Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Setembro de 2011


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba

Formato
 A proba constará de 20 cuestións tipo test.
 As cuestións teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
 Un punto por cuestión tipo test correctamente contestada.
 Cada resposta tipo test incorrecta restará 0,25 puntos.
 As respostas en branco non descontarán puntuación.
Duración
 Este exercicio terá unha duración máxima de 45 minutos.



Para facer aquí o exame anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para calcular logo a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)


set111

Preguntas sobre o texto anterior:

1. Como cualificaría a actitude dos demais pasaxeiros, testemuñas da escena?
A Racista. Correcto?
B Indiferente ante o problema do racismo. Correcto?
C Antirracista. Correcto?

2. Que a historia sexa totalmente verídica quere dicir que é:
A Inverosímil, falsa. Correcto?
B Veraz, verdadeira. Correcto?
C Fantástica, imaxinaria. Correcto?

3. Este conto chega a Marina Mayoral vía:
A Xornal: La Voz de Galicia. Correcto?
B Correo tradicional: carta urxente. Correcto?
C Internet: correo electrónico. Correcto?

4. Elixa un sinónimo da palabra inmediatamente (liña 11).
A Decontado. Correcto?
B Paseniño. Correcto?
C Entón. Correcto?

5. O texto é:
A Dialogado e descritivo. Correcto?
B Narrativo e descritivo. Correcto?
C Dialogado e narrativo. Correcto?

6. As palabras do texto descoñecida, impaciencia e desagradable están relacionadas entre si porque:
A Pertencen á mesma familia léxica. Correcto?
B Teñen prefixo. Correcto?
C Son compostas. Correcto?

7. Repare na palabra equipaxe (liña 19) e elixa a opción correcta.
A Garaxe, traxe e paxe son palabras femininas.
B Son maioritariamente masculinas as palabras rematadas en –axe.
C Son maioritariamente femininas as palabras rematadas en –axe. Correcto?

8. A expresión ao lado de (liña 6) é:
A Unha locución preposicional. Correcto?
B Unha preposición. Correcto?
C Un adverbio de tempo. Correcto?

9. Elixa a opción correcta ortograficamente.
A Coñecia a vila de Muxía e as suas praias. Correcto?
B Coñecía a vila de Muxía e súas praias. Correcto?
C Coñecía a vila de Muxía e as súas praias. Correcto?

10. Dentro deste texto, o conto propiamente dito e outras expresións como "totalmente verídica" (liña 4) están escritas entre comiñas para:
A Destacar a información. Correcto?
B Indicar que constitúen unha cita textual. Correcto?
C Marcar a intervención nun diálogo. Correcto?

set112

Continuación, preguntas sobre o texto anterior:

11. Escolla un título para o texto.
A Maltrato e submisión. Correcto?
B Maltrato e vinganza. Correcto?
C Maltrato e suicidio. Correcto?

12. A expresión érache unha mula do carallo (liña 7) refírese a un home:
A Apoucado, medorento. Correcto?
B Débil, fráxil. Correcto?
C Forte, robusto. Correcto?

13. No enunciado aí a iso das oito da tarde xa che estaba peneque (liña 3), a construción a iso das ten un valor:
A Aproximativo na expresión do espazo. Correcto?
B Adverbial, equivalente a “nese preciso momento”. Correcto?
C Aproximativo na expresión do tempo. Correcto?

14. Elixa un sinónimo da palabra disque (liña 1).
A Seica. Correcto?
B Tampouco. Correcto?
C Certamente. Correcto?

15. En que período encadraría a obra de Suso de Toro?
A Literatura actual. Correcto?
B Literatura de posguerra. Correcto?
C Rexurdimento. Correcto?

16. A palabra animal é un _________ de can.
A Hiperónimo. Correcto?
B Hipónimo. Correcto?
C Antónimo. Correcto?

17. No enunciado el antes vendía o cupón, o cupón é
A Complemento circunstancial. Correcto?
B Complemento directo. Correcto?
C Complemento indirecto. Correcto?

18. A construción empeza a retorcerse é:
A Unha perífrase verbal que indica comezo da acción. Correcto?
B Unha locución adverbial. Correcto?
C Dous verbos en infinitivo. Correcto?

19. Escolla a serie de palabras correctamente escritas:
A Destrución, baralla, diferenza. Correcto?
B Destrución, baraxa, diferenza. Correcto?
C Destrucción, baralla, diferencia. Correcto?

20. As palabras arreáballe, téñenche e érache levan til porque son:
A Agudas rematadas en vogal. Correcto?
B Esdrúxulas. Correcto?
C Graves rematadas en vogal. Correcto?


O exame inclúe un exercicio de redacción en lingua galega
, o tema indicouse no momento do exame


ogalego.eu // ogalego.gal

ogalego@galicia.com