Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Xuño de 2011


1. Proba de Lingua galega
1.1 Formato da proba

Formato
 A proba constará de 20 cuestións tipo test.
 As cuestións teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
 Puntuación: 1 punto por cuestión tipo test correctamente contestada.
 Cada cuestión tipo test incorrecta restará 0’25 puntos.
 As respostas en branco non descontarán puntuación.
Duración
 Este exercicio terá unha duración máxima de: 45 minutos.


Para facer aquí o test débese anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen respondere calcular a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas (Correcto?) debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)


xuño111

Preguntas sobre o texto anterior:

1. Escolla o enunciado que mellor reflicte o tema do texto.
A É preciso loitar pola conservación das carballeiras, que teñen un gran valor económico, ecolóxico e cultural. Correcto?
B Aínda que non teñen un gran valor cultural, debemos loitar pola conservación das carballeiras. Correcto?
C Cómpre esquecer a capa de ozono –un problema menor-, para nos centrar só na defensa das carballeiras. Correcto?

2. Se afirmamos que a maior forza de destrución é o noso propio abandono (liña 18) estamos a dicir que:
A A destrución e o abandono son inevitables. Correcto?
B A conservación do medio non require o noso compromiso activo. Correcto?
C Se abandonamos a loita conservacionista, a destrución avanzará sen freo. Correcto?

3. A expresión non somos quen de (liña 15) significa:
A Non somos dilixentes. Correcto?
B Non somos capaces. Correcto?
C Non somos atrevidos. Correcto?

4. Que significa abofé (liña 5)?
A Probablemente. Correcto?
B Acotío. Correcto?
C De certo. Correcto?

5. Identifique a figura literaria que hai no seguinte enunciado: A auga boa que alimenta os soutos vai (…) rabuñar os montes coas súas poutas (liñas 20- 21).
A Paralelismo. Correcto?
B Personificación. Correcto?
C Anáfora. Correcto?

6. A palabra carballeira (liña 10) é:
A Composta. Correcto?
B Derivada. Correcto?
C Simple. Correcto?

7. Elixa a opción correcta.
A Gústanme esas cores azuis que pintaches cos lapis. Correcto?
B Gústanme eses cores azuis que pintaches cos lápises. Correcto?
C Gústanme esas cores azules que pintaches cos lápices. Correcto?

8. Na palabra céntrase (liña 2), se é:

A Un sufixo. Correcto?
B Unha desinencia verbal. Correcto?
C Un pronome. Correcto?

9. As palabras sensación (liña 4), avós (liña 8) e aquí (liña 17) levan til porque son:
A Agudas e rematan en vogal, -n ou –s. Correcto?
B Graves e rematan en vogal ou -n. Correcto?
C Agudas rematadas en ditongo decrecente. Correcto?

10. Escolla a serie ortograficamente correcta.
A Sobrebivir, avogado, rubir. Correcto?
B Escrivir, voda, basoira. Correcto?
C Abrazar, vaso, abelá. Correcto?

xuño112

xuño1212

Preguntas sobre o texto anterior:

11. Escolla o enunciado que mellor reflicte o tema do texto.
A O éxito da emigración. Correcto?
B O fracaso da emigración. Correcto?
C A emigración galega a Europa. Correcto?

12. Neste contexto, quen son os americanos (liña 4)?
A Persoas naturais de América. Correcto?
B Habitantes de América. Correcto?
C Emigrantes que volveron de América. Correcto?

13. Coa expresión tiña un porte de tanto señorío! (liña 20) aludimos a unha persoa:
A Señoritanga, lambida, presumida. Correcto?
B Elegante e distinguida. Correcto?
C Mediocre, vulgar. Correcto?

14. Elixa a parella de palabras que inclúe dous sinónimos.
A Cobiza (liña 13)-desexo. Correcto?
B Denantes (liña 3)-a deshora. Correcto?
C Reparou (liña 21)-removeu. Correcto?

15. Ademais de Cousas, Castelao escribiu as seguintes obras:
A Os dous de sempre, Os vellos non deben de namorarse e Retrincos. Correcto?
B Sempre en Galiza, De catro a catro e Os camiños da vida. Correcto?
C Os dous de sempre, Arredor de si e O lapis do carpinteiro. Correcto?

16. O substantivo Miguel (liña 1) é un:
A Topónimo. Correcto?
B Antropónimo. Correcto?
C Alcume. Correcto?

17. As formas verbais chegaba, agardaban e esculcaban son:
A Pretérito pluscuamperfecto (antepretérito). Correcto?
B Presente de indicativo. Correcto?
C Pretérito imperfecto (copretérito) de indicativo. Correcto?

18. A expresión de súpeto é:
A Un adverbio. Correcto?
B Unha locución adverbial. Correcto?
C Unha preposición. Correcto?

19. Elixa a opción correctamente escrita.
A Irei buscala a casa. Correcto?
B Servíronlle cadansúa paella. Correcto?
C Sábeno en casa? Correcto?

20. Elixa a opción ortograficamente correcta.
A Hai, o americano pasou de largo por aí! Correcto?
B Ai, o americano pasou de largo por ahí! Correcto?
C Ai, o americano pasou de largo por aí! Correcto?


Ademais o exame inclúe unha redacción sobre un tema indicado no momento.


ogalego.eu // ogalego.gal