LINGUA GALEGA E LITERATURA: PREPARACIÓN PARA A SELECTIVIDADE. Curso 2015-2016 e anteriores

Parte 1 (ir a parte 2)


Vitoria Ogando Valcárcel & Anxo González Guerra, Catedráticos de IES 
www.ogalego.eu // ogalego@galicia.com


Exames de selectividade: 2010 // 2011 // 2012 // 2013 // 2014 // 2015 // 2016 // Exame modelo


1.- Exame de selectividade (estrutura) 
2.- Teoría.

3.- Sociolingüística
4.- Literatura

5.- Exames de selectividade




EXAME DE SELECTIVIDADE: CURSO 2015-2016

I. Competencia comunicativa. 5 puntos
a) Comprensión textual. 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)
b) Produción textual. 3 puntos (1 pregunta)

II. Contidos específicos da materia.  5 puntos
c) Lingua e gramática. 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)
d) Sociolingüística. 1 punto (1 pregunta)
e) Literatura. 2 puntos (1 pregunta)

I. Consideracións relativas á parte de competencia comunicativa.

Trátase de avaliar a competencia comunicativa do/a alumno/a, na súa dupla dimensión de comprensión e produción de textos. Consonte o determinado polas propias directrices do DCB da materia, é “obxectivo fundamental” dela “a adquisición e mellora da competencia comunicativa, entendida esta como unha competencia ampla que lle debe reportar ao alumnado a capacidade para usar a lingua (tanto no nivel produtivo coma receptivo e interaccional) nas diversas esferas da actividade social e individual”.

a)Comprensión textual (p. 1 e 2). Formularanse dúas cuestións breves —cunha valoración de 1 punto cada unha— sobre algún aspecto de interpretación e análise do texto proposto, na liña das que a continuación se indican a modo de exemplo:

• Resumo breve do texto ou dunha parte del.
• Estrutura do texto.
• Ideas principais e secundarias.
• Intencionalidade do texto. O alumado deberá comprender o sentido real do texto, máis alá da súa literalidade, percibindo recursos como, por exemplo, a ironía, as implicaturas, presuposicións...
• Opinión do autor sobre algún aspecto que se indique. Tamén aquí o alumnado deberá comprender o sentido real do texto, máis alá da súa literalidade.
• Significado concreto no texto dalgunhas palabras ou expresións contidas nel.

b) Produción textual (p. 3). Pediráselle ao alumno/a que constrúa un texto persoal cunha extensión aproximada de 200-250 palabras sobre un tema proposto, relacionado dalgún xeito co contido do texto do exame. Nesta pregunta valorarase a capacidade para producir un texto que sexa informativo, coherente, ben estruturado e adecuado á situación comunicativa. A cualificación da pregunta (3 puntos) desagregarase en tres tramos de 1 punto cada un, do seguinte xeito:

1) Construción textual: 1 punto. Valorarase:

2) Adecuación léxico-gramatical: 1 punto. Valorarase:

3) Corrección ortográfica e gramatical: 1 punto. Valorarase:

A elaboración de textos cunha extensión manifestamente menor á solicitada, ao extremo de dificultar a axeitada avaliación da tarefa, suporá unha diminución proporcional da valoración global da pregunta.

II. Consideracións relativas á parte de contidos específicos da materia

c) Lingua e gramática (p. 4 e 5). Formularanse dúas preguntas breves sobre contidos de:

As preguntas gramaticais poderán conter algunha cuestión de gramática comprensiva, como xa aconteceu en exames anteriores (vid. tamén o modelo de exame e os criterios de corrección dese exame modelo incluídos nesta mesma páxina). Nelas comprobarase a capacidade do alumnado para explicar as diferenzas no uso dunhas ou outras construcións gramaticais. Como vén sendo habitual, na resposta a estas preguntas poderá empregarse calquera das terminoloxías lingüísticas existentes, sempre que se faga de maneira coherente.

d) Sociolingüística (p. 6). Formularanse dúas preguntas (das que o/a alumno/a deberá responder só unha) que versarán sobre os contidos que figuran no DCB baixo a epígrafe “A sociolingüística”. As posibles preguntas, que corresponden literalmente co enunciado dos temas tal e como figuran neste documento, son:

  1. As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
  2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.
  3. Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.
  4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
  5. O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
  6. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

Agárdase do alumnado unha resposta concisa e asemade completa, acorde coa puntuación que se lle concede á pregunta e co tempo do que se dispón para o exame. Sería desexable unha extensión aproximada dunhas 200 ou 250 palabras.

Ao se tratar dunha extensión breve para unha pregunta deste tipo, valorarase a capacidade para seleccionar e presentar a información máis relevante sobre o tema escollido, así como para evitar divagacións e xeneralidades.

e) Literatura (p. 7). Formularanse dúas preguntas (das que o/a alumno/a deberá responder só unha) que versarán sobre os contidos que figuran no DCB baixo a epígrafe “A literatura”. A pregunta será necesariamente unha das seguintes:

  1. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
  2. A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.
  3. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).
  4. O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.
  5. A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36,a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
  6. A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).
  7. A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.
  8. O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
  9. A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.
  10. A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.
  11. A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.
  12. O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.

Non se considerarán correctas as respostas que consistan nunha mera listaxe de autores e obras. Valorarase o tratamento, no tema escollido, dos seguintes elementos:

Como extensión orientativa podemos establecer unhas 400 palabras, aproximadamente. Cómpre non obstante ter en conta que neste caso a extensión pode ser moi variable dependendo de que o alumnado opte por unha redacción máis desenvolvida ou máis esquemática.

Observacións comúns para as preguntas 6 e 7:
1) Nestas dúas preguntas ofreceranse dúas posibilidades para que o alumnado realice unicamente unha delas. Estas dúas posibilidades serán as mesmas nas Opcións A e B do exame. Deste xeito poderá escollerse unha ou outra opción sen que inflúan as preferencias nas preguntas de sociolingüística e de literatura.
2) A pesar de que as preguntas 6 e 7 serán formuladas sobre un repertorio pechado e previamente establecido, valorarase a elaboración dun texto persoal, e non dunha reprodución puramente memorística.

Consideracións relativas á corrección lingüística.

De igual maneira que se veu facendo nestes anos pasados, valorarase a corrección lingüística do exame. Os erros poderán descontar até un máximo de 2 puntos sobre a cualificación global. O cálculo levarase a cabo segundo a seguinte clasificación:

Estas penalizacións non se aplicarán sobre a pregunta 3 xa que, tal como se indicou, na propia valoración da pregunta está incluída a avaliación da corrección lingüística do texto producido.



I.- ALFABETO

GRAFEMA: representación escrita dun fonema
1.- Os nomes das letras teñen xénero masculino: o gue, o que, o xe, o zeta...
Os dígrafos representan un único son: o che, gue u, o elle, ene hache, o que u,  o erre dobre.

2.- k, w, j, y, ç(ka, uve dobre, iota, y grego, cedilla) só se usan en palabras tomadas doutros idiomas: kantiano, byroniano, wagneriano, Jefferson, Eça de Quiroz
Obsérvesequiloquilómetroquilovatio. (Abreviaturas con k)

3.- Exemplos de uso do hHelena, Henrique, Heladio, hendecasílabo, hedra, hipocrisía, harmonía (compostos e derivados dos anteriores)
Mais: arpaorfo, oso, oco, irmán, inchar, ermida, ombreiro, baía, aí.

4.- Exemplos de uso do v/b
baleiro, orballo, bolboreta, móbil, marabilla. pobo, goberno...(compostos e derivados dos anteriores)
avó, avogado, voda, varrer, vasoira, ouvear, esvarar, pavillón, gravar, gravata,  vulto, verniz, verza, covarde, esvelto, voitre

5.- nh representa unha consoante nasal velar. Debe manterse unida no final de liña.

6.- g+a,o,u   gu+i,e (gü)      Para a representar a gheada: gh

7.- Uso do X: exame, extensión, léxico, téxtil, tórax...
Obsérveseescavadora, estender (extensión), estrañar, estraño, estranxeiro, esaxeración, esaxerar, esixir, esixente. (oxíxeno)



II.-ACENTO ORTOGRÁFICO

1.- Agudas (oxítonas). Ex. : chofer, chinés
Acentúanse as polisílabas rematadas  en -vogal (+n,s,ns)
Mais non levan acento gráfico: 
a) Monosílabosleis, el, ti
b) As rematadas en ditongo decrecente (+n,s)papeis, colleu, amei, tomou, pediu, azuis
c) As rematadas noutra consoante que non sexa -n ou -scantar, nariz, arroz.

2.- Graves (Paroxítonas). Ex. : atmosfera, biosfera, heroe 
Levan acento gráfico cando rematan en consoante diferente de  n, s, ou en grupos consonánticos  distintos de -ns: álbum, móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan as que  teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis).
Polo tanto: cantan, cantas, lapis, canons, colons, dolmens.

3.- Esdrúxulas (Proparoxítonas).
Todas levan acento gráfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.

4.- i, u en hiato.
Independentemente das regras anteriores, levan acento gráfico as vogais i, u tónicas cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ámbalas vogais non forman ditongo:aínda, baúl, caída,  egoísmo, miúdo, raíña, raíz, ruído, saía, súa, traía, túa, xuízo... (mais: prohibo)

5.- Estranxeirismos e latinismos: seguen as normas anteriores.

6.- Acentos diacríticos
á/a    ás/as    bóla/ bola   cá/ca   cás/cas   chá/cha   chás/chas    có/co   cós/cos   cómpre/compre   cómpren/compren   dá/da      dás/das    dó/do     é/e    fóra/fora    má/ma   más/mas    máis/mais   nó/no   nós/nos   ó (ao)/o  ós(aos)/os    óso/oso   pé/pe   póla/pola    pór/por    présa/presa   sé/se    só/so     té/te   vén/ven      vés/ves    vós/vos

7.- Observacións.
7.1.- As maiúsculas levan acento gráfico.
7.2.- Non o levan os adverbios acabados en -mente, os demostrativos, o numeral uno pronome el.
7.3.- Tampouco os interrogativos e exclamativosComo lle vai? Onde estás?. Só se acentúan para evitar anfiboloxías: dille que queres, dille qué queres
7.4.- O pronome posposto ao verbo conta como unha sílaba máis, pero mantense o acento diacríticocóntallo, éme igual, dálle.


III.- COMA

1.- Separa os elementos dunha enumeración cando non os une unha conxunción.
2.- Úsase despois dunha subordinada, cando precede á principal.
3.- Úsase para separar os vocativos, aposicións...
4.- Úsase coas locucións adverbiais: pois, é dicir, en fin, finalmente...
5.- Úsase coas conxuncións adversativas cando introducen oracións curtas. 
6.- Úsase nas oracións adxectivas-explicativas, etc.
Non se separan os elementos da oración con comas (suxeito-verbo...). A coma non pode iniciar unha liña.


IV.- PUNTO E COMA

1.- Utilízase en oracións longas cando xa se usou coma e se precisa unha pausa.
2.- Utilízase en oracións longas cando hai unha conxunción adversativa.
O punto e coma ten pouco uso en galego.


V.- GUIÓN 

1.- Úsase para partir unha palabra ao final da liña, coas segundas formas do artigo e en certas palabras compostasce-/rra-/llei-/ro, ma-/cha-/da, co-/rrom-/per, al-/gu-/nha.
2.- Escríbense con guión as palabras nas que o 1º elemento é non (non-fumadores, non-aliñados), asociacións ocasionais (dicionario alemán-galego, maníaco-depresivo), palabras complexas (nor-nordeste) ou estranxeirismos (streap-tease, foie -grás).
Maisgarda civil (gardas civís), moble bar (mobles bar), sofá cama (sofás cama), porco bravo (porcos bravos), cartafol (cartafoles), sapoconcho (sapoconchos), xordomudo, vagalume, malhumor, lusquefusque, cabodano...


VI.-  DIÉRESE

1.- güe, güi para indicar que se pronuncia o uungüento, antigüidade, lingüista.
2.- Co i na 1ª e 2ª persoas do plural do imperfecto de indicativo/copretérito dos verbos acabados en -aer, -oer, -oir, -uir: caïamos, doïades, moïamos, saïades, constituïamos, destituïades.


VII. USO DAS MAIÚSCULAS

1.- Comezo de escrito, despois de punto.
2.- Nomes propios e alcumes.
3.- Formas abreviadas de tratamento: Dra., Vde.
4.- Na 1ª palabra do título dunha obra: Follas novas (xornais e revistas en todas: A Nosa Terra).
5.- Nos substantivos e adxectivos dos nomes de institucións e empresas: Xunta de Galicia, Adega Cooperativa.
6.- As siglas escríbense con maiúsculas: ONU, TVG.


VIII.- SIGNOS DE INTERROGACIÓN E ADMIRACIÓN

Colócanse só ao final do enunciado (? !). Ao inicio só excepcionalmente.

(EXERCICIOS SOBRE ORTOGRAFÍA en ogalego.eu)


IX.- SUBSTANTIVO (e adxectivo)

Formalexema (significado básico) + morfemas (xénero e número). Significadocomún/propio e concreto/abstracto.

1.- XÉNERO

    1.1.- Substantivos nos que o cambio de xénero non se refire ao sexo:
1.1.1.- Tamañopipo, rato, barco, vasoiro.
1.1.2.- Feminino colectivomadeiro, gran, ovo.
1.1.3.- Semanticamente diferentesporto, corte, cura
    1.2.- Xénero mal usado por influencia do castelán:
1.2.1.-Masculinos: berce, cal, cárcere, costume, couce, cume, cuspe, dote, fel, labor, leite, lume, mel, nariz, riso, sal, sangue, sinal, sorriso, ubre, legume, nomes de letra.
1.2.2.-Femininos:
cor, dor, orde, orixe, ponte, testemuña, suor, marxe.
- Palabras acabadas en -axe, menos paxe, traxe, garaxe, personaxe.
- Palabras acabadas en -se (=sis), -ite (=itis): análise, farinxite, peritonite.
- As que comezan por á tónico non mudan de artigo: a arte
OBSERVACIÓN: as árbores froiteiras teñen o mesmo xénero que a froita, agás castiñeiro e figueira.
   1.3.- Formación do feminino.
O feminino fórmase comunmente co morfema -a, que se une directamente ao masculino (deus, rapaz, avó, só, cru, chinés, burgués) ou substitúe a vogal final da forma masculina (sobriño, presidente). Mais:
1.3.1. Nomes rematados en -n:
1.3.1.1.- -án/-áaldeán, artesán,  chan, cidadán, cristián, curmán,  irmán, pagán, san, alemán, catalán, afgán
1.3.1.2.- -án/-ana: despectivos: folgazán, charlatán ....
1.3.1.3.- -ón/-oaladrón (ladra), león, patrón, campión. Nos aumentativos e despectivos  -ona: cabezón, abusón, faltón. 
1.3.1.4.- -in/-inabailarín (ruín é invariable)
1.3.2. Sufixos especiaisbarón, duque, abade, poeta, rapaz, galo, actor, emperador, rei, heroe, xudeu, sacerdote, tsar. 
1.3.3. Palabras diferentes (heterónimos)mao, bo, cabalo, xenro, castrón, can, home, macho, frade, padriño, pai, marido, padrasto, compadre, príncipe.
1.3.4. Non hai formas para o feminino:
Úsase o artigo: intérprete, estudante. Úsase macho/femia para animais: sapo, pardal, paspallás.

2.-  PLURAL.

2.1.- As palabras rematadas en vogal, ditongo: engaden slei, i, u, bambú, custo, bocoi.
2.2.- As palabras rematadas en -r e -z: engaden esmar, vez, luz.
2.3.- As palabras rematadas en -s e x (ks): 
2.3.1.- As agudas: +esdeus, compás... Maisluns, fax, lux, unisex son invariables.
2.3.2.- As graves e esdrúxulas son invariables: choromicas, lapis, martes, oasis, télex, tórax.
2.4.- As palabras rematadas en -n: engaden scan
2.5.- As palabras rematadas en -l:
-Monosílabos+espel, fel, mel, mil, cal, tal, val, xel, ril, sol...
-Polisílabos agudospor ismandil, fusil, cadril, bemol, anel, aval, control... Mais: eles, aqueles.
-Polisílabos graves+esfácil, símil, áxil, túnel, cónsul...
Mais -bel: -beis (amábeis)
2.6.- Os estranxeirismos e cultismos. A maioría engaden sclub, coñac, tic, lord, test. Algúns engaden -eshúsar, dólar
2.6.- Só se usan en plural: andas, nupcias, exequias, tesoiras.
2.7.- Teñen distinto significado en singular e plural: miolo, aire, lente, auga.
2.8.- Palabras compostas (Vid. o uso do guión): vacaloura, sapoconcho, vagalume, ollomol/es,cartafol/es...


X.- COMPARATIVO E SUPERLATIVO (adxectivos)

1.- Grao positivo: o significado non está modificado.

2.- Grao comparativo:
2.1.- De igualdadetan.. coma/como  / igual... ca/que/do que
2.2.- De superioridademáis...  ca/que/do que
2.3.- De inferioridademenos...  ca/que/do que
bo/mellor, mao-malo/peor, grande/maior-meirande, pequeno/menor

ca e coma son obrigatorios ante un 2º termo da comparación pronome persoalCa non contrae co artigo ca o (ou pode contraer )
como e do que son obrigatorios ante un 2º termo da comparación verbo.

3.- Grao superlativo:
3.1.- Relativo: o/a máis-menos... de-entre..
3.2.- Absoluto-ísimoaltísimo, grandísimoMais: antiquísimo, fidelísimo, nobilísimo, amabilísimo, celebérrimo, misérrimo, paupérrimo, pulquérrimo.
-Tamén: máximo, mínimo, óptimo, pésimo, supremo, ínfimo.
-Moi, bastante, ben, abondo... + adxectivo.
-Os prefixos derivativos hiper, ultra, re, súper...
-A repetición do adxectivo. Frases feitas.

(EXERCICIOS SOBRE SUBSTANTIVO E ADXECTIVO ogalego.eu)


XI.- ARTIGO


Artigo (determinado) : o, a, os, as               (El Rei, El Señor)
As segundas formas lo, la, los, las úsanse con por e upolo, u-lo libro?
Todos os ou tódolosambas as ou ámbalas.

Un, unha, uns, unhasartigo indeterminado?

Contraccións:
Por e tras contraen co artigo: polo, tralo, pola, trala...

 

o

a

Os

as

un

unha

uns

unhas

a

ao (ó)

á

aos (ós)

ás

con

cun

cunha

cuns

cunhas

con

co

coa

cos

coas

de

dun

dunha

duns

dunhas

de

do

da

dos

das

en

nun

nunha

nuns

nunhas

en

no

na

nos

nas

 

 

 

 

 

  Exemplos: veño da Coruña, vou ao Carballiño, saímos antes de os galos cantaren, quéreme máis a min ca a ti, caeulle máis auga á nosa ca á delas.

(EXERCICIOS SOBRE O ARTIGO en ogalego.eu)


XII.- PRONOME PERSOAL

1.- Formas Tónicas:

 

Singular

Plural

1ª persoa

eu

nós / nosoutros, -as

2ª persoa

ti

vós /vosoutros, -as

3ª persoa

el, ela

eles, elas

En réxime de preposición: 1ª min, Reflexivo: si
Prepcon: comigo, contigo, connosco, convosco, consigo
Cortesía: vostede, vostedes (esixen o verbo en 3ª persoa)

el

ela

eles

elas

de

del

dela

deles

delas

en

nel

nela

neles

nelas

2.- Formas Átonas:    

 

Singular

Plural

1ª persoa

me

nos

2ª persoa

te (comple. directo) 
che (comple. indirecto e solidar.)

vos

3ª persoa

o, a/lo, la/no, na (comp. directo)
lle (comp.indirecto e solidar.)

os, as/los, las/nos,nas  (com. dir.)
lles (compl. indirecto e solidar)

-Reflexivo 3ª persoa : se     Cortesía: 3ª persoa
-O -s final da 1ª de plural dos verbos pérdese ante o pron. persoal nos: perdémonos, esquecérmonos
-Solidariedade: che: atuando a 1. vos: atuando a varios. lle: de vostede a 1. lles: de 
vostede  a varios.

3.- Contraccións:

o

a

os

as

me

mo

ma

Mos

mas

che

cho

cha

chos

chas

lle

llo

lla

Llos

llas

nos

nolo

nola

nolos

Nolas

vos

volo

vola

volos

volas

lles

llelo

llela

llelos

llelas

 

 

 

 

4.- Valores de SE (me, te, se, nos, vos, se). Resume.
- Reflexivo: é complemento directo. A acción que realiza o suxeito recae sobre el mesmo. O can lámbese. Pode ser nalgún caso complemento indirecto: preguntouse a razón diso.
- Recíproco: con suxeito múltiple. A acción que realiza cada un recae sobre os demais. Antón e Helena quérense. Irea e Sara mándanse WhatsApp.
- Compoñente verbal: en verbos que esixen o pronome, forma parte do verbo. Raquel queixouse da cabeza.
- Na pasiva reflexa, impersoal. Aínda non se recolleu o millo.
(Atención: se no exame de selectividade aparece a pregunta de analizar valores de SE, lémbrese que pode ser nexo condicional –conxunción- ou pronome persoal átono. Indíquese sempre isto. Se ademais se sabe o anterior tamén se sinala. Na maioría dos casos este pronome átono é CD)

5.- Colocación do pronome átono na frase:
1.- En oracións subordinadas: antes do verbo
2.- Non subordinadas: despois do verbo. EXCEPTO (vai antes):
2.1.- Oracións desiderativas e enfáticas. Para salientar a palabra que precede ao verbo.
2.2.- Oracións introducidas por partícula interrogativa/exclamativa.
2.3.- Se ao verbo precede un negativo
2.4.- "     "       "    : alguén, todos, calquera....
2.5.- "     "       "    : case, ata, disque, eis, mesmo, seica, velaí, aínda, axiña, sempre, só, tamén, ben, cedo, tarde, mal, moito,talvez, quizais, .....
3.- Cos infinitivos: se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome vai despois. No resto dos casos pode ir antes ou despois, mesmo se pode intercalar entre o inf. e unha preposición/conxunción que o rexe.
4.- Cos xerundios: se é núcleo verbal, o pronome vai despois; no resto dos casos antes ou despois.

4.- Orde de colocación dos pronomes: Primeiro vai se, logo o pron. de solidariedade, logo o complemento indirecto e finalmente o complemento directo.

(EXERCICIOS SOBRE O PRONOME PERSOAL en ogalego.eu)


XIII.- POSESIVO

masculino

feminino

masculino

feminino

meu

miña

meus

miñas

teu

túa

teus

túas

seu

súa

seus

súas

noso

nosa

nosos

nosas

voso

vosa

vosos

vosas

seu

Súa

seus

súas

singular

singular

plural

plural

  Existe un posesivo de respecto mi que acompaña a madre, padre, tío, señor, amo... 

Observacións:
1.- É obrigatorio o uso de artigo ante adxectivo posesivo (excepto nos vocativos). Cos nomes de parentesco é optativo.
2.- Os de 3ª persoa acompañados de numerais poden indicar cantidade aproximada ou ponderación; xa ten os seus 20 anos / valerá as súas boas pesetas.
3.- De meu, de noso, de teu, de voso, de seupropiedade exclusiva ou por siteño casa de meu/ a casa caeu de seu.
4.- Os meus, os teus....a familia
5.- Das miñas, das túas...falcatruadas, trasnadas, tarefasxa anda a facer das súas / xa che pasei as miñas.
6.- Cadanseu, súa, seus, súassentido distributivo, algo para cada un.
7.- Posesivo= de+pron. persoaldiante miña, túa, súa....
8.- O posesivo pode indicar algo habitualxa volveron ao seu

(EXERCICIOS SOBRE O POSESIVO en ogalego.eu)


XIV.-DEMOSTRATIVO

 
singular
singular
singular
plural
plural
plural

masculino

este

ese

aquel

estes

eses

aqueles

feminino

esta

esa

aquela

estas

esas

aquelas

 

isto

iso

aquilo

 --

-- 

-- 

1.- Estoutro, a, os, as, esoutro, a, os, as, aqueloutro, a, os, as: úsanse en correlación cun simple sinalando a 2ª cousa dunha serie de 2.
2.- O demostrativo contrae coas preposicións de, endeste, naquel, niso, daqueloutra, nestoutro...
3.- Aquel (substantivo): motivo, aspecto, aparencia.
2.- Aquela (substantivo): coidado, agarimo, interese, desgraza.
3.- Daquela (adverbio): naquel tempo, entón.
4.- Nisto, con estas, nestasde repente, nese momento

(EXERCICIOS SOBRE O DEMOSTRATIVO en ogalego.eu)


XV.- VERBO

1.- Uso do infinitivo persoal/conxugado/flexionado.

Unha das características do galego-portugués é a de posuír un infinitivo flexionado que é portador dun morfema de persoa. 
1.1.- Debe usarse:
1.1.1.- Sempre que o infinitivo vaia introducido por unha preposición (e non forma parte de perífrase verbal).
1.1.2.- Cando o infinitivo ten un suxeito propio, diferente do do verbo principal.
1.2.- Non pode usarse:
1.2.1.- Cando ten o mesmo suxeito que o verbo antecedente do que depende ou nas perífrases verbais.
1.2.2.- Cando non ten un suxeito determinado nin posibilidades de repoñelo.
1.2.3.- Cando un complemento átono do outro verbo fai de suxeito do infinitivo: gústanos gañar

2.- Valor dos tempos e modos.

2.1.- O MODO: Expresa a actitude do falante con relación á acción verbal.
Indicativo: feito real, obxectivo.
Subxuntivo: feito como posible, como desexo ou mandado atenuado; tamén dúbida, emoción, temor, etc.
Imperativo: feito como mandado atenuado ou orde.
2.2.- O TEMPO: o tempo é expresado tamén polos adverbios...
2.2.1.- Presente de Indicativo. Coincidencia co momento actual.
Presente habitual: acción frecuente.
Presente histórico ou narrativo: sucesos do pasado.
Presente intemporal: verdades permanentes.
Presente prospectivo: certeza no futuro.
Presente imperativo: mandado atenuado.
2.2.2.- Copretérito (pret. imperfecto) de indicativo. Coincidencia cun momento do pasado (un adverbio ou outro verbo).
Copretérito narrativo: nos contos, historias...
Copretérito. de cortesía.
Copretérito con valor de futuro (desde o pasado).
2.2.3.- Pretérito (p. perfecto). Un feito pasado máis ou menos afastado (non precisa referente).
- Valor imperativo.
Pretérito de futuro: acción futura que se realizará axiña.
2.2.4.- Antepretérito (pretérito pluscuamperfecto). Un feito pasado con relación a outro tamén pasado -non con respecto ao momento actual-.
2.2.5.- Futuro de Indicativo. Feito que aínda non sucedeu no momento actual.
Incerteza, posibilidade.
Obrigatoriedade.
Cortesía. 
2.2.6.- Pospretérito (Condicional / futuro hipotético). Feito futuro con relación a un tempo pasado.
Incerteza na pasado.
Cortesía.
2.2.7.- Presente de Subxuntivo. Coincidencia co momento actual ou co futuro.
2.2.8.- Pretérito (imperfecto) de subxuntivo. Tempo pasado, presente (feito irreal) ou futuro (referente ao pasado)
N.B. As formas -ra son antepretérito e as formas -se, pretérito de subxuntivo (mais -ra tamén pode ser subxuntivo)
2.2.9.- Futuro de subxuntivo -pouco usado-. Unha acción futura que é posible que se realice.

2.3.- AS FORMAS NOMINAIS. Non expresan tempo nin modo.
2.3.1.- O Infinitivo (=substantivo). Expresa a acción verbal en potencia, sen ter en conta se se está a realizar ou non.
2.3.2.- O xerundio (=adverbio). Modifica adverbialmente o verbo principal expresando unha circunstancia a el referida. A acción está vista na súa realización.
Precedido de en: acción sucedida inmediatamente antes que a do verbo principal.
2.3.3.- O participio (=adxectivo). Pode funcionar como un adxectivo perdendo case o seu sentido verbal ou como núcleo (case sempre seguido dun substantivo suxeito)

      (VERBOS REGULARES E IRREGULARES CONXUGADOS)     

         
PERÍFRASES VERBAIS/COMPLEXOS VERBAIS/FORMAS PERIFRÁSTICAS

 Verbo auxiliar +(partícula) Verbo auxiliado
en forma persoal en forma impersoal: infinitivo/xerundio/participio
perdeu o significado propio conserva o significado propio
achega: persoa, tempo, aspecto...  

A perífrase compórtase como unha unidade formal e non como dous verbos (vou saír agora. Preguntamos cando vas saír? non cando vas?)

PRINCIPAIS PERÍFRASES

1.- Temporaisfuturidade, inmediatez.
*IR + INFINITIVO: movemento, futuro. Vai chover hoxe. Vou ir de vacacións este Nadal
*HABER (DE) + INFINITIVO: futuro. Han de chegar .
*ESTAR A/PARA + INFINITIVO: futuro inmediato. Olla, está para chover.
*ANDAR PARA + INFINITIVO: futuro inmediato. María anda para ter un neno.

2.- Modaisobriga ou hipótese/probabilidade.
*HABER (DE) + INFINITIVO: hipótese. Ha (de) andar por oitenta pesos.
En pretérito : acción a piques de se realizar(ou imperfectiva). Tropezou e houbo caer.
*HABER QUE + INFINITIVO: obriga. Hai que ser educados e saber comportarse.
*TER QUE/DE + INFINITIVO: obriga. Síntoo, mais teñen que marchar axiña.
*DEBER (DE) + INFINITIVO: obriga ou hipótese. Para aprobaren deben tirar un 5. Aquí debe vivir un gaiteiro.
*PODER + INFINITIVO: hipótese. Podo facer un exame sorpresa en calquera momento.

3.- Aspectuais(os tempos non expresan o aspecto):
a) Imperfectivas: acción na súa duración, desenvolvéndose.
*ESTAR + XERUNDIO (=A+INF). Está a chover. Estaba cantando.
*ANDAR + XERUNDIO (=A+INF): movemento continuado, prolongado. Anda a preparar oposicións.
*LEVAR + XERUNDIO (=A+INF): incide sobre o inicio. Leva chovendo un mes.
*SEGUIR + XERUNDIO (=A+INF): continúa un proceso anterior. O Teucro segue a xogar ben.
*IR + XERUNDIO: progresivo. A cousa vai indo a mellor
*VIR + XERUNDIO: segue o anterior. E ti de quen vés sendo?
b) Perfectivas: acción acabada, proceso concluído.
*ACABAR DE + INFINITIVO. Cando acabedes de charlar, poñédevos a estudar.
*VIR DE + INFINITIVO: Fin dun movemento. Veñen de cantar en París.
*DEIXAR DE + INFINITIVO. Cando deixe de chover, sairemos dar unha volta.
*DAR + PARTICIPIO en interrogativas e negativas: non se consegue rematar o proceso iniciado. Eu non dou chapado todo ese librote. ¿Deches sabido onde vive?
*LEVAR + PARTICIPIO: matiz reiterativo. Eu lévovos sufrido moito nesta vida, meus fillos.
*TER + PARTICIPIO: matiz reiterativo: non substitúe perfectamente o pretérito perfecto castelán. Xa che teño dito que non quero probar o tabaco.
Tamén se poden considerar terminativas (fin dun proceso):
*CHEGAR A + INFINITIVO. Nunca chegou a se saber quen foran os asasinos.
*ACABAR POR + INFINITIVOOs criminais acabaron por se entregar.
*VIR A + INFINITIVOE así foi como veu a saberse quen fora o autor da trasnada.
c) Reiterativas: acción que se repite.
*VOLVER (A) + INFINITIVO. Se volves (a) tusir, estragarás o concerto.
*TORNAR (A) + INFINITIVO. Foi recompensado por tornar (a) facer saídas difíciles.
d) Incoativas: proceso no seu inicio.
*BOTARSE A + INFINITIVO. Cando se botou a chover, fuximos a fume de carozo
*POÑERSE/PÓRSE A + INFI. Púxose a cantar unha pandeirada no medio do paraninfo.
*ROMPER A + INFINITIVO. Ponlle un dente de allo cando rompa a ferver.
*DAR EN + INFINITIVO. Era marabilloso, ata que deu en pincharse.
*EMPEZAR A + INFINITIVO. Tápalle a boca, xa empeza a berrar.
*COMEZAR A + INFINITIVO. Xa comezo a aborrecerme con tanta perífrase.

4) Pasivas:
*SER + PARTICIPIO. Por fin, xa foron explicadas as máis importantes, que non todas.

(Para ver as perífrases ordenadas doutro xeito)

(EXERCICIOS SOBRE O VERBO en ogalego.eu)


XVI.-CUANTIFICADORES E IDENTIFICADORES

1.- Cuantificadores.
Algún (algunha, algúns, algunhas), alguén, algo, ningún (ningunha, ningúns, ningunhas), ninguén, nada, un (unha, uns, unhas) varios/as, pouco (...), bastante/s, abondo (...), moito (...), ben, demasiado (...), máis, menos, tanto (...), todo (...), cada, ambos/as, entrambos/as.

2.- Identificadores.
Outro (...), calquera, quenquera, tal/es, mesmo (...), propio (...), certo (...) determinado (...).
Algún e outro contraen coas preposicións de, enAlgo e alguén non contraen.


XVII.- RELATIVO, INTERROGATIVO E EXCLAMATIVO


que, quen (invariables)
cal, cales
canto, a, os, as
cuxo, a, os, as
Ser quen a/de: ser capaz de.


XVIII.- NUMERAL

1.- Cardinais.
Cero, un/unha, dous/dúas, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece, catorce, quince, dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, vinte, vinte e un/vinte e unha, vinte e dous/vinte e dúas, trinta, trinta e un, trinta e unha, corenta, cincuenta, sesenta, setenta, oitenta, noventa, cen, cento un, cento unha, douscentos/duascentas, trescentos/as, catrocentos/as, cincocentos/as ou quiñentos/as, seiscentos/as, setecentos/as, oitocentos/as, novecentos/as, mil.
Cento, millón, billón, trillón, ducia, decena, centena, funcionan como substantivos.

2.- Ordinais.
Primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto, sexto, sétimo, oitavo, noveno, décimo, undécimo ou décimo primeiro, duodécimo ou décimo segundo, décimo terceiro, vixésimo, trixésimo, cuadraxésimo, quincuaxésimo, sesaxésimo, septuaxésimo, octoxésimo, nonaxésimo, centésimo, milésimo, millonésimo.

3.- Multiplicativos.
Dobre (duplo/a), triplo/a, cuádruplo/a (cuádruplo/a), quíntuplo/a, séxtuplo/a.

4.- Partitivos.
Medio/a, terzo/a, cuarto/a, quinto/a, sexto/a, sétimo/a, oitavo/a, noveno/a, décimo/a, onceavo/a, doceavo/a, centésimo/a, milésimo/a, millonésimo/a.
Metade é un substantivo.


 XIX.- ADVERBIO

É un vocábulo invariable que modifica o verbo (chegou tarde), o adxectivo (está ben cocido), un adverbio (viña moi lonxe) ou unha oración.

1.- Adverbios situacionais de lugaronde? ulo, a, os, as?
aquí   aí   alí   :repouso, estado
acó    ..   aló   :movemento
acá    ..   alá   :repouso e movemento
acolá: usado moito como 2º termo dunha oposición

dentro / fóra       arredor    // cerca-preto / lonxe
arriba-enriba-derriba-encima / abaixo-embaixo-debaixo
adiante-diante-/ atrás-detrás   en fronte //velaí, velaquí           
algures    ningures     xalundes      
Algunhas locucións adverbiaisa carón, ao pé, á beira, a rente(s), á dereita, á esquerda, a desmán, a contramán..

2.- Adverbios situacionais de tempoCando?
antano, hogano      sempre, decote      asemade
antonte/trasantonte (antes de antonte), onte, hoxe, mañá, pasadomañá
antes, noutrora, agora-arestora, despois, outrora
aínda, xa    mentres       nunca, xamais (endexamais)       xacando
antes, entón, logo, daquela, axiña   cedo/tarde
arreo, pronto, seguido, sempre
Algunhas locucións adverbiais: de contado, de camiño, a deshora, ás veces, aos poucos, a cotío, a miúdo, á tardiña, de cando en vez, hoxe en día.

3.- Adverbios nocionais de modo. Como?
-Adxectivos: alto, baixo, doado, só...
-Adxectivos co sufixo -mentecomodamente, facilmente, soamente.
-así, ben, mellor, como, gratis, mal, peor, engorde, paseniño, case, adrede...
Algunhas locucións adverbiais: á/de presa, de vagar, a modo, a escape, ás carreiras, a eito, a feito, ao chou, ás toas, a treu, de balde, de socato,a mantenta, a tergo, ...

4.- Adverbios nocionais de cantidade e precisiónCanto?
abondo, algo, bastante, ben, canto, case, dabondo, demasiado, máis, menos, moito/moi, nada, pouco, só, tanto, xusto.
Algunhas locucións: a mares, ás mancheas, a encher, a esgalla...

5.- Negación-afirmación-dúbida.
Compórtanse sintacticamente de xeito diferente ao adverbio. Son as tres formas de presentar unha oración canto ao xuízo nela emitido: negativo (termo marcado), positivo ou incerto.
5.1.- Negación
5.1.1. Total: colócase non entre suxeito e verbo: ti non vas
-non si? = non? non é?      tampouco      ca! (categórico)
-Expletivo (non nega): mira, se non é parvo..
-nin.. nin..: coordinación negativa
5.1.2.- Parcial: un suxeito ou complemento negativo, non toda a oración.
nada, ninguén, ningún, nunca, xamais.
5.2.- AfirmaciónSe non hai marca negativa, calquera enunciado é de por si afirmativo (termo non marcado).
Nas respostas ha de repetirse o verbo: chegaches cedo? - Cheguei.
Reforzos da afirmación: si, si que, abofé, de seguro, claro, así é, así mesmo, con certeza, de certo, tamén, efectivamente, certamente, xaora....
5.3.- Dúbida. Vale para a afirmación e para a negación.
acaso, quizá-quizais-quizabes, ao mellor, talvez, se cadra, se callar, seica, disque, igual

(EXERCICIOS DE ADVERBIOS en ogalego.eu)


 XX.-PREPOSICIÓN

É a clase de palabras invariables que serve para relacionar dous elementos da oración, sinalando a dependencia que hai entre eles. O sintagma que encabezan é a frase preposicional.

Clasificación formal:
1.- Propias.- Sempre funcionan como preposición: a, ante...
2.- Impropias.- Formalmente pertencen a outra categoría gramatical, mais poden funcionar como preposicións: fóra, segundo, onde...
3.- Locucións prepositivas.- conxunto de palabras que funcionan como unha preposición (a última sempre é unha preposición): en vez de...
a, ante/perante, ata/deica, baixo/so, cara, con contra, de, desde/dende/des, en, entre, para, por, sen, sobre, tras
Outras: agás/bardante/menos/salvo, canda, cas, malia, segundo
a carón de, ao pé de, a rente(s) de, a poder de, de par de, co gallo de, a/en prol de, por mor de, verbo de, alén de, encol de, en troques de, cabo de, en fronte de, no canto de ...

(EXERCICIOS DE PREPOSICIÓNS en ogalego.eu)


XXI.- CONXUNCIÓN

1.- Copulativas: e, mais, nin, a mais, e mais

2.- Distributivas e disxuntivas: ou, ben...ben, cal...cal, nin...nin, ora...ora, quer...quer, xa...xa.

3.- Adversativas: mais, pero, senón, agás que, non obstante, porén...

4.- Concesivas: aínda que, a pesar de que, así,  mesmo que, nin que, pese a que, por máis que, por moito que.

5.- Condicionais: se, con que, con tal que, caso de que...

6.- Causais: porque, que, dado que, pois, pois que, por causa de que, por mor de que, posto que, xa que...

7.- Consecutivas: conque, daquela, de aí que, de forma que, de maneira que, de xeito que, entón, logo, polo tanto, xa que logo...

8.- Finais: a fin de que, para que, que, en favor de que...

9.- Locativas (lugar): onde, onde queira que.

10.- Temporais: cando, antes de que, asemade, ata que, axiña que , cada vez que, desde que, despois de que, inda ben que, logo que, mal, mentres, mentres tanto, namentres, non ben, sempre que...

11.- Modais: como, como se, como queira que, conforme, consonte, segundo, sen que, tal e como...

12.-. Comparativas: ca, que, coma, como.

13.- Completivas (substantivas): que, se.

(EXERCICIOS DE CONXUNCIÓNS en ogalego.eu)


XXII.- ANÁLISE SINTÁCTICA

****A frase (sintagma): núcleo e adxacentes (determinante, modificador)
-fn frase nominal: núcleo un substantivo ou pronome
-fv frase verbal: núcleo un verbo
-fadx frase adxectiva: núcleo un adxectivo
-fadv frase adverbial: núcleo un adverbio
-fprep frase preposicional: o 1º elemento é o relator –enlace- (preposición) seguido do termo (outra frase)

*** Consellos para analizar os elementos dunha cláusula/proposición/oración: suxeito, núcleo do predicado, complemento directo, suplemento, complemento indirecto, complemento circunstancial, complemento predicativo, axente da pasiva, pronome de solidariedade, pronome de interese.
1.- Procuramos o suxeito, (quen? realiza a acción verbal) que ha de concordar co verbo. En moitos casos estará oculto (elidido) e hai verbos impersoais.  O sol sae por alí. Chove moito
2.- Procuramos o verbo (núcleo do predicado)
2.1.- Se é un verbo copulativo (ser, estar, parecer, semellar), procuramos o atributo: Helena está cansa
2.2.- O verbo é predicativo (resto dos verbos)
2.2.1.-Se o verbo é transitivo ha de levar complemento directo (que?). Se temos dúbidas de cal é o complemento directo podemos volver a frase a pasiva e o complemento directo resultará suxeito. Exemplo:onte vinte na rúa = onte ti fuches visto por min na rúa. En moitos casos o complemento directo é un pronome persoal. 
2.2.2.- Se observamos que o verbo pide (nese significado) un sintagma preposicional teremos un suplementoo can bebía no leite
2.2.3.- Procuramos o complemento indirecto (a quen? para quen?) nos verbos intransitivos (non é obrigatorio) e tamén o podemos atopar nos transitivos acompañando o complemento directo. En moitas oracións atoparemos un complemento indirecto duplicado, un pronome átono e outro sintagma: deilles o mando aos meus pais
2.2.4.- O verbo é predicativo mais encontramos un adxectivo ou similar nunha función semellante ao atributo dos verbos copulativos..., estamos diante dun complemento predicativo (que podemos confundir cun complemento circunstancial de modo): María quedou parada alí.
2.3.- Procuramos o complemento circunstancial (cando? onde? como? canto?; adverbios, sintagmas preposicionais...): tempo, lugar, modo, cantidade...
2.4.- Se nos quedan pronomes persoais átonos que non son complemento directo nin indirecto, poderán ser de solidariedade ou interese (propios da lingua falada). O pícaro non che me come nada estes días
2.5.- Se a oración está en pasiva (ser+participio), podemos encontrar o axente de pasiva (encabezado pola preposición por): Antón foi educado polos avós


XXIII.- ANÁLISE DAS CLÁUSULAS/ORACIÓNS/PROPOSICIÓNS


0.- Modalidades: aseverativas, interrogativas, imperativas, desiderativas, exclamativas.
1.- Xustapostas: non hai nexo (pausa, coma)
2.- Coordinadas

3.- Subordinadas

1.- Función de CC:

2.- Función non CC:

(EXERCICIOS DE SINTAXE en ogalego.eu)


 XXIV .-LÉXICO-SEMÁNTICA 1: A formación de palabras.

1.- Derivación(morfema)+lexema+(morfema). É o procedemento máis común para formar palabras sobre unha primitiva.
1.1.- Derivación prefixal. A maioría dos prefixos son de orixe grega e latina:

Moitos radicais grecolatinos funcionan como prefixos na lingua: electro-, aero-, euro-, foto-, macro- neo-, tele-, radio-, video-...
1.1.1.- Prefixos apreciativos (valor intensificador):
arqui-, extra- hiper-, pre-, re-, sobre- super-...
1.1.2.- Prefixos nocionais (modifican o contido do lexema):
negación: a-, anti-, contra-, des/dis-, in-...
lugar: entre-/intra-, meta-, retro-, sobre/super-, sub, tras/trans, ultra...
tempo: ante-, pos-, pre-...
cantidade ou tamaño: bis/bi-, multi-, pluri-, semi-, uni-... 
1.2.- Derivación sufixal. O sufixo é un morfema ligado que serve para formar novas palabras.
1.2.1.- Sufixos alterativos ou apreciativos(achegan matices de tamaño ou afectividade):

intensificadores: ísimo, érrimo.
1.2.2.- Sufixos nocionais(forman novas palabras con significado diferente) 
eiro: home/muller que exerce as funcións de..., colectivo ou conxunto de, lugar onde hai, profesión, plantas ou árbores, recipiente, etc.
a) Sufixos formadores de substantivos:

Polo significado: colectivo (-al), locativo (-al, -eiro), acción (-ación, -axe), ocupación (-eiro, -ismo), doutrina (-ismo), etc...
b) Sufixos formadores de adxectivos:

Polo significado: caracterizador (-ble, -az, -ado), relativo ou pertencente a (-al- ar, -exo), xentilicio (-és, -eiro, -an/ano/ao)
c) Sufixos formadores de verbos (a maioría dos verbos fórmanse sobre a primeira conxugación):

d) Sufixos formadores de adverbios-mente
A derivación pode tamén ser prefixal e sufixal (parasíntese).

2.- A composición: (lexema+lexema)
2.1.- Imperfecta ou xustaposta: os dous elementos conservan o seu valor e corpo fonético.
2.2.- Perfecta ou aglutinada: pérdese a noción de composición.
quebranoces, lavalouza, salvavidas, gardalamas, bulebule, sapoconcho, beiramar, beirarrúa, lobishome, lobicán, augaforte, augardente, augamariña, camposanto, xordomudo, agridoce, clarividente
3.- A parasíntese: (morfema)+lexema+lexema+(morfema).
4.- Os acrónimos: palabras formadas con siglas ou iniciais.

NB.- Familia léxica (campo léxico): conxunto de palabras derivadas, compostas e parasintéticas formadas a partir da mesma palabra primitiva. Este concepto está relacionado coa forma e non co significado.


XXV.-  SEMÁNTICA 2

Estuda o significado das palabras. Os semas son os trazos significativos das palabras.
O conxunto de palabras que teñen un ou máis semas comúns e algún oposto ou diferenciador forman un campo semántico
Asentoscadeira, banco, banqueta, sofá, escano, tallo. Semas: obxecto para se sentar as persoas, con respaldo, para unha persoa, con brazos, con patas, baixo...
A organización dos campos semánticos non ten por que ser permanente no tempo e universal en todas as linguas.
denotación móstranos os semas que configuran a palabra sen ter en conta o contexto, é o significado obxectivo. Pola contra, a connotación ten en conta o contexto e fai referencia aos elementos subxectivos.
Non sempre se corresponde un significante cun significado, hai diferentes relacións entre as unidades semánticas que favorecen a comunicación:

1.- A sinonimiaun significado ten varios significantes.
Os sinónimos perfectos son moi escasos, sempre hai matices de uso, afectivos, etc.

2.- A antonimiaoposición de significados.
2.1.- Complementarios ou privativos: exclúense un ao outro, non admiten graduación, comparación.
2.2.- Antónimosgraduais: non se exclúen totalmente, hai graos intermedios.
2.3.- Inversos ou recíprocos: son dous aspectos dunha mesma relación ou concepto, a presenza dun supón a existencia do outro.
Pola súa formación poden ser léxicos (palabras diferentes) ou gramaticais (mediante prefixos).

3.- A polisemiaun significante ten varios significados.
É beneficiosa para a lingua xa que reduce o número de palabras para memorizar.
As principais causas de polisemia son:
- A linguaxe figurada: ollo, cabeza.
- A especialización nun medio social: fondo, operación.
- Os cambios de aplicación: niño.

4.- A homonimia: sincronicamente é un significante con varios significados, mais diacronicamente son tamén diferentes significantes.
4.1.- Homonimia absoluta: río, cal
4.2.- Homonimia parcial:
-Homófonos (non homógrafos): pronúncianse igual pero escríbense de xeito diferente.
-Homógrafos (non homófonos): escríbense igual pero pronúncianse de xeito diferente.
A homonimia pode ser provocada pola evolución fonética converxente ou polos préstamos doutras linguas.

5.- As relacións de inclusión ou xerarquía:
5.1.- Hiponimia: é a relación de significado entre un termo máis específico (subordinado) e outro máis xeral: can-animal, caravel-flor, león-mamífero   (hipónimo-hiperónimo)
5.2.- Hiperonimia: é a relación de significado entre un termo máis xeral e outro máis específico.
5.3.- Cohiponimia: é a relación entre hipónimos dun mesmo hiperónimo.

6.- Os cambios semánticosmudanzas de significado. As causas son variadas:
Lingüísticas: contaxio, elipse. Históricas: pluma. Socio-culturais: vándalo. Psicolóxicas: sobre

(EXERCICIOS DE LÉXICO E SEMÁNTICA en ogalego.eu)


XXVI.-FONOLOXÍA

fonética é a ciencia que estuda os sons.

fonoloxía é a ciencia que estuda os fonemas.

fonema é o elemento mínimo distintivo.

             Fonema vocálico : pode formar sílaba só e o aire sae pola boca sen ningún obstáculo.

             Fonema consonántico : non pode formar sílaba só e o aire atopa obstáculos ao saír.

A sílaba

A sílaba é cada un dos golpes de voz con que se articula a palabra

núcleo é sempre unha vogal, é obrigatorio

marxe non é obrigatoria. 
Marxe explosiva : anterior ao núcleo. Marxe implosiva : posterior ao núcleo.
Sílabas libres son aquelas que acaban en núcleo e trabadas as que acaban en marxe silábica.

Atendendo ao acento, as sílabas poden ser tónicas ou átonas.

1.- Sistema vocálico do galego
1.1.- En posición tónica: sistema de sete fonemas.

Modo de art./Lugar de art.

ANTERIOR
Palatal

CENTRAL
media

POSTERIOR
velar

PECHADA

 

/i/

 

              /u/

MEDIA

pechada

    /e/

 

         /o/

aberta

        /ɛ/

 

    /ɔ/

ABERTA

 

 

       /a/     

 

/a/: central, aberta.
/ɔ/: posterior, media aberta.
/o/: posterior, media pechada.
/u/: posterior, pechada.
/i/. anterior, pechada.
/e/: anterior, media pechada.
/ɛ/: anterior, media aberta.

Cando se quere marcar ortograficamente o timbre da tónica, acentúase sempre a aberta : Fóra-fora, óso-oso, bóla-bola, pódo-podo, córvo-corvo, póla pola, vés-ves, pé-pe, pélo-pelo, néto-neto, présa-presa

Algunhas indicacións para sabermos se a tónica media é aberta ou pechada:
a) As palabras rematadas en vogal tónica acostuman ser abertas: avó, bebé ...
b) As tónicas rematadas en -el, -ol acostuman ser abertas: papel, español (mais: el, aquel)
c) Boa parte da secuencia on é pechada (lambón, monte) e en aberta (ninguén, ben) 
d) A vogal temática dos verbos da 2ª conxugación é pechada: lamber, lambedes
e) Nos verbos con alternancia vocálica no radical, a vogal é aberta na 2ª, 3ª e 6ª persoas do presente de indicativo: segues, dorme, foxen
Verbos en -er que teñen -e- ou -o- como últimas vogais do radical. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente de indicativo presentan a vogal aberta: bebes, bebe, beben, comes, come,  comen 
f) As vogais equivalentes aos ditongos ie, ue en castelán acostuman ser abertas: pé, ovo.

(IMPORTANTE: no exame de Selectividade non deixar nunca en branco a abertura das tónicas e, o xa que sempre hai un 50% de posibilidades de acertar; ademais en moitos casos acaban dando como válidas as dúas posibilidades por existiren na fala)

O Dicionario da Real Academia Galega pode axudar coa pronuncia das palabras

1.2.- En posición átona (non final): non hai oposición de medias abertas-pechadas
Sistema de cinco vogais : 
/i/: anterior, pechada    /E/:  anterior, media  /a/: central, aberta  
/O/: posterior, media   /u/: posterior, pechada     
pero : botar/votar, poliña/poliña

1.3.- En posición final (átona): sistema de tres vogais : /E/  /a/  /O/


ditongo é combinación de dúas vogais. Unha delas é forte (núcleo silábico) e a outra feble (marxe silábica)

Os ditongos poden ser crecentes ou decrecentes :

- crecentes : marxe+núcleo, a 2ª é forte. Piano, fiestra, miolo, cuarto, tenue, triduo

- decrecentes : núcleo+marxe, a 2ª é feble. Caixa, niveis, queixo, Roi, coita, causa, eu, veu, pouco, pediu

Os tritongos son combinacións de tres vogais (feble+forte+feble). Son escasos : denunciou, policiais, vieiros

2.- Sistema consonántico do galego.

Modo de art.// Lugar de art.

BILABIAL

LABIODENTAL

DENTAL

INTERDENTAL

ALVEOLAR

PALATAL

VELAR

Oclusiva

Sonora

/b/

/d/

/g/

Xorda

/p/

/t/

/k/

Fricativa

Xorda

/f/

/θ/

/s/

 /ʃ/

Africada

Xorda

/t∫/

Nasal

Sonora

/m/

/n/

[ɲ]

/ŋ/

Lateral

Sonora

/l/

/ʎ/

Vibrante
(sonora)

Golpeada

 /ɾ/

Vibrante

/r/

/b/: oclusiva, bilabial, sonora. Grafemas b,v
/d/: oclusiva, dental, sonora
/g/: oclusiva, velar, sonora. Grafemas: g (+a,o,u), gu (+e,i). Gheada dialectal
/p/: oclusiva, bilabial, xorda
/t/: oclusiva, dental, xorda
/k/: oclusiva, velar, xorda. Grafemas: c (+a,o, o), qu (+e,i), k (ab. e estranxei.)
/f/: fricativa, labiodental, xorda.
/θ/: fricativa, interdental, xorda. Grafemas: z (final, +a,o,u), c (+e,i). Seseo dialectal
/s/: fricativa, alveolar, xorda
/ʃ/: fricativa, palatal, xorda. Grafema x
/t∫/: africada, palatal, xorda. Grafema ch
/m/: nasal, bilabial, sonora
/n/: nasal, alveolar, sonora
[ɲ]: nasal, palatal, sonora. Grafema ñ
/ŋ/: nasal, velar, sonora. Grafema nh
/l/: lateral, alveolar, sonora
/ʎ/: lateral, palatal, sonora. Grafema ll (moi escasa nos falantes)
/ɾ/: golpeada, alveolar
/r/: vibrante, alveolar. Grafema r (inicial, despois de n,s,l) ou rr
Existen alófonos e neutralizacións

3.-  A entoación. É como a musica, o ritmo da frase.
tonema é a unidade melódica mínima (desde a sílaba tónica ata a pausa). Pode ser horizontalascendente ou descendente.
Os tonemas van formando grupos melódicos separados por pausas. 
Aprobaches o exame ?   Dáme a revista!    Colleu o chaveiro, os cartos e o pano.
campo de entoación dunha lingua é a máxima distancia entre o ton dos tonemas ascendentes máis agudos  e o dos descendentes máis graves (o do galego é máis amplo có do castelán e máis reducido có do portugués brasileiro).

4.- O acento
O acento é a maior  intensidade articulatoria que recae sobre unha sílaba.
Ten valor distintivo : maza, temera

(EXERCICIOS DE FONEMÁTICA en ogalego.eu) 

Dicionario DE PRONUNCIA  da lingua galega


XXVII. DIALECTOLOXÍA 

Malia a grande unidade do galego falado acostuman diferenciarse tres grandes bloques dialectais baseándose nunhas poucas isoglosas (liñas que marcan unha forma diferente de dicir algo no territorio). Dentro dos bloques poden sinalarse tamén áreas máis pequenas.

1.-Bloque Oriental:

Áreas: asturiana (artigo el/l´, avolo, mulin –avó, muíño-) //ancaresa (vogais nasais) // zamorana (collí, partí –collín, partín)

2. Bloque central:

Áreas: mindoniense: cimo (grelo), golpe (raposo). lucu-auriense: come (cume), bibe (bebe)

3. Bloque occidental:

Áreas: fisterrá: cheísmo (só che pronome) // pontevedresa // Baixo Miño (teísmo)

-Exercicios prácticos na web ogalego.eu

-Na páxina do Arquivo Sonoro de Galicia pódense escoitar ou descargar textos dialectais

-Selección de anacos de Ben Falado: falas galegas


2005-2024
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.