Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Setembro de 2013


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba
Formato
 A proba consta de 20 cuestións tipo test.
 As cuestións teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
 Un punto por cuestión correctamente contestada.
 Cada resposta incorrecta restará 0,25 puntos.
 As respostas en branco non descontarán puntuación.
Duración
 Este exercicio terá unha duración máxima de 45 minutos.

Anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para poder calcular a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)

set131

Preguntas sobre o texto anterior:

1. Cal é o tema do texto 1?
A O recoñecemento do labor ecolóxico de San Sadurniño. Correcto?
B A vantaxe do uso de placas solares en Galicia. Correcto?
C A defensa das especies autóctonas en Ferrolterra. Correcto?

2. Segundo o texto 1, cales son as causas de que San Sadurniño fose nomeado municipio “verde”?
A A plantación de hortas autóctonas, os xardíns botánicos e as cooperativas ambientais. Correcto?
B O uso de placas solares, o cultivo de froiteiras autóctonas e a aposta pola compostaxe. Correcto?
C A cooperativa de consumo ecolóxico, o uso da enerxía solar e os refuxios da fauna. Correcto?

3. Galicia Hoxe é un xornal dixital. Como se define esta modalidade de prensa?
A É un tipo de xornal que se difunde a través de Internet. Correcto?
B Trátase dun xornal con temas informáticos e sociais. Correcto?
C É un tipo de prensa con titulares sensacionalistas. Correcto?

4. Baseándose neste texto, indique cales son as partes dunha noticia.
A Titular, resumo, autor e conclusión. Correcto?
B Titular, data, corpo da noticia e conclusión. Correcto?
C Titular, subtítulo, entrada e corpo da noticia. Correcto?

5. Indique o significado da palabra “autóctona” (liña 13).
A Relacionada co cultivo ecolóxico. Correcto?
B Relativa á vida no campo. Correcto?
C Orixinaria do país en que vive. Correcto?

6. O conxunto formado polos termos: cereixas, ameixas, pexegos, peras e mazás forman...
A Un campo semántico. Correcto?
B Unha serie de sinónimos. Correcto?
C Unha familia léxica. Correcto?

7. Segundo a súa forma, que tipo de palabra é froiteiras (liña 9)?
A Composta. Correcto?
B Parasintética. Correcto?
C Derivada. Correcto?

8. Empezan a autoabastecerse (liñas 9-10) é:
A Un tempo composto. Correcto?
B Unha perífrase verbal. Correcto?
C Un composto verbal non perifrástico. Correcto?

9. Indique cal das tres opcións é a correcta:
A A compostaxe, a montaxe e o garaxe. Correcto?
B A auxe, a compostaxe e a mensaxe. Correcto?
C A compostaxe, a aldraxe e a paxe. Correcto?

10. Mazás, pexegos e ecolóxico son, respectivamente, palabras:
A Aguda, esdrúxula e sobreesdrúxula. Correcto?
B Aguda, esdrúxula e grave. Correcto?
C Aguda, grave e esdrúxula. Correcto?

set132

Cuestións sobre o segundo texto:

11. Cal é tema do texto 2?
A A infancia do personaxe Nivardo Castro e as súas consecuencias. Correcto?
B O medo aos avións e as reflexións a partir del do personaxe Nivardo Castro. Correcto?
C As viaxes en avión e o medo do personaxe Nivardo Castro. Correcto?

12. Este é un texto narrativo. En que persoa está narrado?
A En terceira persoa. Correcto?
B En primeira persoa. Correcto?
C En segunda persoa. Correcto?

13. Co termo avionfobia (liña 7) faise referencia a:
A A ansia de voar. Correcto?
B O medo a voar. Correcto?
C O desexo de voar. Correcto?

14. Carlos Reigosa é un autor do século XX. Como se chaman as etapas da literatura galega que precederon a ese século?
A Idade Media. Renacemento e Barroco. Correcto?
B Idade Media, Séculos Escuros e Vangardas. Correcto?
C Idade Media, Séculos Escuros e Rexurdimento. Correcto?

15. Que significa o verbo alentar (liña 15)?
A Aspirar e expirar o aire. Respirar. Correcto?
B Falar en voz alta. Berrar. Correcto?
C Saltar de abaixo a arriba. Dobrar. Correcto?

16. A palabra aeroporto (liña 2) é, en canto á súa forma:
A Simple. Correcto?
B Derivada. Correcto?
C Composta. Correcto?

17. Os substantivos espanto e abraio (liña 12) son:
A Antónimos. Correcto?
B Sinónimos. Correcto?
C Homónimos. Correcto?

18. As formas máis (liña 7), endexamais (liña 10) e soamente (liña 11) son:
A Adverbios. Correcto?
B Adxectivos. Correcto?
C Preposicións. Correcto?

19. A contracción ás (liña 6) está formada por:
A O artigo a e a preposición as. Correcto?
B A conxunción a e o artigo determinado as. Correcto?
C A preposición a e o artigo determinado as. Correcto?

20. O substantivo Mondoñedo (liña 20) é:
A Un topónimo. Correcto?
B Un xentilicio. Correcto?
C Un antropónimo. Correcto?


1.3 Exercicio de redacción en lingua galega (10 puntos). O tema facilitouse no momento do exame.


ogalego.eu // ogalego.gal

ogalego@galicia.com