Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
2009 opción azul (a opción amarelo é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 60 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


1. Complete esta oración coa forma verbal axeitada: o que ----------------------é que non sabes perder.
A te pasa. Correcto?

B che pasa. Correcto?

C pásache. Correcto?

2. Complete esta oración coa forma verbal axeitada: cando cheguei á parada, o autobús xa -----------
A pasou. Correcto?

B pasara. Correcto?

C había pasado. Correcto?

3. Seleccione a palabra equivalente á expresión que vai en negra nesta oración: Despois de oír aquilo quedou coa boca aberta .
A asustado. Correcto?

B agardando. Correcto?

C sorprendido. Correcto?

4. As diferentes falas que existen dentro do galego permiten diferenciar:
A Tres grandes bloques lingüísticos: occidental, central e oriental. Correcto?

B Dous grandes bloques lingüísticos: un ao norte e outro ao sur. Correcto?

C Catro bloques lingüísticos, cinco áreas e tres subáreas lingüísticas. Correcto?

5. Cal é a serie de palabras que contén c a s t e la n is m o s ?
A Garfo, billa, nécora. Correcto?

B Cosco, felgo, cimón. Correcto?

C Manzanilla, riñón, purín. Correcto?

6. Cal é a serie que contén palabras p a r a s in t é t ic a s ?
A Descampado, paraugueiro, desaugar. Correcto?

B Noiteboa, cartafol, augardente. Correcto?

C Árabe-israelí, estrela de mar, chave inglesa. Correcto?

7. Cal é a serie de palabras que teñen sufixos derivativos?
A Avogaducho, librazo, buratiño, rapazote. Correcto?

B Compostelán, sumidoiro, libreiro, alternancia. Correcto?

C Catuxa, solteirona, lugarexo, sentidiño. Correcto?

8. Na palabra apóstatao prefixo grego apo- significa:
A Dificultade, privación. Correcto?

B Posición inferior. Correcto?


C Separación, afastamento. Correcto?

9. Na palabra heliocentrismo o elemento grego helio- significa:
A Sol. Correcto?

B Terra. Correcto?

C Gas. Correcto?

10. Na palaba perdurar o prefixo latino per- significa:
A Oposición. Correcto?

B Intensidade. Correcto?

C Privación. Correcto?

11. Na palabra ignífugo elemento latino igni- significa:
A Lume. Correcto?

B Auga. Correcto?

C Aire. Correcto?

12. Cal é a serie de palabras correcta?
A Adrián, ernia, elmo, arpía, edra, endecasílabo. Correcto?

B Arpa, inflar, ermida, encher, orfo, inchar. Correcto?

C Abenza, ucha, angar, indú, erba, arén. Correcto?

13. Cal é a serie de palabras correcta?
A Ditador, anédota, condutor, convito, produtor, olfato. Correcto?

B Ditador, anécdota, condutor, convicto, produtor, olfacto. Correcto?

C Dictador, anédota, conductor, convicto, productor, olfato. Correcto?

14. Cal é a serie de palabras correcta?
A Cristobo, escaravello, rebentan, pabillóns, vermellas, valeiro. Correcto?

B Cristovo, escarabello, reventan, pavillóns, bermellas, baleiro. Correcto?

C Cristovo, escaravello, rebentan, pavillóns, vermellas, baleiro. Correcto?

15. Cal é a serie de palabras correcta?
A Oitavo, infectar, doutor, aptitude, provecto, seita. Correcto?

B Octavo, infestar, doctor, atitude, provecto, secta. Correcto?

C Octavo, infestar, doctor, actitude, proveito, secta. Correcto?

16. Cal é a serie de palabras correcta?
A Tarea, flaco, franela, floxo, febra, furna. Correcto?

B Tarea, fraco, franela, frouxo, freba, urna. Correcto?

C Tarefa, fraco, flanela, frouxo, febra, furna. Correcto?

17. Cal é a serie de palabras que só contén participios irregulares?
A Pago, enxoito, suspenso, impreso, farto, canso. Correcto?

B Frito, nacido, falado, suxeito, torcido, collido. Correcto?

C Torto, gañado, solto, escorrido, ceibado, aceso. Correcto?

18. Cal é a oración na cal non se pode usar o infinitivo conxugado?
A Vai ser difícil chegar ás nove á Coruña. Correcto?

B Teus pais víronte ao saír da cafetería. Correcto?

C Hai que vir cedo porque teñen pouco sitio. Correcto?

19. Cal destas oracións contén unha perífrase modal?
A Leva nevando desde decembro. Correcto?

B Deben de ser as oito. Correcto?

C Téñocho dito moitas veces. Correcto?

20. Cal é o tempo verbal correcto?
A Valdría, valdrías, vadría, valdríamos, valdríades, valdrían. Correcto?

B Valgo, vales, vale, valemos, valéis, valen. Correcto?

C Valla, vallas, valla, vallamos, vallades, vallan. Correcto?


Nº de respostas correctas (C)
Nº de respostas incorrectas (Z)

Puntuación do test = C x 0.5 - Z x 0.125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0.125 puntos.
As respostas en branco non descontarán puntuación.

2005-2024