo e unha contracción, os dous con acento agudo. Correcto?
C Un substantivo e unha contracción, os dous con acento diacrítico. Correcto?
D Unha preposición e un substantivo, os dous con acento diacrítico. Correcto?

4. Na pregunta “¿E se detrás del me viña, cal frautista de Hamelín, unha procesión de morcegos que atopara en min unha esperanza musical?” (liñas 6-7) podemos atopar:
A Unha aliteración. Correcto?
B Unha anáfora. Correcto?
C Un símil. Correcto?
D Unha antítese. Correcto?

5. Na secuencia “Atrevinme a ir amodo á cociña e collín o insecticida; os flis-flis, a fin de contas, matan todas as cousas negras con ás. Fsssss, baleireille o bote enriba” (liñas 7-8) podemos atopar:
A Dous adxectivos en grao aumentativo. Correcto?
B Dúas onomatopeas. Correcto?
C Dous infinitivos conxugados. Correcto?
D Dous posesivos distributivos. Correcto?

6. Atendendo á ortografía, elixa a serie correcta:
A Espacio, licenza, urxenza, xusticia. Correcto?
B Espazo, licencia, urxenza, xusticia. Correcto?
C Espazo, licenza, urxencia, xustiza. Correcto?
D Espacio, licencia, urxencia, xustiza. Correcto?

7. Atendendo ao xénero dos seguintes substantivos, elixa a serie correcta:
A A lente, o análise, o sinal, o calor. Correcto?
B O lente, o análise, a sinal, o calor. Correcto?
C A lente, a análise, o sinal, a calor. Correcto?
D O lente, a análise, a sinal, a calor. Correcto?

8. Elixa a serie correctamente conxugada:
A Eu fuxo, ti foxes, el foxe. Correcto?
B Eu sigo, ti segues, el sigue. Correcto?
C Eu sirvo, ti sirves, el sirve. Correcto?
D Eu firo, ti feres, el fire. Correcto?

9. Identifique que tipo de palabra é “amodo” (liña 7):
A Locución adverbial. Correcto?
B Conxunción subordinada. Correcto?
C Preposición. Correcto?
D Adverbio de modo. Correcto?

10. Identifique o campo semántico correcto:
A Morcego, araña, funil, vaca. Correcto?
B Morcego, balea, golfiño, can. Correcto?
C Morcego, verme, nécora, chifro. Correcto?
D Morcego, vimbio, escornabois, xoaniña. Correcto?

set14.2

11. O texto 2 é:
A Un texto xornalístico que informa dun feito real. Correcto?
B Un artigo xornalístico que argumenta sobre a violencia. Correcto?
C Unha narración que conta unha historia de ficción. Correcto?
D Un atestado xudicial que describe un acto violento. Correcto?

12. Elixa a serie que mellor substituiría a voz “esnaquizar” (liña 1) neste texto de rexistro formal:
A Deteriorar, estragar. Correcto?
B Escarallar, escachizar. Correcto?
C Romper, escachar. Correcto?
D Esmendrellar, escangallar. Correcto?

13. Elixa a idea que máis se axusta ao contido do texto 2:
A M.C. arruinou o piso e matou o gato dos seus compañeiros. Correcto?
B M.C. tiña unha depresión e lévase mal cos seus veciños. Correcto?
C M.C. ten antecedentes penais e volveu cometer un delito. Correcto?
D M.C. sufriu un brote psicótico e logo foi detido pola Garda Civil. Correcto?

14. “M.C., ao que lle consta un amplo historial delituoso” (liña 6) significa:
A Que coñece ben este tipo de delitos. Correcto?
B Que coñece ben o relato dos feitos. Correcto?
C Que ten numerosos antecedentes policiais. Correcto?
D Que estivo preso moitos anos. Correcto?

15. Os verbos “ameazouno” (liña 6) e “perseguiuno” (liña 6) son:
A Pasados compostos de indicativo. Correcto?
B Pretéritos de indicativo. Correcto?
C Pospretéritos de indicativo. Correcto?
D Pretéritos de subxuntivo. Correcto?

16. Elixa a serie ortograficamente correcta:
A Mesillón, antoxo, lentexa, sinselo. Correcto?
B Mexillón, antollo, lentella, sinxelo. Correcto?
C Mesillón, antoxo, lentella, senxelo. Correcto?
D Mexillón, antollo, lentexa, xinxelo. Correcto?

17. Sinale o enunciado gramaticalmente correcto:
A A Garda Civil conseguiu probas abondas para inculpalo. Correcto?
B A Garda Civil acudiu ao piso ca xuíza de garda. Correcto?
C A Garda Civil non atopou proba algunha. Correcto?
D A Garda Civil se desfixo das probas porque coñecía ao acusado. Correcto?

18. Indique en que enunciado “o gato” NON é o suxeito:
A O gato vírono aínda vivo ás 11 da noite. Correcto?
B O gato estaba con vida ás 11 da noite. Correcto?
C O gato tiña sinais de violencia extrema. Correcto?
D O gato fora un agasallo dos pais dun dos rapaces. Correcto?

19. Identifique a estrutura correcta:
A A pesares de ter interposto a denuncia, o acusado saíu libre. Correcto?
B Seguindo os denunciantes, M.C. era o culpable dos feitos. Correcto?
C Agás os denunciantes, ninguén máis vira o estado do piso. Correcto?
D Onda os denunciantes, denunciaron outros veciños. Correcto?

20. Cal é o significado exacto da voz “domicilio” no seu contexto (liña 8)?
A Enderezo postal. Correcto?
B Vivenda. Correcto?
C Chalé. Correcto?
D Local. Correcto?


1.3 Exercicio de redacción en lingua galega (10 puntos)
Imaxine que vostede preside a súa comunidade de veciños. Redacte as normas de convivencia (200 palabras
aproximadamente) que deberán ser debatidas na próxima xuntanza.
Faga unha breve introdución dos problemas recentes que lle levaron a presentar esta proposta.
Especifique as normas de obrigado cumprimento.
Identifique con claridade os aspectos máis conflitivos.
Inclúa pautas para a boa convivencia entre veciños con e sen animais.


ogalego.eu // ogalego.gal

ogalego@galicia.com