Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Abril de 2012


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba

Formato
 A proba constará de 20 cuestións tipo test.
 As cuestións teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
 Un punto por cuestión tipo test correctamente contestada.
 Cada resposta tipo test incorrecta restará 0,25 puntos.
 As respostas en branco non descontarán puntuación.
Duración
 Este exercicio terá unha duración máxima de 45 minutos.


Para facer aquí o exame anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para despois calcular a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)


abril121

Preguntas sobre o texto anterior:

1. Elixa o enunciado que mellor reflicte o tema do texto.
A O autor critica a construción masiva de palcos de música por seren antiestéticos e de dubidosa utilidade. Correcto?
B O autor critica a construción de palcos de música por seren exclusivos das cidades. Correcto?
C O autor critica a proliferación de palcos de música porque non son construcións típicas do rural galego. Correcto?

2. O ton xeral do texto é:
A Amable e condescendente. Correcto?
B Serio e institucional. Correcto?
C Irónico e mordaz. Correcto?

3. O texto é:
A Unha crónica. Correcto?
B Unha noticia. Correcto?
C Un artigo. Correcto?

4. A expresión con palco propio (liñas 15-16) pódese substituír por:
A Con seu propio palco. Correcto?
B Con palco de seu. Correcto?
C Con cadanseu palco. Correcto?

5. Que significa a palabra asemade (liña 3)?
A Ao mesmo tempo. Correcto?
B Tamén. Correcto?
C Ademais. Correcto?

6. Otero Pedrayo, xunto con Risco, Castelao e outros escritores, é membro da:
A Xeración das Festas Minervais. Correcto?
B Xeración dos 80. Correcto?
C Xeración Nós. Correcto?

7. A forma verbal serdes (liña 6) é:
A Presente de indicativo. Correcto?
B Infinitivo conxugado. Correcto?
C Xerundio. Correcto?

8. A palabra novo (liña 12) é un:
A Artigo. Correcto?
B Adxectivo. Correcto?
C Pronome. Correcto?

9. Cal é a serie que só inclúe palabras de xénero feminino?
A Peaxe, homenaxe, chantaxe. Correcto?
B Cárcere, auga, árbore. Correcto?
C Nariz, leite, arte. Correcto?

10. Elixa a opción correcta.
A Dá mágoa comer estos limóns de Uxío. Correcto?
B Da mágoa comer estes limóns de Uxio. Correcto?
C Dá mágoa comer estes limóns de Uxío. Correcto?

abril122

Continuación, preguntas sobre o texto anterior:

11. Para Sechu Sende a lingua galega é:
A Unha menciña con severas contraindicacións. Correcto?
B Unha menciña necesaria para revitalizarmos o país. Correcto?
C Un simple instrumento de comunicación. Correcto?

12. Elixa a opción máis acorde co texto.
A O uso do galego está especialmente indicado para os que cren na xustiza social. Correcto?
B O uso do galego é incompatible coa inxestión doutros idiomas. Correcto?
C Debemos substituír a lingua propia por outras linguas con máis falantes. Correcto?

13. Que é a diglosia (liña 8)?
A O uso condicionado, desigual e xerarquizado de dúas linguas. Correcto?
B O uso igualitario e indistinto de dúas linguas. Correcto?
C O uso de moitas linguas, cambiando segundo o faga o interlocutor. Correcto?

14. Que significa a palabra secular (liña 2)?
A Incerto, impreciso. Correcto?
B Heterodoxo, moi variado. Correcto?
C Antigo, centenario. Correcto?

15. As palabras autoodio (liña 8), autoestima (liña 8) e insuficiencia (liña 11) están relacionadas porque:
A Teñen un prefixo. Correcto?
B Teñen un sufixo. Correcto?
C Son agudas. Correcto?

16. Na palabra resólvenlle (liña 2), lle é:
A Un sufixo. Correcto?
B Unha desinencia verbal. Correcto?
C Un pronome. Correcto?

17. A palabra persoas (liña 10) é:
A Substantivo propio. Correcto?
B Substantivo común. Correcto?
C Substantivo abstracto. Correcto?

18. Elixa a serie correcta.
A Bahía, harmonía, hermida. Correcto?
B Bisavó, maravilloso, sobriño. Correcto?
C Parella, atallo, espello. Correcto?

19. Elixa a opción ortograficamente correcta.
A Xoán celebra o seu vinte e un aniversario connosco. Correcto?
B Xoán celebra o seu vinteún aniversario con nós. Correcto?
C Xoán celebra o seu vinte e un aniversario con nos. Correcto?

20. As palabras elementais e ademais (liña 3) non levan acento gráfico porque son:
A Graves rematadas en -s. Correcto?
B Agudas rematadas en ditongo decrecente seguido de -s. Correcto?
C Agudas rematadas en –s. Correcto?


O exame incluía un exercicio de redacción en lingua galega, o tema facilitouse no momento do exame


ogalego.eu // ogalego.gal

ogalego@galicia.com