ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubilados


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Maio 2017


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 40 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1

O final do Camiño

Estamos na Galiza do final do século XI. A cidade de Santiago de Compostela non é máis que unha pequena aldea e a catedral aínda non existe. É no ambiente de tensión entre reis cristiáns e musulmáns que a vila de Catoira é atacada, ligando para sempre a vida dos irmáns Gonzalo, Estevo e Pedro a aquela que é chamada a “Xerusalén de Occidente”. O final do Camiño é a nova serie de ficción histórica e estréase este mércores 11 de xaneiro na TVG.

Tras o ataque musulmán, Gonzalo (interpretado por Antonio Velázquez) consegue salvar a seu irmán Estevo (Guillermo Barrientos), mais non impide o asasinato da súa nai, nin o secuestro do irmán Pedro (Javier Rey) por parte dos guerreiros mouros, que o levan vivir con eles. Gonzalo e Estevo viaxan cos sobreviventes ata Santiago de Compostela, onde pola mesma época comeza a erguerse a catedral. Dez anos despois Gonzalo é xefe da garda de Diego Pais, bispo de Santiago, Estevo é aprendiz de construtor no sitio da catedral e Pedro continúa desaparecido.

A serie ten oito episodios e foi rodada ao longo de tres meses, contando cunha panoplia de paisaxes naturais, edificios históricos e escenarios interiores que se propoñen facer ao espectador viaxar no tempo. Moitas das construcións medievais non sobreviviron e outras sufriron grandes alteracións, e, por iso, a serie recorreu aos efectos especiais para mellor reproducir os espazos e ambientes do século XI.

O recinto do parque de exposicións da Feira Internacional de Galicia en Silleda albergou máis de dez mil metros cadrados de exteriores e 2.500 escenarios interiores creados por Ángel Amaro. A extensa área recrea a pequena aldea de Compostela con casas humildes, un pequeno mercado, unha taberna e un hospital. A medida que a construción da catedral vai avanzando, Compostela vaise expandindo. O interior do mosteiro de Carboeiro fai as veces da catedral,á excepción das escenas en que aparece o sepulcro do Apóstolo Santiago, filmadas na igrexa de San Pedro de Ansemil. O parque serviu tamén de escenario a outras cidades como Toledo ou Sevilla.

Fonte

1. No texto, a palabra “ligar(en vermello no texto) significa:

A Realizar accións propias de mozos, en particular as de namorar e cortexar unha persoa. Correcto?

B Soportar con paciencia e resignación algo que molesta. Correcto?

C Establecer unha relación moi forte entre persoas e cousas. Correcto?

2. A palabra “mouro(en vermello no texto) significa:

A Nativo do norte de África. Correcto?

B Soldado que loita por un soldo. Correcto?

C Membro da cabalaría medieval. Correcto?

3. Segundo o texto, a serie “O final do Camiño”:

A Rodouse en Catoira, agás as escenas que suceden en cidades como Toledo ou Sevilla. Correcto?

B Gravouse en Silleda, utilizando un parque de exposicións, un mosteiro e unha igrexa. Correcto?

C Filmouse en Compostela, construíndo as casas, o mercado, a taberna e o hospital. Correcto?

4. Segundo o texto, Antonio, Guillermo e Javier son:

A Os guionistas que escribiron os diálogos interpretados polos actores principais. Correcto?

B Os dobradores que puxeron as súas voces para a versión en galego da TVG. Correcto?

C Os actores que dan vida aos personaxes protagonistas da serie de televisión. Correcto?

5. Cal destas afirmacións é verdadeira?

A O sepulcro do Apóstolo Santiago atópase na igrexa de San Pedro de Ansemil. Correcto?

B A serie recrea personaxes históricos e ambientes medievais anteriores ao ano 1200. Correcto?

C Santiago de Compostela xa era unha cidade antes da construción da súa catedral. Correcto?

6. Cal destas afirmacións é FALSA?

A O tres irmáns protagonistas residen sempre en Compostela ao longo da serie. Correcto?

B Moitas edificacións da Idade Media desapareceron, polo que houbo que recrealas. Correcto?

C A expansión da cidade de Compostela foi paralela á construción da súa catedral. Correcto?

7. No sentido en que aparece no texto, unha “panoplia de paisaxes naturais(en vermello no texto)é un:

A Terreo cuberto de vexetación espontánea que pode estar poboado de árbores. Correcto?

B Conxunto amplo e variado de espazos dun territorio. Correcto?

C Grupo de vexetais que crecen nun lugar. Correcto?

8. Cal é a serie de emparellamentos correcta?

A Xeno- → madeira; tetra- → cinco; sidero- → lume; tele- → móbil. Correcto?

B Filo- → sabedoría; fisio- → terra; hidro- → río; paleo- → pobo. Correcto?

C Quilo- → mil; rino- → nariz; taqui- → rápido; topo- → lugar. Correcto?

9. Cal é a serie de afirmacións correcta?

A A diérese úsase coa letra “i” na primeira e segunda persoas de plural dos imperfectos de indicativo (copretéritos) dos verbos rematados en -aer (caer), -oer (doer), -aír (saír) e -oír (oír): caïamos, caïades, doïamos, doïades, saïamos, saïades, etc. Correcto?

B O grupo consonántico culto -ct- mantense nalgúns cultismos: doctor, doctrina, doctoramento, rector, rectorado, rectoral, rectoría, secta, etc, pero non se mantén nas palabras suxetar e suxeto. Correcto?

C Algunhas voces moi populares, así como os seus derivados, deben escribirse con “x”: excavar, excavación, excavadora, extender, extrañar, extraño, extrañeza, extrañamento, extranxeiro, extranxeiría, extranxeirismo. Correcto?

10. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?

A Ademáis, mobil, prexuizo, biceps, dólmenes. Correcto?

B Egoismo, saín, españóis, traía, prohíbo. Correcto?

C Constituíu, papeis, carácter, ruído, canons. Correcto?

11. Cal é a serie de palabras ortograficamente correcta?

A Exorbitante, exuberante, truán, baía, vaído, velaí. Correcto?

B Adesivo, exalar, exaustivo, exortar, inerente, filarmónica. Correcto?

C Exhaustivo, exhuberante, inherente, truhán, exhalar, bahía. Correcto?

12. Cal destes tempos verbais é un pluscuamperfecto de indicativo (antepretérito)?

A Abolise, abolises, abolise, abolísemos, abolísedes, abolisen. Correcto?

B Viñera, viñeras, viñera, viñeramos, viñerades, viñeran. Correcto?

C Maniría, manirías, maniría, maniriamos, maniriades, manirían. Correcto?

13. Cal é a serie de palabras correcta?

A Obiedade, orvallo, Esteban, maravilla, cobarde, volvoreta. Correcto?

B Abelá, chuvasco, birollo, ouvear, rebentar, xavelina. Correcto?

C Gabacho, valeiro, esbelto, vizcaíno, pabellón, vidueiro. Correcto?


Texto 2

Ourense, a segunda cidade termal de Europa

O termalismo en Ourense está dividido entre hoteis balneario, balnearios para tratamentos sen aloxamento e termas para relax e lecer, tanto gratuítas como de pagamento. En total estímase que son máis de setenta os mananciais termais que hai na provincia e o certo é que son un gran reclamo turístico para todos aqueles que gozan tomando estas augas de recoñecidas calidades terapéuticas. Desta provincia galega flúen cada día tres millóns de litros de augas termais e mineromedicinais, unha cantidade que en Europa só supera Budapest.

Aínda que xa desde a época dos romanos as augas ourensás eran concibidas como un método de curación natural, o noso actual ritmo de vida, sumado ao paso do tempo, fai que aumente a nosa necesidade de coidar o corpo para soportarmos o estrés diario. Para iso, alén das coñecidas Burgas, fontes de augas termais que brotan a unha temperatura de entre 64 e 68 ºC -cun caudal de 300 litros por minuto-, existen tamén en toda a provincia balnearios e termas nos que darse un bo baño de auga quente para curar doenzas da pel ou para relaxarse.

A piscina termal das Burgas, situada en pleno casco histórico da cidade de Ourense, actualmenteé de uso gratuíto e mantén unha temperatura aproximada para o baño de 38º C. Aínda que estas gozan dun gran recoñecemento, tamén existen outras instalacións en diversos puntos da capital e da provincia. Dunha banda, a Ruta Termal do Miño está formada por 5 km de senda peonil na que se sitúan ata sete instalacións termais. Os espazos gratuítos que forman este circuíto son lugares que prometen un bo baño baixo a inconmensurable beleza da súa contorna natural. Doutra banda, a auga das fontes do Tinteiro e de Reza é utilizada como bebida e para o baño parcial.

Estes mananciais que afloran nas beiras do Miño foron obxecto de contos e lendas. Estas augas son indicadas pola súa capacidade diurética, os seus beneficios para a pel ou para tratar certas patoloxías. Cada unha está destinada a un fin debido á súa diferente composición mineral, obtida grazas á composición granítica do chan. Esta é a que fai que a auga de choiva se filtre polas capas subterráneas do chan -nas que as rochas están a alta temperatura- e así se quente e adquira as súas propiedades minerais, para finalmente manar na superficie a altas temperaturas.

Fonte

14. As Burgas de Ourense:

A Posúen unha ruta termal de varios quilómetros ao longo do río Miño. Correcto?

B Dispoñen dun balneario para tratamentos gratuítos sen aloxamento. Correcto?

C Teñen piscina e fontes das que saen trescentos litros de auga por minuto. Correcto?

15. Sinale a afirmación que é verdadeira:

A O río Miño posúe en Ourense un circuíto termal de varios quilómetros. Correcto?

B A provincia de Ourense conta con máis de setenta termas de pagamento. Correcto?

C As fontes termais das Burgas de Ourense botan cada día tres millóns de litros. Correcto?

16. Cal destas afirmacións é FALSA?

A As augas dos mananciais termais de Ourense xa as utilizaban os romanos. Correcto?

B Algunhas augas termais poden utilizarse tanto para bañarse como para beber. Correcto?

C As rochas das capas subterráneas do chan quéntase por causa da auga de choiva. Correcto?

17. A palabra “terapéutico” (en vermello no texto) significa ‘relativo ou pertencente’:

A Ao uso e á explotación das augas medicinais. Correcto?

B Ao tratamento específico das enfermidades. Correcto?

C Ao goce coa auga de baño. Correcto?

18. A palabra “inconmensurable” (en vermello no texto) significa:

A De tal magnitude ou intensidade que non se pode medir. Correcto?

B Non digno de conmemoración ou de ser relembrado. Correcto?

C Capaz de conmover causando grande emoción ou sentimento. Correcto?

19. A palabra “patoloxía(en vermello no texto) é sinónimo de:

A Síntoma. Correcto?

B Dermatite. Correcto?

C Enfermidade. Correcto?

20. O feminino de ourensáns é ourensás (en vermello no texto). Cal é a serie de palabras correcta?

A Humanas, romanas, mentiranas, asturianas, solteironas. Correcto?

B Aldeanas, campeonas, ferrolanas, republicanas, lambonas. Correcto?

C Artesanas, afganas, catalanas, fisterranas, abusonas. Correcto?



N.º de respostas correctas (C)
N.º de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test= C×0,5-Z×0,125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0,125

2005-2024