Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
2013 opción azul (a opción amarelo é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 60 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1


Na serie Downton Abbey, a mansión que dá título á exitosa serie de televisión, mídese con pulcritude milimétrica a distancia entre cubertos, hai un protocolo de etiqueta para cear, outro para servir o té e cada unha das campaíñas do servizo avisan o mordomo, a ama de chaves, os axudantes de cámara, segundo a necesidade ou capricho dos señores. Todo funciona como un preciso e perfecto mecanismo de reloxería que ademais é parte da identidade nacional, algo moi 'british' que durante séculos se plasmou en novelas, obras de teatro e finalmente no cine e en series de televisión como a popular Arriba e abaixo.
Agora acaba de publicarse un oportuno ensaio que desvela os segredos, as anécdotas e fai un repaso histórico dese mundo de señores e de servidume, do que sucede 'upstairs' (escaleiras arriba) e 'downstairs' (escaleiras abaixo). E titúlase así precisamente, Escaleiras arriba e abaixo. Historia dos criados nas casas de campo inglesas, de Jeremy Musson, ex comisario do Patrimonio Nacional Británico que escribiu sobre casas de campo históricas desde Garsington Manor a Knebworth House. Neste libro, que conta con tradución de Ana Momplet, percórrese a historia de mansións como Chatsworth, o castelo de Alnwick ou Waddesdon Manor que viviron a súa gran época nese século XIX e comezos do XX. “É entón cando a hospitalidade e a organización das casas de campo alcanzan o seu máximo esplendor e gáñanse a admiración dos visitantes estranxeiros. O comezo da Primeira Guerra Mundial desencadeou unha inevitable diminución no número de empregados domésticos e na década de 1920 produciuse un aumento de impostos ademais dos efectos da Gran Depresión. Logo da Segunda Guerra Mundial o mundo das casas de campo cambiou”, explica Jeremy Musson referíndose precisamente a ese período que aborda Downton Abbey.
O libro, cheo de anécdotas, ameno e divulgativo, narra o funcionamento do mecanismo de reloxería perfecta destas casas rendendo un emocionado tributo á servidume como se conta na Guía práctica do servente publicada en 1880, aínda que tamén se recorda o que de perverso ten este sistema de servidume que deixaba ao servente sen apenas vida privada. Así o contaba William Tayler, un lacaio que escribiu no seu diario en 1837: "A vida do servente dun cabaleiro é como a dun paxaro engaiolado. Está nun refuxio e ben alimentado, pero falto de liberdade, e a liberdade é o ben máis prezado e doce para todo inglés".
Unha das cousas que máis destaca deste mundo de serventes e señores é precisamente a diferenza entre a casa visible e a casa invisible, o arriba e abaixo. "No século XVII aparecen
as primeiras escaleiras e comedores reservados para os serventes e as campaíñas para chamar o servizo", comenta Jeremy Musson, lembrando que baixo as escaleiras créase o mundo tras a porta de pano verde, inventada no século XVIII para aumentar o illamento acústico.
Ademais de detalles curiosísimos sobre como hai que servir a mesa ou coidar da leña, gardar o leite, vestirse ou lavarse, o libro de Musson conta como era unha xornada de traballo,
que salario tiña a servidume en comparación con outros traballadores ou leccións de protocolo que farán as delicias dos apaixonados deste xénero que agora se pode gozar a través da ficción televisiva de Downton Abbey.

Eva Díaz Pérez. 26 de decembro de 2012
http://www.elmundo.es

1. Segundo a autora:
A As series de televisión non describen de maneira axeitada as casas de campo. Correcto?

B O autor do ensaio fundamentouse nas súas vivencias persoais á hora de escribilo. Correcto?

C Hai trescentos anos creouse un ámbito para os serventes nas mansións británicas. Correcto?

2. O texto trata sobre:
A O mundo dos criados e dos señores nas casas de campo inglesas. Correcto?

B A arquitectura de residencias como Chatsworth, Alnwick e Waddesdon Manor. Correcto?

C A produción de series de televisión como Arriba e abaixo e Downton Abbey. Correcto?

3. Segundo o texto, cal é a serie de afirmacións correcta?
A Jeremy Musson analiza no seu libro o funcionamento das casas británicas nas que vivían serventes e señores, describe a diferenza entre a parte visible e a parte invisible destas residencias e explica detalles sobre o traballo diario da servidume. Correcto?

B William Tayler escribiu unha obra sobre a historia dos criados nas casas de campo inglesas na que trata o período da primeira Guerra Mundial, percorre a historia de varias mansións e afirma que a vida do servente é como a dun paxaro engaiolado. Correcto?

C Jeremy Musson publicou unha guía práctica do servente, na cal analiza a vida privada dos criados e dos señores das mansións aristocráticas que aparecen nas populares series de televisión británicas Downton Abbey e Arriba e abaixo. Correcto?

4. No texto, a palabra a m e n o [subliñado no texto] significa:
A Interesante, atractivo. Correcto?

B Agradable, divertido. Correcto?

C Letrado, erudito. Correcto?

5. No texto, a palabra p r o t o c o lo [subliñado no texto] significa:
A Conxunto de pezas de vestir. Correcto?

B Conxunto de regras. Correcto?

C Conxunto de pratos, fontes e demais recipientes. Correcto?

6. Cal é a serie de palabras correcta?
A A penas, deseguida, enseguida, decontado, a modo, devagar, tal vez. Correcto?

B A penas, de seguida, en seguida, de contado, a modo, de vagar, tal vez. Correcto?

C Apenas, deseguida, enseguida, decontado, amodo, devagar, talvez. Correcto?

7. Cal é o tempo verbal correcto?
A Vea, veas, vea, veamos, veades, vean. Correcto?

B Argúa, argúas, argúa, arguamos, arguades, argúan. Correcto?

C Poseo, posees, posee, poseemos, poseedes, poseen. Correcto?

8. Cal destas afirmacións é correcta?
A A contracción daquela pode significar entón ou naquel momento. Correcto?

B Os posesivos de meu, de teu e de seu teñen sentido distributivo. Correcto?

C Os relativos que, quen, cal e canto non concordan co antecedente. Correcto?

9. Cal destas oracións contén un pronome persoal átono incorrectamente colocado?
A Todos lle dixeron o mesmo sobre ese asunto. Correcto?

B De non o faceres, reducirás as túas posibilidades. Correcto?

C Algo téñenme dito dese novo proxecto artístico. Correcto?

10. Cal destas oracións contén un infinitivo flexionado correctamente utilizado?
A Ultimamente deron en chegaren sempre tarde. Correcto?

B Coido que o terás todo solucionado ao chegarmos. Correcto?

C Os sectores económicos están a melloraren. Correcto?

Texto 2

O supercomputador Mare Nostrum 2, o máis potente de España, que durante os últimos seis anos prestou servizo á comunidade científica e a máis de cen empresas encabezadas polos sectores da enerxía e a informática, morreu. No seu lugar, instalarase o Mare Nostrum 3, que será unhas doce veces máis potente. O novo supercomputador, no que se investirán 22,7 millóns de euros, dará a España unha potencia de cálculo competitiva para volver situarse nos primeiros postos mundiais en supercomputación. Non se situará entre os cinco máis potentes do mundo como fixo o Mare Nostrum 2 cando entrou en servizo no 2006. O máis probable é que se sitúe entre os postos 30 e 40 na lista Top 500 dos supercomputadores máis potentes, dado que non se quixo facer unha máquina para quedar ben no ranking, senón unha máquina útil para os investigadores, polo que se sacrificou velocidade punta a cambio dunha arquitectura de computación máis útil.
Aínda que o Mare Nostrum 2 era o quinto supercomputador máis potente do mundo cando entrou en servizo no 2006, nestes seis anos caera ao posto número 465 da clasificación. A estratexia inicial do Barcelona Supercomputing Center-Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS), a institución que xestiona os Mare Nostrum, prevía renovar os supercomputadores cada dous anos para manterse en primeira liña. Pero a crise económica acabou atrasando catro anos a construción do novo supercomputador. O Mare Nostrum 3 estará situado, do mesmo xeito que os seus predecesores, na capela de Torre Girona, xunto ao edificio do reitorado da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC). Isto obrigou a desmontar o Mare Nostrum 2 para poder instalar o Mare Nostrum 3 no mesmo espazo de 120 metros cadrados, o que deixou durante unhas semanas sen servizo aos usuarios do supercomputador.
O Mare Nostrum 3 entrará en servizo en dúas fases. A primeira debe arrancar en novembro cunha potencia de cálculo inicial de 700 teraflops (ou 700 billóns de operacións por segundo). Esta potencia é máis de sete veces superior aos 94 teraflops do seu antecesor. A segunda fase atrasarase ata xaneiro, cando a máquina superará os 1.000 teraflops (ou un petaflop, unidade equivalente a mil billóns de operacións por segundo). O Mare Nostrum 3 terá ademais unha maior eficiencia enerxética que a máquina anterior, de modo que consumirá un 44% máis de enerxía para unha potencia de cálculo doce veces máis alta.
O novo supercomputador debe servir tanto para crear riqueza como para mellorar a vida dos cidadáns. Como exemplo de creación de riqueza a partir da supercomputación, destaca a investigación para aumentar a probabilidade de atopar xacementos petrolíferos ao facer prospeccións.
Cada prospección ten un custo duns 100 millóns de euros. Os cálculos realizados co Mare Nostrum 2 permitiron elevar case un 25% a posibilidade de atopar petróleo en cada
intento. Nos próximos anos, a potencia do Mare Nostrum 3 debería permitir perfeccionar os algoritmos para aumentar aínda máis a probabilidade de éxito. En conxunto, por cada euro de investimento que recibe o BSC-CNS, xera cinco euros adicionais. Segundo este cálculo, o investimento que se fixo no Mare Nostrum 3 podería xerar un retorno de arredor de 100 millóns de euros.

Josep Corbella. Barcelona, 27 de outubro de 2012
http://www.lavanguardia.com

11. O supercomputador Mare Nostrum 2:
A É unha máquina que ten unha gran eficiencia enerxética. Correcto?

B Situouse entre os cinco supercomputadores máis potentes do mundo. Correcto?

C Comezará cunha potencia de cálculo de 700 teraflops. Correcto?

12. Segundo o autor:
A O novo supercomputador perfeccionará os algoritmos para a procura de petróleo. Correcto?

B As empresas dedicadas á computación subvencionaron estes superodenadores. Correcto?

C A velocidade de computación do supercomputador depende do microprocesador. Correcto?

13. O supercomputador Mare Nostrum 3:
A Sitúase no posto 465 da clasificación mundial. Correcto?

B Poderá usarse para a creación de riqueza. Correcto?

C Durante os últimos anos usouno a comunidade científica. Correcto?

14. Segundo o autor:
A O anterior supercomputador consumía un 44% máis de enerxía. Correcto?

B Os 22,7 millóns de euros investidos orixinarán un retorno duns 100 millóns. Correcto?

C Esta institución renovará os supercomputadores cada catro anos. Correcto?

15. O supercomputador Mare Nostrum 3:
A Leva seis anos prestando servizo á comunidade científica e ás empresas. Correcto?

B Acada unha velocidade punta que o sitúa entre os dez primeiros do mundo. Correcto?

C Ten unha potencia de cálculo sete veces maior ca a do seu antecesor. Correcto?

16. No texto, a e f ic ie n c ia [subliñado no texto] significa:
A Plan metodicamente organizado para obter un obxectivo concreto. Correcto?

B Gasto de enerxía excesivo orixinado pola velocidade de computación. Correcto?

C Relación entre os recursos investidos e os resultados acadados. Correcto?

17. Cal é a serie de palabras correcta?
A Folgazá, patrona, vacuna, deusa, cidadana, leona. Correcto?

B Patroa, sola, xudea, lamboa, ourensana, leona. Correcto?

C Folgazana, elefanta, xudía, deusa, ourensá, leoa. Correcto?

18. Cales son os emparellamentos correctos?
A Óvolo = esmola; nobelo = cría da vaca; bou = arte de pesca de arrastre. Correcto?

B Torvo = pavoroso; conivencia = intolerancia; debagar = lentamente. Correcto?

C Abondo = suficientemente; creto = fama; callado = solidificado. Correcto?

19. Cal é a serie de palabras correcta?
A Subfusil, debalar, gaveta, obxetivo, anverso, suministrar. Correcto?

B Obcecar, escarvadentes, subrogar, pebida, devesa, abdicar. Correcto?

C Abdome, sustración, debecer, sumiso, caravela, escarbar. Correcto?

20. Cal é a afirmación correcta?
A Algúns castelanismos áchanse disimulados por presentaren unha forma galega coa acepción do castelán, como é o caso de pobo para indicar localidade. Correcto?

B Algúns castelanismos conviven na normativa coas súas correspondentes formas galegas, como sucede no caso de baralla/baraxa. Correcto?

C Algúns castelanismos, tales como redondilla e guerrilla, entraron na lingua para substituíren palabras galegas e, por tanto, non están admitidos pola normativa. Correcto?


Nº de respostas correctas (C)
Nº de respostas incorrectas (Z)

Puntuación do test = C x 0.5 - Z x 0.125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0.125 puntos.
As respostas en branco non descontarán puntuación.

2005-2024