ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

Así falan en Trasar 2 (familia de Pilar Guerra)

Unha das posibilidades é a correcta, premer para ver.

1. CARMEN GONZÁLEZ GONZÁLEZ:

2. MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ:

3. ANXO GONZÁLEZ GONZÁLEZ:

4. XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ GUERRA:

** AFALA!

Era a orde que agardabas para levar as vacas para a corte, despois dunha mañá ou tarde os rapaces que gardaban as vacas moito agradecían esta orde

Para lles afalar ás vacas:

Ghou, para tornar a vaca

Ghouá, para que pare a vaca

Toma, para chamar a vaca

Vaca be, vaca to, para mandala para algures

Volve, para que dea a volta cando andas arando

Chica to, para tornar as becerras

Ponte, para pórse ao carro ou ao rego e para xunguir

Atrás, para pórse ao carro

Arrima, para que se acerquen aos valados cando andas arando
Agüíche, agüíche to, cando se levan a beber para que beban. Se é unha besta, asúbíaselle e reméxeselle a auga

** Arreos.

Utilízanse para rebaixar a augardente á graduación desexada cando se destila. Ao final saen 13º ou 14º. Antes de que saian turbos hai que apagar o pote

 

5. XAN L. GONZÁLEZ GUERRA

 

**Algún léxico propio de Trasar:

Canabucho: chamábaselles canabuchos ou canavuchos ás espigas de millo que non ían ao hórreo, xa por seren moi pequenas ou por seren deformes. Como este millo non servía para fariña, os canavuchos xa non se esfollaban e gardábanse nun sitio seco para seren utilizados  todo o ano. Utilizábanse como complemento alimenticio para o gando e na miña casa dábanselles sobre todo aos bois cando tiñan moito traballo.

Pegota/peghota: broma ou inocentada propia do día 28 de decembro. Pode ter que ver con algo que se pega nas costas da persoa burlada.

Corrofellos: mazás pequenas coma castañas que quedan ao final da tempada na maceira (Pilar Guerra)

Dente de angrón: herba medicinal para comer o sangue nun derrame (haina na beira dos regatos)

2005-2011
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.