TEST CULTURAL

Galego exercicios
Fina Casalderrey, homenaxe de ogalego.eu
Suxestións para traballos
Encrucillados
qr
Foto: Fina Casalderrei, escritora galega

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

I.- Cultura literaria

II.- Cultura xeográfica

III.-Test cultural 1

IV.- Bota o intruso

V.- Test cultural 2

VI.- Test de coñementos da lingua

I.- CULTURA LITERARIA (test sinxelo)

PARA SABER A SOLUCIÓN MIRAR AO TORQUE

1.- Entremés famoso sobre da pesca no río Miño é o título da primeira obra teatral en galego. Que tema trata?

a) A pesca. b) A guerra. c) O amor. d) A peste.

a

 2.- O mellor representante do hilozoísmo ou animismo na nosa literatura é o poeta

a) Bouza Brei. b) Amado Carballo. c) Rosalía de Castro. d)Rubén Darío.

b

 3.- Quen foi o Poeta da Raza?

a) Castelao. b) Miguel Torga. c) Ramón Cabanillas. d) Pondal

 c

4.- A que escola poética pertence Macías "o namorado"?

a) Escola galego-portuguesa. b) Escola galego-castelá. c) Escola do amor cortés. d) Escola galego-cubana.

 b

5.- En que ano se publicou Cantares Gallegos de Rosalía de Castro?

a) 1925. b) 1111. c) 1699. d) 1863.

d

 6.- Cal é o segundo apelido do poeta do século XIX Manuel Leiras?

a) Carpinteiro. b) Pulpeiro. c) Ferreiro. d) Loureiro.

b

7.- Que nome recibía o intérprete das cantigas medievais que non era trobador?

a) Xograr ou xogral. b) Cantautor. c) Resentido. d) Bardo.

a

8.- Quen escribiu Nós, os inadaptados?

a) Amado Carballo. b) Brais Pinto. c) Vicente Risco. d) Villar Ponte.

c

 9.- Cal é o nome da comarca onde naceu Pondal e da que recolle a toponimia na súa poesía?

a) Bergantiños. b) Chantada. c) Grandas de Salime. d) A Limia.

 a

10.- Cal é o título do libro de poemas onde mellor se define a saudade?

a) Queixumes dos pinos. b) Aires da miña terra. c) Miña terra linda. d) Follas novas.

d

11.- Cal é o nome dos protagonistas de Os dous de sempre?

a) Manuel e Évora. b) Luís e Miguel. c) Pedro e Rañolas. d) Hadrián e Afonso.

c

 12.- Cal é o título da obra de Camỡes que inspirou a Pondal Os Eoas?

a) Os portuenses. b) Os invasores. c) As Tartarugas Mutantes. d) Os Lusíadas.

d

 13.- En que novela retrata Otero Pedrayo o pensamento da Xeración Nós?

a) Así somos Nós. b) Arredor de Si. c) Nós e só Nós. d) Os Camiños da Vida.

b

14.- Cal é o nome do rei que protagoniza Na noite estrelecida, saga de Ramón Cabanillas?

a) D. García. b) Artur ou Arturo. c)Afonso X. d) O Rei de Espadas.

 b

15.- Que pseudónimo utilizou Lamas Carvajal en O Catecismo do Labrego?

a) O Crego verdadeiro. b) Salvador Lorenzana. c) Marcos da Portela. d) Santiago Apóstolo.

c

16.- Quen é o protagonista de O Mariscal, de Ramón Cabanillas?

a) Pedro Páramo. b) Pedro Madruga. c) Pero Pardo de Cela. d) Pero Amigo de Sevilla.

 c

17.- O Divino Sainete, de Curros, é unha libre parodia de

a) "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro. b) "A Divina Comedia", de Dante. c) "A Metamorfose", de Kafka. d)"Bretaña Esmeraldina", de Méndez Ferrín.

 b

18.- O subtítulo da obra de Castelao Un ollo de vidro é

a) Memorias dun esquelete.b) Fantasía enxebre. c) Cousas da vida. d) Conversa de Estadeas.

 a

19.- Quen é o rianxeiro que escribiu a obra teatral A fiestra baldeira?

a) Castelao. b) Manuel Antonio. c) Álvaro Pino. d) Rafael Dieste.

d

20.- Os nomes do mozo e da moza que protagonizan A Virxe do Cristal, de Curros, son

a) Manuela e Miguel. b) Iria e Bieito. c)Martiño e Rosa. d) Carme e Brais.

c

21.- O PadreSarmiento viviu no século

a) XVI. b) XVIII. c) XX. d) X.

b

22.- Que significa o título de Pondal Os Eoas?

a) Os fillos do Sol. b) Os mergulladores. c) Os heroes dos castros. d) Os celtas antergos.

 a

23.- Que pontevedrés escribiu no século XIX A gaita gallega?

a) Filgueira Valverde. b) Manuel Murguía. c) Xoán Manuel Pintos. d) O Gaiteiro de Soutelo.

 c

24.- A primeira novela na nosa lingua, Majina ou a filla espúrea, foi escrita por:

a) Marcial Valladares. b) O Padre Sobreira. c) O Cura de Fruíme.d) Manuel Rivas.

a

25.- Un neto de Afonso X foi rei de Portugal e un dos máis fecundos e mellores trobadores. Trátase de:

a) Mendiño. b) Pero Meogo. c) D. Dinís ou Denís. d) O Rei Pescador.

c

26.- O autor de A nosa cinza é:

a) Camilo José Cela. b) Manuel María. c)Xelís de Toro. d) Xavier Alcalá.

d

27.- Os Séculos Escuros son:

a)I, II, III a.C.b) XV, XVI, XVII. c) XVI, XVII, XVIII. d) XVII, XVIII, XIX.

c

28.- O autor de Os escuros soños de Clío é:

a) Sigmund Freud. b) Antón Reixa. c) Martínez Oca. d) Carlos Casares.

 d

29.- O autor das Cantigas de Santa María é:

a) O Rei Afonso X. b) San Ero de Armenteira. c) Noriega Varela. d) Santa Minia.

 a

30.- O tema omnipresente en De catro a catro de Manuel Antonio é:

a) O mar. b) O amor. c) O amencer. d) A saudade.

 a

31.- En que outra faceta destacou Luís Seoane, alén da poesía?

a) Locutor da TVG. b) Escultor. c) Pintor. d) Futbolista.

 c

32.- Foi un famoso poeta e en prosa tamén escribiu, entre outras, Xente de aquí e acolá:

a) Vicente Risco. b) Álvaro Cunqueiro. c) Alfredo Conde. d) Alberto Moravia.

 b

33.- Memorias dun neno labrego foi escrita por:

a) Otero Pedrayo. b) Neira Vilas. c) Alexandre Dumas. d) Manuel María.

 b

34.- En que bisbarra galega se desenvolve Terra brava de Ánxel Fole?

a) Ortigueira. b) A Costa da Morte. c) O Caurel. d) Pena Trevinca.

 c

35.- Na narrativa de Blanco Amor Ourense recibe o nome de

a) Auria. b) Burgais. c) Auriense. d) Vilega.

 a

36.- Cal é a comarca que inspira boa parte da poesía de Uxío Novoneyra?

a) A Fonsagrada. b) Curtis. c) O Caurel. d) O Condado.

 c

37.- Quen escribiu Aires da miña terra?

a) Blanco Amor. b) Celso Emilio Ferreiro. c) Méndez Ferrín. d) Curros Enríquez.

 d

38.- As cantigas de amigo barcarolas tamén se poden denominar

a) Navetas. b) Mariñas. c) Romarías. d) Albas.

 b

39.- Cal é o título dunha obra de Suso de Toro que nos lembra moito a fotografía?

a) Retrato dun adolescente. b) Cámaras lonxanas. c) En branco e negro. d) Polaroid.

 d

40.- O movemento poético do S. XX que retoma os temas e formas medievais recibe o nome de:

a) Nova Troba Galega. b) Rexurdimento. c) Medievalismo. d) Neotrobadorismo.

 d

41.- Alén de Os Biosbardos, tamén escribiu A esmorga:

a) Blanco Amor. b) Celso Emilio Ferreiro. c) Ramón Cabanillasd) Pedro Petouto.

 a

42.- En que vila naceu Álvaro Cunqueiro, que desexou mil primaveras máis para a súa lingua?

a) Viveiro. b) Mondoñedo. c) Bueu. d) Ponteareas.

 b

43.- Foi un grande poeta e entre os seus libros podemos destacar O soño sulagado e Longa noite de pedra:

a) Pondal. b) Amado Carballo. c) Celso Emilio Ferreiro. d) Luís Pimentel.

 c

44.- Cal é o título da chamada "Biblia do galeguismo" de Castelao?

a) Galiza e Nós. b) Sempre en Galiza. c) Atila en Galiza. d) Miña Terra meiga.

 b

45.- As cantigas satíricas medievais podían ser de escarnio ou de

a) Gargallada. b) Tristura. c) Maldicir. d) Amor.

 c

46.- Xa vai o Griffón no vento é unha novela moi premiada,escrita por:

a) Günter Grass. b) Alfredo Conde. c) Xavier Alcalá. d) Carballo Calero.

 b

47.- Quen escribiu “Campanas de Bastabales”?

a) Rosalía de Castro. b) María Mariño. c) Xohana Torres. d) Luz Pozo.

 a

48.- Título dunha importante revista publicada a partir de 1920 e dirixida por Vicente Risco

a) Nós. b) Vós.c) Eles.d) Elas.

 a

49.- En 1916 Villar Ponte foi un dos fundadores de

a) Xeración Nós. b) O Banquete de Conxo. c) Seminario de Estudos Galegos. d) Irmandades da Fala.

 d

50.- En que situación escribiu Manuel Antonio o seu libro de poemas De catro a catro?

a) Nun voo Santiago-Montevideo. b) A bordo dun barco. c) Nunha tenda de campaña. d) Servindo de soldado en Marrocos.

 b

51.- Cal era o oficio da protagonista das pastorelas medievais?

a) Pastora. b) Trobadora. c) Soldadeira. d) Cesteira.

 a

52.- Con cal dos movementos literarios ten que ver o poeta Bouza Brey?

a) Imaxinismo. b) Surrealismo. c) Neotrobadorismo. d) Dórico.

 c

53.- A illa da ría de Vigo cantada por Mendiño é

a) Sisarga. b) Sálvora. c) Ons. d) San Simón.

 d

54.- Este coñecido poeta granadino escribiu seis poemas en galego

a) José Luís Perales. b) León Felipe. c) García Lorca. d) Luís Rosales.

 c

55.- Cal é a cidade satirizada en O porco de pé, de Vicente Risco?

a) A Coruña. b) Lugo. c) Ourense. d) Pontevedra.

 c

56.- En que país se desenvolven os relatos “O segredo” e “O inglés”, incluídos en Retrincos de Castelao?

a) Escocia. b) Arxentina. c) Uruguai. d) Galiza.

 b

57.- A quen lle chama Curros nun seu poema "a pobre da tola"?

a) Rosalía de Castro. b) Pardo Bazán. c) A raíña Lupa. d) A campá de Bastabales.

 a

58.- No poema que se adoptou como himno galego, cando fala de “os rumorosos, Pondal refírese a:

a) Os murmuradores. b) Os piñeiros. c) Os conquistadores. d) Os casteláns.

 b

59.- O autor do poema “Penélope” (1961) é:

a) Ulises. b) Méndez Ferrín. c) Claudio Rodríguez Fer.d) Díaz Castro.

 d

60.- O poeta medieval que mellor cantou a Vigo foi:

a) Mendiño. b) Martín Códax. c) Xoán Zorro. d) Pero Amigo de Vigo.

b

61.- Que Virxe galega é a da foto (foto 1 e foto 2) e que poeta lle cantou?:

a) A Virxe do Faro, Xohan de Requixo. b) A Virxe da Barca, Rosalía de Castro. c) A Virxe do Cristal, Curros Enríquez. d) A Virxe do Carme, R. Cabanillas.

c

 

 

II.- CULTURA XEOGRÁFICA

PARA SABER A SOLUCIÓN MIRAR NA ELIPSE

1.- Se falamos de Cospeito ou A Limia, debemos saber que alí hai

a) Unha lagoa disecada. b) Un acueduto medieval. c) Un encoro grande. c) Unha fábrica de automóbiles.

a

2.- As Rías Baixas (entre Fisterra e a foz do Miño) son, entre outras:

a) Muros, Muxía, Ribeira, Vigo. b) Vigo, Noia, Corcubión, Malpica. c) Arousa, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo. d) Noia-Muros, Arousa, Pontevedra, Vigo.

d

3.- Respecto da súa situación no país, as serras do Caurel e Os Ancares son

a) Orientais. b) Setentrionais. c) Centro-Occidentais. d) Galego-Exteriores.

a

4.- As bisbarras de Lemos e A Limia son

a) Serras. b) Macizos. c) Depresións ou valgas. d) Cumes.

c

5.- Que ríos son os que verten fóra de Galiza?

a) Lérez e Mandeo. b) Umia e Ulla. c) Tambre e Eume. d) Navia e Limia.

d

6.- A extensión de Galiza en quilómetros cadrados é

a) 29.434 b) 347.723 c) 2.465 d) 1.443.873

a

7.- A poboación de Galiza chega a

a) Case 1 millón. b) Case 2 millóns. c) Case 3 millóns. d) Case 4 millóns.

c

8.- As nabizas e os seus gromos (os grelos) son parte dunha planta que tradicionalmente abondaba moito en Lugo

a) Leituga. b) Nabo. c) Repolo. d) Verza.

b

9.- As zonas costeiras están a ser masivamente repoboadas ultimamente con:

a) Eucalipto e piñeiro. b) Carballo e piñeiro. c) Carballo e castiñeiro. d) Buxo e salgueiro.

a

10.- É unha importante terra chá ou chaira

a) O Morrazo. b) O Faro de Chantada. c) A Terra Chá. d) O Barbanza

c

11.- O granito rosa é moi apreciado para a construción; a lousa para cubrir as casas. Os lugares onde se extraen son, respectivamente:

a) Santa Comba e Penouta. b) Rubiáns e Moeche. c) O Porriño e Valdeorras. d) As Pontes e Meirama.

c

12.- Durante a Segunda Grande Guerra Mundial saíu de Galiza moito mineral para fornecer a industria bélica. Trátase de

a) Volframio. b) Ferro. c) Chumbo. d) Pebidas de ouro do Sil.

a

13.- Se vas á pesca de altura poderás traer:

a) Sardiña, centola, ollomol, nécora. b) Pescada, bacallau, linguado, raia. c) Ostra, ameixa, mexillón, percebe. d) Catarros, vómitos, xurelos, gaivotas.

b

14.- Todas estas terras son ricas en viños menos unha. Cal é?

a) Verín. b) Sarria. c) O Salnés. d) Chantada.

b

15.- As rías atlánticas centrais (entre Ortegal e Fisterra) son, de Norte a Sur:

a) Ferrol, Ares, Betanzos, A Coruña. b) A Coruña, Ferrol, Betanzos, Ares. c) A Coruña, Betanzos, Ares, Ferrol. d) Ares, Ferrol, A Coruña, Betanzos.

a

16.- Un destes lugares non ten moito que ver coa aviación:

a) Rozas. b) Ourense. c) Alvedro. d) Peinador.

b

17.- Por unha destas catro vilas aínda non pasa o ferrocarril:

a) O Barco de Valdeorras. b) Redondela. c) Ribadeo. d) Carballo.

d

18.- As principais rías cantábricas son, de Nacente -leste- a Poñente -oeste-:

a) Ortigueira, Viveiro, Foz, Ribadeo. b) Ortigueira, Foz, Viveiro, Ribadeo. c) Ribadeo, Foz, Viveiro, Ortigueira. d) Foz, Viveiro, Ribadeo, Ortigueira.

c

19.- O cume máis alto de Galiza é Pena Trevinca con

a) 95 m. b) 2.095 m. c) 1.095 m. d) 3.095 m.

b

20.- A Capelada, preto de Cedeira é

a) Un macizo. b) Un val. c) Unha ría. d) Un acantilado.

d

 

III.-TEST CULTURAL 1.

PARA SABER A SOLUCIÓN MIRAR NO MAPA

1.- Une as catro rías con catro illas:

Noia, Pontevedra, Arousa, Vigo

San Simón, Onceta, Creba, Sálvora

Noia-Creba, Pontevedra-Onceta, Arousa-Sálvora, Vigo-San Simón

2.-Une as catro localidades con catro ríos:

Monforte, Lugo, Pontevedra, Xinzo

Miño, Limia, Lérez, Cabe

Monforte-Cabe, Lugo-Miño, Pontevedra-Lérez, Xinzo-Limia

3.-Une as personaxes cos séculos:

Manuel Antonio, Xelmírez, Sarmiento, Curros

XX, XIX, XVIII, XII

M. Antonio-XX, Xelmírez-XII, Sarmiento-XVIII, Curros-XIX

4.-Une as catro cidades con catro monumentos:

Lugo, Ourense, Santiago, Mondoñedo

A Ponte do Pasatempo, As Burgas, a muralla, Santo Domingo de Bonaval.

Lugo-muralla, Ourense-Burgas, Santiago-S.Domingo, Mondoñedo- a Ponte do..

5.- Castelao foi profesor de debuxo no instituto de :

a) Rianxo. b) Santiago. c) Pontevedra. d) Buenos Aires.

c

6.- O río máis cantado por Rosalía de Castro foi:

a) Sar. b) Miño. c) Sarela. d) Lérez.

 a

7.- Prisciliano foi:

a) Central do Dépor. b) Defensa do Hai que roelo. c) Bispo decapitado por herexe. d) Poeta portugués.

c

8.- O trasno é:

a) Un deus celta. b) Un rei galego. c)Un demo traste. d) O rei do entroido.

c

9.- Martín Códax foi:

a) Un antigo deus do viño. b)Un xograr galego. c) Un novelista do século pasado.d) Un bispo de Santiago.

b

10.- No ano 2001 as Letras Galegas foron dedicadas a un grande historiador:

a) Manuel Murguía. b)Eladio Rodríguez. c) Rosalía de Castro. d) Ramón Cabanillas.

b

11.- No ano 2002 as Letras Galegas son dedicadas ao primeiro grande estudoso da lingua galega:

a) Padre Sarmiento.b)Eladio Rodríguez. c) Rosalía de Castro. d) Ramón Cabanillas.

 a

12.- A Colexiata do Sar é famosa por

a) A inclinación das paredes. b) A fachada barroca. c) O altar románico. d) O campanario de bronce.

 a

13.- Carlos Maside é un coñecido:

a) Político. b) Novelista. c) Arquitecto. d) Pintor.

 d

14.- O mesón dos ermos é unha novela de:

a) Manuel Rivas. b) Blanco Amor. c) Vicente Risco. d) Otero Pedrayo.

d

15.- A Virxe do Cristal está en:

a) Vilanova dos Infantes. b) Vilanova de Lourenzá. c) Paredes de Coura. d) Vilafranca do Bierzo.

a

16.- Con pólvora e magnolias é un libro de:

a) Méndez Ferrín.b) Xavier Alcalá. c)Ramón Cabanillas. d) Agustín Fernández Paz.

 a

17.-Don García foi:

a) Un bispo de Santiago. b) O xefe dos irmandiños. c) Un rei de Galiza. d) O 1º bronce olímpico galego.

c

18.-Que é o lazo?

a) Arte de pesca de baleas. b) Lama. c) Xeo. d) Verdura.

c

19.- O cabo Silleiro está na entrada da ría de

a) Vigo.b) Ortigueira. c) Noia. d) Viveiro.

a

20.- Unha faísca é

a) Unha chispa pequena. b) Unha herba. c)Unha árbore. d) Unha bolboreta.

 a

21.- Que río pasa pola Pontenova?

a) Cabe. b) Eume. c) Sil. d) Eo.

d

22.- Nébeda é unha noveliña de:

a) Francisca Herrera. b) Galo Salinas. c) Francisco de la Iglesia. d) Marcial Valladares.

a

 

 
IV.- BOTA O INTRUSO.

PARA SABER A SOLUCIÓN MIRAR NA VIEIRA

Nas seguintes cuestións unha é incorrecta, sinala cal:

P. ex. O río Miño pasa por a) Lugo b) Ourense c) Vigo d)Tui. É incorrecta Vigo

c

1.- Desde todas se pode ver o mar, ou polo menos unha ría:

a) Vilagarcía. b) A Fonsagrada. c) Cambados. d) Foz.

b

2.- Todos eles escribiron novelas en galego:

a) Castelao. b) Otero Pedrayo. c) Manuel Murguía. d) Blanco Amor.

c

3.- Estes romanos mandaban as lexións que viñeron a Galiza:

a) Cicerón. b) Décimo Xunio Bruto. c) Xulio César. d) Octavio Augusto.

a

4.- Rianxo é sonado, entre outras cousas, por ser berce de excelentes escritores como:

a) Castelao. b) Manuel Antonio. c) Rafael Dieste. d) Álvaro Cunqueiro.

d

5.- Todos eles verten as súas augas no Atlántico:

a) Miño. b) Eo. c) Limia. d) Ulla.

b

6.- En todas hai catedral:

a) Pontevedra. b) Tui. c) Ourense. d) Mondoñedo.

a

7.- Foron excelentes poetas:

a) Vicente Risco. b) Amado Carballo. c) Rosalía de Castro. d) Noriega Varela.

a

8.- Os que foron a América trouxéronnos cousas que aquí non había:

a) Pataca. b) Millo. c) Uvas. d) Tabaco.

c

9.- Todos eles se dedicaron a estudar a historia de Galiza:

a) Manuel Murguía. b) Benito Vicetto. c) López Ferreiro. d) Lamas Carvajal.

d

10.- Estes nomes corresponden a illas:

a) Sálvora. b) Arousa. c) Umia. d) Ons.

c

11.- Escribiron boas obras de teatro en galego:

a) Álvaro Cunqueiro. b) Rosalía de Castro. c) Alfredo Brañas. d) Blanco Amor.

b

12.- Nos Peares xúntanse os ríos:

a) Sar. b) Miño. c) Sil. d) Búbal.

a

13.- En todas hai porto de mar :

a) Ferrol. b) Vigo. c) O Barco de Valdeorras. d) Marín.

c

14.- Todos viviron no século XIX:

a) Alfredo Brañas. b) O bispo Xelmírez. c) Eduardo Pondal d) Curros Enríquez.

 b

15.- En todas hai varias pontes grandes para atravesar o río ou ría:

a) Santiago. b) Lugo. c) Ourense. d) Pontevedra.

a

 

V.- TEST CULTURAL II

Indica cal das catro é a verdadeira:

PARA SABER A SOLUCIÓN MIRAR NO ESCUDO

1.- A capital da zona onde se produce o viño do Ribeiro é:

a) O Porriño. b) Ribas de Sil. c) Ribadavia. d) Monforte de Lemos.

c

2.- Antes de dominaren os visigodos a Galiza, os que dominaban o reino eran:

a) Os vándalos. b) Os suevos. c)Os viquingos. d) Os ligures.

b

3.- Unha das capitais da zona da Ribeira Sacra é:

a) Cambados. b) Chantada. c) Leiro. d) Betanzos.

b

4.- As pallozas son construcións moi antigas que aínda existen en:

a) Combarro. b) A Terra Chá. c) A Cabeza da Meda. d) O Cebreiro.

d

5.- O Camiño de Santiago francés pasa por:

a) Viana do Bolo b) Palas de Rei. c) Ponteareas. d) Ponteceso.

b

6.- Pedro Madruga foi:

a) Un poeta medieval. b) Un dos escultores do Pórtico da Gloria. c) Un nobre moi amigo de guerrear. d) Un novelista do XIX.

c

7.- Se pasamos por Oseira é obrigado visitar:

a) Os restos de S. Servando. b) O castelo medieval. c) O mosteiro. d) O museo de ósos de animais prehistóricos.

c

8.- O río Tambre verte as súas augas en:

a) O Atlántico na ría de Muros-Noia. b) O Cantábrico na ría de Viveiro. c) O Miño en Rábade. d) O Miño preto de Ribadavia.

a

9.- O cabo Ortegal non está demasiado lonxe de:

a) Cabo Silleiro. b) Cabo Fisterra. c) Cabo Touriñán. d) Cabo Estaca de Bares.

d

10.- O polbo preparouse tradicionalmente na Galiza:

a) Asado con pan de millo de Cea. b) Cocido na feira no caldeiro de cobre. c) Frito con perixel e allo. d) Guisado con patacas e pementos de Padrón.

bfoto

11.- A música do himno galego foi composta por:

a) Marcial de Adaliz. b) Pascual Veiga. c) Verdi. d) Xoán Montes.

b

12.- Cantas eran as capitais do Antigo Reino de Galiza?

a) Catro. b) Cinco. c) Seis. d) Sete.

d

13.- O nome do pintor Laxeiro é:

a) Xosé Otero Abeledo. b) Pedro Martínez López. c) Manuel González Simón. d) Martiño Ferro Fernández.

a

14.- O Castelo de San Antón está en:

a) Monforte de Lemos. b) Pambre. c) Castro Caldelas. d) A Coruña.

 d

15.- O río Cabe pasa por:

a) Carballo. b) Monforte de Lemos. c) Xinzo de Limia. d) O Carballiño.

 b

16.- O Día das Letras Galegas comezou a celebrarse en 1963, conmemorando o centenario da saída de:

a) Aires da miña terra. b) Cantares gallegos. c) Queixumes dos pinos. d) Follas novas.

b

17.- A Praza do Obradoiro está en:

a) A Coruña. b) Vigo. c) Santiago. d) Lugo.

 c

18.- Cando falamos do lendario río do esquecemento, referímonos a:

a) O Limia. b) O Sil. c) O Miño. d) O Ulla.

afoto

19.- A Ponte de Rande está:

a) Na ría de Betanzos. b) Na ría de Pontevedra. c) Na ría de Vigo. d) Na ría de Arousa.

c

20.- Roi Xordo foi un dos xefes militares na:

a) Guerra contra os franceses nos inicios do século XIX. b) Loita que acabou nos fusilamentos de Carral no século XIX. c) Guerra dos Saefes. d) Loitas dos Irmandiños.

d

21.- Cal destes lugares está moi relacionado coa extracción de ouro polos romanos en Galiza?:

a) Chantada. b) Montefurado. c) Pontevedra. d) Curtis.

b

22.- O Pico Sagro é un monte que se encontra próximo a:

a) Ourense. b) Betanzos. c) Santiago. d) Mondoñedo.

c

23.- Contan as lendas que o fillo de Breogán subiu a unha torre un día claro e viu a terra de Irlanda, á que logo iría cun grupo galegos. O seu nome era:

a) Breixo. b) Ith. c) Brais. d) Roi.

b

24.- Chámaselle a capital da arte rupestre galega a:

a) Sarria. b) Verín. c) Ordes. d) Campo Lameiro.

d

25.- As Burgas, fontes de auga quente, están en:

a) Ourense. b) Lugo. c) Vigo. d) Ferrol.

a

26.- Baixo o pseudónimo de Salvador Lorenzana está o coñecido escritor:

a) Ricardo Carvalho Calero. b) Xosé Luís Méndez Ferrín. c) Francisco Fernández del Riego. d) Ramón Otero Pedrayo.

c

27.- Quen lle puxo música a “Negra sombra” de Rosalía de Castro foi:

a) Marcial de Adaliz. b) Pascual Veiga. c) Verdi. d) Xoán Montes.

d

28.- Dirixiu a construción do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago e coñécese vulgarmente como o santo dos croques:

a) Xelmírez. b) O Mestre Mateo. c) Alonso de Fonseca. d) Macías o Namorado.

b

29.- O máis importante monumento defensivo romano está en:

a) Tui. b) Viveiro. c) Pontevedra. d) Lugo.

d

30.- O Estatuto de Galiza foi presentado ás Cortes republicanas no ano:

a) 1936. b) 1935. c) 1934. d) 1933.

a

31.- Castelao chamábase:

a) Alfonso Luís. b) Alfonso Daniel. c) Luís Alfonso. d) Daniel Alfonso.

b

32.- O río Lérez termina en:

a) Ortigueira. b) Padrón. c) Santa Uxía de Ribeira. d) Pontevedra.

d

33.- Manuel Colmeiro é un sonado:

a) Escultor. b) Arquitecto. c) Pintor. d) Músico.

c

34.- Manuel García “Buciños” tamén é un sonado:

a) Escultor. b) Arquitecto. c) Pintor. d) Músico.

a

35.- Faustino Santalices e Bal y Gay tamén son famosos no campo da:

a) Escultura. b) Arquitectura. c) Pintura. d) Música.

d

36.- A Santo André de Teixido vai de morto quen non foi de vivo. Onde se celebra esta romaría?

a) Cerca de Ortigueira. b) Cerca de Baiona. c) Cerca de Ribadeo. d) Cerca de Malpica.

a

37.- As Irmandades da Fala naceron:

a) Na segunda metade do S. XVIII. b) No último cuarto do s. XIX. c) No primeiro cuarto do s. XX. d) Na segunda metade do s. XX.

c

38.- En Pontevedra hai un monumento aos heroes de Pontesampaio, que loitaron contra:

a) Os franceses. b) Os romanos de Décimo Xunio Bruto. c) Os absolutistas de Fernando VII. d) Os carlistas.

a

39.- O Museo do Pobo Galego está en:

a) O castelo de San Antón, na Coruña. b) O Castro de Vigo. c) San Domingos de Bonaval, en Santiago. d) O castelo de Soutomaior, preto de Pontevedra.

c

40.- A letra do himno galego é da autoría de:

a) Celso Emilio Ferreiro. b) Ramón Cabanillas. c) Eduardo Pondal. d) Manuel Curros Enríquez.

c

41.- Alexandre Bóveda participou na redacción do Estatuto de Galiza, foi membro destacado do Partido Galeguista e era especialista en:

a) Xeografía e Historia. b) Economía e Facenda. c) Lingüística e Literatura. d) Pintura e Escultura.

b

42.- Os afiadores galegos percorreron o mundo coa súa roda, e a maioría eran orixinarios de:

a) A Coruña. b) Lugo. c) Ourense. d) Pontevedra.

c

43.- Os canteiros galegos construíron edificios en moitos lugares, e a maioría eran orixinarios de:

a) A Coruña. b) Lugo. c) Ourense. d) Pontevedra.

d

44.- A obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse foi estreada en:

a) Buenos Aires. b) Montevideo. c) Rianxo. d) Ourense.

a

45.- O río Ulla vai dar á ría de:

a) Noia. b) Viveiro. c) Arousa. d) Vigo.

c

46.- O día grande e de festa nacional para os galegos é:

a) O 6 de xaneiro. b) O 15 de agosto. c) O 25 de xullo. d) O 1 de maio.

c

47.- O Mariscal Pero Pardo de Cela viviu na época de:

a) O rei Afonso X “O Sabio” . b) Os reis Isabel e Fernando. c) O rei Afonso XII. d) O rei Pedro “O Xusticeiro”.

b

48.- Os restos de Rosalía de Castro están soterrados en:

a) A catedral de Santiago. b) O cemiterio de Iria Flavia. c) O Panteón de Galegos Ilustres en Santiago. d) A Casa-Museo de Padrón.

c

49.- San Mariño Pinario é famoso e moi bonito, está en:

a) A Estrada. b) Santiago. c) Lalín. d) Muros.

b

50.- Alvedro está cerca da Coruña e é coñecido por:

a) A industria naval. b) A central térmica. c) A presa de auga. d) O aeroporto.

d

51.- A raíña Lupa está relacionada con:

a) A lenda da translación do corpo do apóstolo Santiago. b) A invasión de Galiza polos romanos. c) As loitas contra os árabes. d) A fundación da cidade de Lugo.

a

52.- Alén de As cruces de pedra na Galiza, Castelao tamén fixo un estudio sobre os cruceiros de:

a) A Bretaña. b) A Escocia. c) Irlanda. d) Asturias.

a

53.- O crego ourensán Basilio Álvarez foi un dos líderes de:

a) O rexionalismo no século XIX. b) As Irmandades da Fala. c) O agrarismo na 1ª parte do século XX. d) A revista Nós.

c

54.- Cando nos contos populares se fala dos mouros, temos que pensar en:

a) Os trasnos. b) Os antepasados remotos que construíron os castros, as mámoas, etc. c) Os soldados de Almanzor. d) Xente coa pel escura.

b

55.- O río Miño pasa por Lugo, Ourense e Tui, e tamén por:

a) Verín. b) O Carballiño. c) Portomarín. d) Mondoñedo.

c

56.- A Estadea ten que ver con:

a) A Santa Compaña. b) A lenda de Hércules. c) O Camiño de Santiago. d) Os aquelarres das bruxas.

a

57.- En Samos viviu algún tempo Ramón Cabanillas. Este lugar é coñecido por:

a) A ponte romana. b) A igrexa de estilo árabe. c) O mosteiro. d) A excelente augardente.

c

58.- A vila de Cee está situada preto de:

a) Fisterra. b) Cariño. c) Mondariz. d) Pontedeume.

a

59.- Di a lenda que a torre da Coruña foi construída por:

a) Teucro. b) Hércules. c) O Urco. d) Leonardo da Vinci.

b

60.- Castelao morreu en:

a) Rianxo. b) Pontevedra. c) Bos Aires. d) A Habana.

c

61.-Para rematar, que nome leva a carne de vitela tan ben preparada nas feiras do sur de Lugo (Castro de Carballedo), en Ourene (A Peroxa) e Pontevedra (A Gouxa)?


CUESTIONARIO para demostrar o coñecemento da Lingua Galega (subido o 25-7-2013, Día de Galicia)

(premer enriba da opción)

1. Sinale o significado correcto de nocello:

2. Sinale o significado correcto de fachenda:

3. Sinale a serie correcta:

4. Sinale o enunciado correcto:

5. Sinale a serie correcta:

6. Sinale a serie correcta:

7. Sinale o enunciado correcto:

8. Sinale o enunciado correcto:

9. 3ª persoa de singular do presente de indicativo de servir, subir, tusir, pedir. Sinale a serie correcta:

10. Sinale o enunciado que conteña un pronome persoal de solidariedade:

11. Sinale o significado correcto de orzamento:

12. Sinale o enunciado correcto:

13. Sinale a serie correcta:

14. Sinale o enunciado correcto:

15. Sinale a serie correcta:


2005-2017
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.