ogalego.eu
Frei Martín Sarmiento, homenaxe de ogalego.eu
Pronome persoal
Demostrativo
qr
Imaxe: Padre Sarmiento, Ilustrado galego

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

POSESIVO


1.- Substituír o que vai entre parénteses por unha construción con posesivo

AXUDA teórica: formas do posesivo

  1. (falcóns de ti) ... son bos cazadores.

  2. (camisas del) ... están esfarrapadas.

  3. (chaquetas de ti) ... son de la.

  4. (medias de nós) son moi finas.

  5. Non encontro ... (xerseis de min).

  6. Aínda non recolleron ... (calzóns deles).

  7. (saias delas) ... son vermellas.

  8. Empréstame ... (abrigo de ti).

  9. Podes pendurar aí ... (chapeu dela).

  10. Bota na pía de lavar ... (calcetíns de ti).

  11. (gravata de ti) ... é negra.

  12. (suxeitadores de vós) ... xa están enxoitos.

  13. (calzas de nós) ... son de boa calidade.

  14. Podes pór ... (bata dela).

  15. (casaca de nós) ... está raxada.

  16. (mandiletas de vós) ... teñen unhas cores moi sufridas.

  17. (cinto de ti) ... é de coiro.

  18. Puxen unha flor ... (en lapela del).

  19. Son bos cazadores eses ... (furóns de ti).

  20. Aqueles (compañeiros de ti) ... estiveron por aquí.

  21. Aqueles rapaces eran ... (amigos delas).

  22. Onte viñeron ... (avós de min) de Montevideo.

  23. (tía de ti) ... é millonaria.

  24. (esposa del) ... está doente desde hai un mes.

  25. Iso é ... (cousa de ti).

  26. Foi ... (culpa de ti).

  27. Sempre vai diante ... (de ti).

  28. Estaba alí mesmo, por debaixo ... (de nós).

  29. Non o ves, e iso que está detrás ... (de vós).

Corrección do exercicio 1

2.- Completar as frases coas formas do posesivo correspondentes

  1. ... home (de ti) anda embarcado.... e irmán (de ti) é un furafollas.

  2. ... sogro (de min) é moi bo home.

  3. ... nena (de min)! Que má sorte tiveches!

  4. ... xenro (de ti) mercou dous andares desa casa.

  5. ... curmán (dela) é afeccionado ao montañismo.

  6. ... cuñado (de ti) é piloto de helicópteros.

  7. ... xoia (de min)! Canto lle quero!

  8. ... madriña (del) é radioafeccionada.

  9. Eses danse moi ben en ... terra (de nós).

  10. Esta non é de ...banda (de vós).

  11. A mosca caeu en ... redes (dela).

  12. Non lle deas caramelos a ... neto (de min).

  13. Mañá chega de Marrocos ... sobriño (de nós).

  14. Xoán Montes puxo moito sentimento en ... obras (del).

  15. Os celtas non temían ... inimigos (deles).

  16. ... devanceiros (de ti) eran moi ricos.

  17. ... barriga (de min) é un pouco grande.

  18. Os animais gorécense en ... covas (deles).

  19. Os humanos coidan pouco ... mundo (deles).

  20. Situáronse fronte ... (del).

  21. Sentareime xunto ... (de ti).

  22. Non che é certo, ... amigo... (de min).

  23. Andaban sempre con cada.... mozo (delas).

  24. Compráronlles cada... reprodutor de DVD (seu).

  25. Viñeron en cada... camioneta (súa).

Corrección do exercicio 2

3.- Indicar o valor das formas de posesivo que aparecen nestas frases

  1. Sempre tiven coche de meu.

  2. Este frigorífico custarache os seus cincocentos euros.

  3. Xa andan os da clase do lado a facer das súas.

  4. Polo que vexo, os teus nunca van ao fútbol.

  5. Ese nunca chegará a ter casa de seu.

  6. O Paulo xa che ten os seus vinte anos.

  7. Meu queridiño, que mal o pasou!

  8. Xa tomou as súas píldoras.

  9. O meu Carliños aínda non vai á escola.

  10. Xesús ten de comer de seu, non pasa fame.

  11. Os meus sempre van no verán á praia.

  12. Aquel cativo era intelixente de seu.

  13. Outra vez vén cos seus chistes baratos.

  14. Temos dúas piscinas de noso.

  15. E logo, como anda hoxe o noso amigo?

  16. É moi de teu deixar todo esparexido polo chan.

  17. Deica a Rúa hai os seus cen quilómetros.

  18. Os seus non a deixan saír despois das dez da noite.

  19. Non creo que volvan xa ao seu.

  20. Fronte súa todas as faces sorrían.

Corrección do exercicio
2005-2017
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.