Feito con HotPotatoes6 por Anxo G.G. e Vitoria O.V. www.ogalego.eu // www.ogalego.gal
O "Botafumeiro" da catedral de Santiago é coñecido alén das nosas fronteiras. Como se chaman os que agarran a corda para que se mova?
Tirafumeiros
Tiraboleiros
Tiracordeiros
Tiraincensarios
Está diante do edificio dos xulgados de Pontevedra. Lembra ao poeta Fermín Bouza Brey. Algúns dos seus poemas pertencen ao movemento:
Neotrobadorismo
Paisaxismo social
Rexionalismo
Clasicismo rexionalista
Está en Santiago de Compostela, é Ricardo Carvalho Calero, un dos grandes da cultura galega. El foi o autor da primeira grande:
Historia de Galicia
Historia da Lingua Galega
Historia da Literatura Galega
Historia da Arte Galega
Álvaro Cunqueiro é o máis grande fabulador da nosa literatura, esta placa da casa natal está en:
Lalín
Chantada
Mondoñedo
Viveiro
A. Daniel R. Castelao naceu en Rianxo e viviu moitos anos nunha cidade na que dixo que lle gustaría ser soterrado. A cidade que llo agradeceu con esta figura é:
Rianxo
Santiago de Compostela
Buenos Aires
Pontevedra
Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na Celanova natal. A súa obra máis coñecida é:
Nimbos
Longa noite de pedra
Con pólvora e magnolias
Aires da miña terra
Grupo escultórico do Café Moderno pontevedrés: A. Bóveda, Castelao, M. Quiroga (violín), Paz Andrade, C. Casares e "o do chapeu" é:
Ramón Cabanillas
Eduardo Pondal
Curros Enríquez
Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro na súa terra. O seu libro "Crónicas do Sochantre" está ambientado en
Escocia
Iraq
A Bretaña francesa
Italia
Casa de Curros Enríquez en Celanova. Moi cerca, Vilanova dos Infantes, está a "Virxe" que el cantou nun coñecido poema, trátase de:
A Virxe dos Milagres
A Virxe dos Remedios
A Virxe do Cristal
A Virxe das Augas Santas
Homenaxe en Espasante a un "porquiño". Este porquiño andaba solto e todos lle daban de comer. En moitos sitios leva o nome de:
Porquiño de San Pedro
Porquiño de Santiago
Porquiño de San Roque
Porquiño de Santo Antonio
Nesta pequena lagoa dise que nace o río Miño. O seu nome é:
Fonmiñá
Lagoa de Cospeito
Lagoa de Antela
Fonte Mínima
Neste mosteiro pontevedrés estudaron os Padres Sarmiento e Feijoo. É o mosteiro de:
Oseira
Lérez
Sobrado dos Monxes
Monfero
Festa popular en Pontevedra (a da foto), Ourense, Redondela …. Trátase de:
O Entroido
Os Maios
As Cacharelas
O Solsticio
A Casa Museo do grande poeta Manuel Antonio está na súa vila, en:
Rianxo
Marín
Cambados
Ortigueira
Ata este lugar xa en León chega a fala galega. Aquí buscaron ouro os romanos. O nome do sitio é:
Asturica Augusta
Montefurado
Monte Pindo
As Médulas
Fachada dun coñecido mosteiro galego. O seu nome é:
Oseira
Samos
Poio
Monfero
Homenaxe ao "Poeta do Caurel" alí no medio das montañas. O seu nome é:
Uxío Novoneyra
Ánxel Fole
Ramón Piñeiro
Xosé María Díaz Castro
Antigas vivendas nos Ancares lugueses. Son
Os castros
Os hórreos
As pallozas
Os canastros
Pedregal de Irimia, antes de Fonmiñá, onde se di tamén que nace o Miño. Cóntase que “o Miño leva a fama e o Sil a auga”. Miño e Sil xúntanse en:
Nos Peares
En Ourense
No Carballiño
Na Guarda
Xoán Manuel Pintos é un dos primeiros en escribir en galego no século XIX. Estes escritores son coñecidos como:
Os Rexurdidores
Os Recuperadores
Os Precursores
Os Galeguizadores
Coñecida como a "Porta Santa" da Catedral de Santiago. Só abre
Todos os domingos
Durante o Ano Santo
Cando funciona o Botafumeiro
Antes e despois da Misa do Peregrino
O Pórtico da Gloria é o grupo escultórico máis importante de Galicia. A cara que sorrí é:
San Xoán Bautista
O Profeta Elías
O Profeta Malquías
O Profeta Daniel
Lembranza de Rosalía de Castro na Xunqueira pontevedresa. Ela naceu en:
Padrón
Bastavales
Santiago de Compostela
Iria Flavia
O "Santo dos Croques", da Catedral de Santiago. A figura representa a:
O Mestre Mateo
O Profeta Daniel
Apóstolo Santiago mozo
Un peregrino anónimo
Unha das igrexas galegas máis antigas de estilo visigodo (século VII):
A Nosa Señora do Faro
A Virxe da Barca
A Virxe do Cristal
Santa Comba de Bande
A este santuario “vai de morto que non foi de vivo”, está preto do Cabo Ortegal, trátase de:
A Virxe da Barca
Santo André de Teixido
Santo Antonio de Canido
Santiago de Fisterra
Un dos castros do interior de Galicia que conta cun museo de interpretación moi completo:
San Cibrao de Las
Viladonga
Santa Tegra
Baroña
Unha das paisaxes montañosas máis espectaculares de Galicia: Cervantes, Quindous, Donís, Piornedo … Trátase de:
O Caurel
O Candán
O Xurés
Os Ancares
Peirao da illa atlántica de Ons na entrada á Ría de:
Muros-Noia
Arousa
Pontevedra
Vigo
Paisaxe de viñas na Ribeira Sacra luguesa (Miño e Sil). A cepa máis coñecida e famosa para o viño tinto na zona é: