ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubiladosl


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Maio 2012 opción azul (a opción amarelo é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 40 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1

Unha moza de 16 anos cursa Física na Universidade de Santiago



Ten 16 anos e estuda Física na Universidade de Santiago. O seu é un dos casos que entra dentro dese 2 % de nenos galegos superdotados e dese 12 % de persoas con altas capacidades que viven na comunidade, pero tamén é un dos máis especiais. Non en balde foi capaz de estudar todas as materias de segundo de bacharelato en menos de dous meses, presentarse aos exames en setembro, aprobar, acudir á selectividade e sacar un 9.
O seu «acelerón», tal e como o definiu onte na xornada sobre altas capacidades que se celebrou na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago, produciuse este mesmo verán, xusto despois de que fose identificada como unha nova superdotada. Onte contou a súa historia a un repleto auditorio, que botou por terra os estereotipos que a sociedade adoita ter ao redor dos superdotados intelectualmente.
E é que esta alumna non é unha «friki sen amigos que pasa todo o día no ordenador», como moitas veces se pensa dos mozos superdotados, nin sentiu marxinación por ter un intelecto superior. «Máis ben todo ou contrario: ben que lles viña aos meus compañeiros terme ao lado nos exames», comentou onte na mesa redonda.
A frustración tocou á súa porta en cuarto da ESO, cando descubriu «que no instituto xa non pintaba nada» e comezou a marcarse retos ela mesma, como «ir a exames sen estudar ou ir tras estudar só un pouco». Agora que xa está matriculada na universidade compostelá apenas nota diferenza cos seus compañeiros de 18 anos. «Non me tratan de xeito especial». Tampouco os profesores. «Creo que nin saben que teño 16 anos», conta con toda naturalidade esta vilalbesa.
Son persoas que naceron cunha capacidade especial, nin máis nin menos. Así o deixaron claro onte os docentes, pais, especialistas e nenos con altas capacidades que participaron na xornada da Facultade de Psicoloxía. «Non sinto nin orgullo nin vergoña por ser así; nacín cunha habilidade para aprender», comentou. Precisamente, cre, como o resto dos participantes, que hai que «normalizar» a situación, porque «non temos que ter baixa autoestima, nin crernos deuses». E é que os problemas de retraemento social son unha circunstancia e non unha característica das persoas que teñen altas capacidades.

Fonte

1. Cal destas afirmacións é verdadeira?
A O alumnado que posúe estas características adquiriunas estudando moitos anos. Correcto?

B As altas capacidades intelectuais destas persoas son unha característica innata. Correcto?

C Todos estes adolescentes carecen de amigos e pasan o tempo no ordenador. Correcto?

2. Cal destas afirmacións é falsa?
A Un sentimento de benestar e satisfacción invadiu a esta moza cando cursaba a secundaria obrigatoria. Correcto?

B Esta adolescente foi identificada como alumna con superdotación intelectual pero nunca se sentiu marxinada por ese feito. Correcto?

C Esta alumna estudou un curso enteiro en dous meses e despois superou as probas de acceso á universidade. Correcto?

3. A Facultade de Psicoloxía:
A Elaborou un estudo sobre os problemas de retraemento social dos superdotados. Correcto?

B Conseguiulle un posto a esta alumna para estudar na universidade antes dos 18 anos. Correcto?

C Organizou un congreso dun día de duración para analizar as altas capacidades. Correcto?

4. O elemento de composición de palabras “super-” pode significar:
A Preeminencia, excelencia, en grao sumo, encima de, exceso. Correcto?

B Dimensión menor, lonxitude, fóra de, máis alá, alén de. Correcto?

C Punto culminante, aumento, expansión, crecemento, auxe. Correcto?

5. No sentido en que aparece no texto, a palabra “estereotipo” [subliñado no texto] significa:
A Estudo e clasificación dos tipos que se levan a cabo en diversas ciencias na época contemporánea. Correcto?

B Imaxe ou idea aceptada comunmente por un grupo ou sociedade con carácter inmutable. Correcto?

C Acción e efecto de axustar algo a unha norma común ou padrón previamente establecido. Correcto?

6. No sentido en que aparece no texto, a palabra “docente” [subliñado no texto] significa:
A Persoa especialista na ciencia que trata das capacidades da mente. Correcto?

B Persoa que ensina unha ciencia ou unha arte. Correcto?

C Persoa que cultiva unha rama determinada dunha arte ou dunha ciencia. Correcto?

7. No sentido en que aparece no texto, a palabra “frustración” [subliñado no texto] significa:
A Acción de privar a alguén do que esperaba. Correcto?

B Xeito con que se responde a unha queixa. Correcto?

C Carencia ou falta total dunha cousa. Correcto?

Texto 2

Plans de recuperación e conservación do sapoconcho común, a píllara das dunas e a escribenta das canaveiras, especies ameazadas en Galicia


Os plans de recuperación da Xunta de Galicia teñen como fin garantir a conservación das especies que viven en estado silvestre no territorio galego e dos seus hábitats e mais establecer medidas que preserven, manteñan e restablezan as súas poboacións naturais. Así, trátase de corrixir os problemas de conservación, realizando un plan que recolle trazos biolóxicos, estado da poboación ou do espazo da especie.
No caso so sapoconcho, as principais amezas son a destrución do hábitat, a introdución de especies exóticas invasoras, as capturas como mascota, os córvidos e a contaminación. Os obxectivos do plan centraranse en evitar as afeccións directas por accións do ser humano, favorecer o incremento da poboación, reintroducir a especie en polo menos catro novas localidades, conservar e mellorar a calidade e crear un fondo documental de apoio á xestión.
Para a escribenta das canaveiras, son o abandono de aproveitamentos tradicionais como o pastoreo, o corte de vexetación entre abril e maio e as molestias en época de nidificación. Os obxectivos son: aumentar o tamaño da poboación ata duplicar a actual, fomentar a colonización de zonas húmidas de reprodución que se perderon e informar, concienciar e facer partícipe á sociedade.
Por último, para a píllara das dunas as principais ameazas son a limpeza mecánica das praias ou os vehículos circulando por praias e dunas, a acampada ao aire libre nas praias, os cans soltos nas praias e mais os animais depredadores.
Os obxectivos do plan centraranse en protexer as áreas de cría, manter os recursos e mecanismos necesarios para o manexo e protección da especie e os seus hábitats a longo prazo e realizar un seguimento e avaliación das medidas adoptadas.
En abril de 2007 regulouse o Catálogo galego de especies ameazadas, que ten como finalidade evitar a perda de biodiversidade biolóxica en todas as súas formas. Os criterios e procedementos para a inclusión dunha especie nunha das dúas categorías existentes son os seguintes:
-En perigo de extinción: unha categoría reservada para aquelas especies cuxa supervivencia é pouco probable, se os factores causantes da súa actual situación seguen actuando.
-Vulnerable: resérvase para aquelas especies que corren perigo de pasaren á categoría anterior nun futuro inmediato, se os factores adversos que actúan sobre elas non son corrixidos.

Fonte

8. Segundo o texto, algúns dos obxectivos dos plans son:
A Conservar ou reintroducir as especies e restablecer as poboacións. Correcto?

B Sacar ou tratar de sacar da auga peixes e outros animais útiles ao home. Correcto?

C Axexar e perseguir un animal salvaxe para matalo ou apresalo. Correcto?

9. O s a p o c o n c h o (subliñado no texto] que se menciona no texto é:
A Un anfibio da orde dos anuros, do que existen varias especies, de patas curtas, pel rugosa e xeralmente de costumes nocturnos. Correcto?

B Un mamífero de pelo mesto e escuro, cos dedos unidos por membranas, que vive na beira dos ríos e se alimenta de peixes. Correcto?

C Un réptil que hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive e se alimenta de insectos, vermes e moluscos. Correcto?

10. Cal destas afirmacións é falsa?
A Algúns animais sofren afeccións directas por accións do ser humano. Correcto?

B As medidas adoptadas tratan de corrixir os problemas de conservación dos animais. Correcto?

C Os animais en perigo de extinción teñen asegurada a súa existencia no futuro. Correcto?

11. A b io d iv e r s id a d e [subliñado no texto] é:
A A zona onde habitan os seres vivos, que inclúe os continentes, os océanos e a parte inferior da atmosfera. Correcto?

B A ciencia que ten por obxecto o estudo dos seres vivos. Correcto?

C O conxunto de seres vivos que habitan o planeta Terra ou unha zona xeográfica específica. Correcto?

12. Cal destas afirmacións é verdadeira?
A As canaveiras son árbores caducifolias, que poden acadar corenta metros de altura e teñen como froito a landra. Correcto?

B Os animais que poden ser feridos ou danados fisicamente, ou que poden ser atacados con facilidade, son vulnerables. Correcto?

C As dunas son grandes extensións de terreo chan ou con poucas ondulacións situadas á beira das praias. Correcto?

13. No sentido en que aparece no texto, o hábitat [subliñado no texto] é:
A A metade da superficie da esfera terrestre, dividida por un círculo máximo, de preferencia o Ecuador ou un meridiano. Correcto?

B O lugar de condicións axeitadas para que viva un organismo, especie ou comunidade animal ou vexetal. Correcto?

C A masa de auga salgada que cobre aproximadamente as tres cuartas partes da superficie total da Terra. Correcto?

14. Cal é a serie de palabras correcta?
A Canons, baúis, coñacs, sándwichs, pósteres, parasoles, porcos teixos, gardas civís. Correcto?

B Lápices, álbumes, anoracs, hippys, vaivenes, ourizocachos, gatos monteses. Correcto?

C Reises, irmaos, faroles, reptiles, chinos, gardamontes, augas ardentes, baixos relevos. Correcto?

15. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?
A Rubí, avós, tabús, algúns, carácter, bíceps, agradábeis, lámpada. Correcto?

B Ademáis, viaxéi, xudéu, partíu, púiden, acuário, triúnfo, piragüísmo. Correcto?

C Améi, cantóu, colléu, españóis, palatáis, recibíu, dólmens, lápiz. Correcto?

16. Cal é a serie de emparellamentos correcta?
A cabalo → egua; castrón → cabra; macho → femia; tsar → tsarina. Correcto?

B doctor → doctora; campeón → campeona; pai → mai; xenro → xenra. Correcto?

C padrastro → madrastra; vampiro → vampira; rei → reina; irmao → irmá. Correcto?

17. Cal é a afirmación correcta?
A Por regra xeral, os pronomes acentúanse en galego: Leva ésta; Cál queres? Correcto?

B Os estranxeirismos e os latinismos non seguen as regras de acentuación: lider, accesit. Correcto?

C Os adverbios terminados en –mente non se acentúan por seren graves: facilmente. Correcto?

18. Para evitarmos o s e x is m o no uso da lingua podemos utilizar:
A Substantivos femininos como xuíza, presidenta e poetisa. Correcto?

B Substantivos colectivos como alumnado, profesorado e funcionariado. Correcto?

C Substantivos masculinos como mozo, cidadán e varredor. Correcto?

19. Cal é a serie de emparellamentos correcta?
A é → conxunción; e → presente de indicativo; chá → che + a; cha → plana. Correcto?

B só → preposición; so → adverbio; té → letra; te → infusión. Correcto?

C pé → parte do corpo; pe → letra; présa → apuro; presa → prendida. Correcto?

20. Cal destas series de palabras contén un sufixo que significa “xentilicio”?
A Balorento, cincento, neboento. Correcto?

B Chileno, eslovena, nazareno. Correcto?

C Arboredo, alameda, viñedo. Correcto?

2005-2024