Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
2017 opción amarelo (a opción azul é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 60 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1

Rafael Quintía: Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega

Rafael Quintía (Vigo, 1971) é licenciado en Antropoloxía Social e en Ciencias Empresariais, escritor e músico tradicional. Publicou varios ensaios sobre antropoloxía, etnografía e música.

- Empecemos polo básico. Que é unha moura?

- É a figura máis importante da mitoloxía galega sen lugar a dúbidas. E individualizada e diferenciada do que é o concepto xenérico de mouros, porque aínda que ás veces se confundan, a figura da moura galega é diferente, e con personalidade propia. E máis importante polas características simbólicas que ten e pola serie de atributos que nos fan pensar nunha orixe moi arcaica deste mito. Tamén é comparable a outras deidades doutros esquemas mitolóxicos dos pobos da terra.

- Cal é a diferenza entre as mouras e os mouros?

- A primeira diferenza é que á moura referímonos de xeito individual, aínda que poida aparecer tamén en tríades, que é unha característica das antigas deidades. E cando falamos de mouros falamos en xenérico, porque non existe unha descrición tan detallada dos seus atributos. Normalmente a moura é unha muller fermosa, nova, que adoita aparecer en contornos naturais, peiteando os cabelos con peite dourado, en determinadas épocas do ano, como a noite de San Xoán. Ou como unha dama soberana, ou ás veces coa fasquía da vella, de aí sae o arco da vella, esa vella que peneira a xeada no inverno, que crea os elementos e que domina as forzas da natureza. A moura ten unha personalidade propia, perfectamente descrita nas lendas, cos seus atributos específicos, capacidade de transformarse en serpe, que ademais ten varios alter egos, varias feituras diferentes, varias funcionalidades, fundamentalmente tres: rapaza nova, señora e vella.

- Para min é unha figura case descoñecida, pero si escoitei falar dos mouros ligados aos castros.

- Todo o patrimonio arqueolóxico galego está vinculado ao patrimonio inmaterial. Por 25 exemplo, as lendas de mouros refírense á raza mítica á que se atribúe a construción dos castros, as mámoas ou calquera xacemento antigo que a xente identifica como algo que non fixeron eles nin os seus devanceiros. Dentro desta categoría están as mouras, que están moi unidas aos dolmens e ás mámoas. Elas son as construtoras dos dolmens, portando as grandes pedras, mentres fían na roca e aleitan un neno. Tamén se lles atribúe ás mouras a creación dos castros, e que habitan debaixo deles, ou baixo os petróglifos, e tamén en determinados elementos da natureza, como as augas, os pozos, as fervenzas, as correntes de auga ou os
grandes penedos.

- Con que culturas europeas temos máis similitudes a este nivel?

- O máis estudado sempre foi o vínculo cos folclores irlandés, escocés e bretón. Hai grandes similitudes co folclore das Illas Británicas, pero tamén co occidente e co norte da Península Ibérica. E mesmo existen lendas de mouras e figuras similares no folclore marroquí, neste caso de raíz bérber. O que está máis desenvolvido é o do arco atlántico, porque pertencemosá mesma área cultural, pero xa che digo que podemos estendelas a gran parte de Europa e a outras zonas de fóra.


Fonte: Sermos Galiza


1. Na mitoloxía galega a moura pode aparecer caracterizada como:

A Unha dama de hábitos nocturnos que explica sucesos de causa descoñecida. Correcto?

B Unha muller nova e fermosa que participa na construción de dolmens. Correcto?

C Unha vella saída do arco que posúe coñecementos de maxia e artes ocultas. Correcto?

2. Cal é a afirmación correcta?

A A xente atribuíu á raza mítica dos mouros a construción de determinados achados arqueolóxicos cuxa orixe descoñece. Correcto?

B O pobo bérber deixou pegadas no folclore galego tras o seu paso pola Península. Correcto?

C As meigas, os trasnos e as ninfas aparecen en tríades de deidades mitolóxicas. Correcto?

3. Cal é a afirmación correcta?

A O mouro é a figura máis importante da mitoloxía galega que adoita facer estragos e enredar sen producir dano grave. Correcto?

B Os mouros e as mouras gardan similitudes con seres que aparecen no folclore doutros pobos europeos e africanos. Correcto?

C A moura ten unha personalidade propia que se caracteriza por habitar no aire e simbolizar os fenómenos atmosféricos. Correcto?

4. A palabra etnografía [en vermello no texto] significa:

A Materia que analiza o conxunto de lendas e mitos que pertencen á tradición dun pobo, dunha civilización ou dunha relixión. Correcto?

B Disciplina que estuda o relato tradicional de feitos fantásticos, que poden ter un fondo histórico, pero que foi deformado e esaxerado co paso dos anos. Correcto?

C Ciencia que ten por obxecto o estudo e a descrición dos grupos humanos e dos seus carácteres antropolóxicos, culturais, sociais etc. Correcto?

5. Segundo Rafael Quintía, no patrimonio galego:

A A mitoloxía e o simbolismo teñen unha orixe recente. Correcto?

B As lendas e os esconxuros pertencen á literatura culta. Correcto?

C O inmaterial e o arqueolóxico están relacionados. Correcto?

6. No texto, a palabra deidade [en vermello no texto] significa:

A Pobo de criaturas sobrenaturais presentes en lendas. Correcto?

B Ser divino, especialmente das relixións pagás. Correcto?

C Divindade protectora dos campos e dos rabaños. Correcto?

7. Cal é a serie de palabras correcta?

A Revelar, riveira, barrer, maravilloso, abogacía. Correcto?

B Avogacía, marabilloso, ribeira, varrer, rebelar. Correcto?

C Ribeira, barrer, abogacía, revelar, marabilloso. Correcto?

8. Cales son os emparellamentos correctos?

A Óvalo → curva; basto → extenso; villa → chave; acerbo → conxunto. Correcto?

B Valor → coraxe; bate → poeta; vasto → espeso; bovina → cilindro. Correcto?

C Nobelo → bóla de fío; torva → pavorosa; basto → mesto; venia → permiso. Correcto?

9. A oración composta Que faltase a auga pareceunos sospeitoso contén unha oración subordinada:

A Substantiva. Correcto?

B Adxectiva. Correcto?

C Adverbial. Correcto?

10. Cal é a serie que contén só palabras con ditongo decrecente?

A Ousadía, coiraza, paraugueiro, xudeu, paixón, saudade. Correcto?

B Bueu, minguou, bieiteiro, adecuei, sociais, cambiéillelo. Correcto?

C Vestiario, proveniente, tempestuoso, cranio, ingua, consecuente. Correcto?


Texto 2

A localidade sevillana de Tomares, na comarca do Aljarafe, encontrouse de forma casual cun tesouro do Imperio Romano ao terse descuberto durante uns traballos de escavación rutineiros dezanove ánforas romanas, que conteñen 600 quilos de moedas de bronce e prata. Esta riqueza arqueolóxica apareceu nunha das localidades con renda per cápita máis alta de España, que está situada a poucos quilómetros de Sevilla e ten uns 25.000 habitantes.

Nada máis térense localizado os restos arqueolóxicos no parque Olivar de Zaudín de Tomares foron trasladados ao Museo Arqueolóxico de Sevilla, que o celebrou, porque constitúe un dos achados deste tipo máis importantes do Imperio Romano e posúe un valor histórico incalculable. Os medios de comunicación han ter o privilexio de comprobar que algunhas das ánforas que albergan as moedas están intactas, aínda que romperon dez polos traballos de escavación. As moedas destas, con todo, están en perfecto estado. Trátase de moedas de finais dos séculos terceiro e cuarto que conteñen inscricións dos emperadores romanos Constantino e Maximiliano, aínda que os arqueólogos non descartan que poidan abarcar unha época máis ampla do Imperio Romano.

A directora do Museo Arqueolóxico de Sevilla, Ana Navarro, explicou aos xornalistas que o conxunto histórico de moedas localizado ten ‘poucos paralelos na historia do Baixo Imperio Romano de España’. Entre as hipóteses que se barallan sobre a inxente cantidade de moedas, apuntou posibles pagos ao exército ou a algún tipo de entidade pública da administración do Estado, pero por agora ‘non se pode aventurar máis
nada’, precisou Ana Navarro.

Tamén verificaron os técnicos que a maioría das moedas estaban recentemente acuñadas e non entraran en circulación e, ademais, algunhas pode que teñan un baño de prata e que non sexan só de bronce. A partir de agora, a primeira tarefa dos técnicos do Museo Arqueolóxico é limpar as moedas, que están cheas de area, estabilizalas para non sufriren un deterioro, porque é metal e, por iso, pódese deteriorar polas condicións
climatolóxicas, e inventarialas. Co inventario búscase ‘darlle o ADN dentro da colección museística’ e despois empezarán a relacionar o contexto histórico que se daba no baixo Guadalquivir, segundo explicou Ana Navarro.

Tamén teñen que estudar a documentación de determinados xacementos da contorna e ‘relacionalos posiblemente cunha vila romana importante’ desa zona, aínda que esa hipótese hai que contrastala coa documentación, precisou a directora. Este proceso será moi longo, aínda que unha vez documentado e concluído suporá unha ‘gran contribución ao patrimonio histórico e arqueolóxico de Andalucía’, subliñou. O achado produciuse cando a empresa pública Tragsa iniciou unha escavación dun metro de profundidade para introducir a condución eléctrica dun dos camiños que a Confederación Hidrográfica do Guadalquivir está a construír na zona para o acceso á Aula da Natureza. Os terreos aséntanse nunha contorna natural situada xunto á conca do arroio As Fontes, con catro lagoas que, á súa vez, contan con diversas especies de fauna (aves, 40 principalmente) e flora, o que supón un gran valor ecolóxico a conservar.

Fonte

11. O tesouro de moedas romanas apareceu:

A Nun lugar de alto nivel de vida, durante unha escavación feita para construír unha condución eléctrica nun camiño de acceso á Aula da Natureza. Correcto?

B Na beira do río Guadalquivir, mentres a Confederación Hidrográfica facía unha investigación sobre o patrimonio histórico e arqueolóxico de Andalucía. Correcto?

C Nos arredores do Museo Arqueolóxico, cando os técnicos de patrimonio estaban a escavar unha importante vila romana da época do Baixo Imperio. Correcto?

12. Segundo o texto, cal é a serie de afirmacións correcta?

A O Baixo Imperio Romano implantou a circulación monetaria en Sevilla na época dos emperadores Constantino e Maximiliano. Correcto?

B A Confederación Hidrográfica do Guadalquivir está a construír unha Aula da Natureza na comarca sevillana do Aljarafe. Correcto?

C O Museo Arqueolóxico de Sevilla está dirixido por Ana Navarro e nel hai técnicos que van traballar coas moedas. Correcto?

13. A palabra ánfora [en vermello no texto] significa:

A Recipiente de madeira ou metal para gardar ou transportar cousas no seu interior. Correcto?

B Redoma de barro de ventre amplo cunha asa e unha biquela para beber a chorro. Correcto?

C Cántaro de cerámica con dúas asas na parte superior e rematado en punta na base. Correcto?

14. No texto, a palabra hidrográfico [en vermello no texto] significa relativo á:

A Produción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da forza hidráulica. Correcto?

B Parte da xeografía que estuda o conxunto das augas dunha rexión. Correcto?

C Parte da mecánica que estuda o equilibrio de forzas nos fluídos en repouso. Correcto?

15. Segundo o texto, cal é a serie de afirmacións correcta?

A Os achados de moedas do Baixo Imperio Romano son frecuentes, existen casos paralelos ao de Tomares e o Museo Arqueolóxico de Sevilla expón varias coleccións. Correcto?

B As moedas teñen que ser limpadas, estabilizadas e inventariadas para despois relacionalas co contexto ao mesmo tempo que se estuda a documentación sobre a zona. Correcto?

C O tesouro das moedas do Aljarafe contén moedas dos emperadores romanos do século quinto Constantino e Maximino enviadas para pagar os centurións das lexións. Correcto?

16. Cal destas oracións contén unha perífrase verbal?

A Xan andaba a fregar o corredor cando chegaron os seus amigos. Correcto?

B Uxía falou de ir de vacacións despois de acabarmos os exames. Correcto?

C Antía non se lembrou de apagar a wifi antes de saír da casa. Correcto?

17. Que asociación entre os valores do pronome “se” e os exemplos é correcta?

A Índice de pasiva reflexa → Plántanse patacas. Correcto?

B Morfema verbal → Cortouse. Correcto?

C Reflexivo → Escribíronse. Correcto?

18. Cal é a oración correctamente construída?

A Eu laveime o cabelo. Correcto?

B Os contrincantes déronse a man. Correcto?

C Bebinme un vaso de zume. Correcto?

19. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?

A Constituíu, reféns, bíceps, amábeis, miúdo. Correcto?

B Ademáis, climax, dólmens, ruido, dame. Correcto?

C Recibíu, forceps, beisbol, albums, samuráis. Correcto?

20. Cal é a serie de afirmacións correcta sobre estes verbos?

A Caer, saír e oír son regulares, pero intercalan un -g- sen valor morfolóxico entre a raíz e a desinencia no presente de subxuntivo: caiga, caigas, caiga, caigamos, caigades, caigan. Correcto?

B Conferir, inferir e proferir son derivados de ferir, polo que teñen alternancia vocálica no presente de indicativo: confiro, conferes, confere, conferimos, conferides, conferen. Correcto?

C Querer, quecer e esquecer teñen sempre vocalismo radical tónico aberto ([ε]) no presente de indicativo, agás na 1ª e na 2ª persoas de plural: quero, queres, quere, queremos, queredes, queren. Correcto?


Nº de respostas correctas (C)
Nº de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test = C x 0.5 Z x 0.125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0.125 puntos. As respostas en branco non descontarán puntuación.

2005-2017