ogalego.eu
Luís Amado Carballo, homenaxe de ogalego.eu
Numeral
Pronome persoal
qr
Imaxe: Luís Amado Carballo, escritor galego

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal-

CUANTIFICADORES E IDENTIFICADORES


0. Identificar os cuantificadores e os identificadores (antes chamados indefinidos)

1. O outro equipo botou demasiado tempo antes de marcar algún gol

2. Hai algúns libros que son capaces de enganchar a moitos lectores cunha pouca intriga e bastante humor

3. Na miña clase os demais son quen de gañarme en calquera ocasión, na outra do lado non hai ninguén que se atreva

4. Eses son os mesmos que nos visitaron en ambos os casos

5. Apareceron unhas cantas gaivotas e invadiron varias das mesas do bar

6. A determinadas persoas téñolles pouca consideración e non as aturo moito tempo

7. Os tales rapaces son de coidado, eu mesma me enfadei con eles en abondas ocasións

8. Elas son tantas que non collen nese autobús, teñen que buscar outro con algúns asentos máis

9. Alguén comentou que todos os cativos teñen os mesmos dereitos aínda que a algúns non llelo pareza

10. Foron as propias xogadoras as que lle dixeron ao árbitro que errara en varias decisións

Corrección do apartado 0

1. Encher os ocos usando mesmo, propio, tal, demasiado, ambos, algún, ningún, alguén, ninguén, calquera, cadaquén, quenquera, outro, certo
  1. ... que te vise, diría que vas espido.

  2. Foron as ... que da outra vez.

  3. Non mo dixo ..., sabíao eu.

  4. Contra ese mal non hai ... solución.

  5. Traballar para ... é máis custoso que ter un traballo ...

  6. ... cho contaría, que ti non o sabías.

  7. Viñeron ...dúas con ... amigas.

  8. De ... persoas non se pode un fiar.

  9. ... que fose, ía laiándose coma un can.

  10. ... ten que apandar coas súas obrigas, ou como din ... coa súa cruz.

  11. En ... sitios chove máis que en ...

  12. Vén por aquí ... persoa que non é do meu agrado.

  13. Non podemos dubidar da inocencia dos dous oficiais, ... foron vistos a esa hora.

  14. Cando atacou o inimigo, o pánico foi ... que ... ata perderon os zapatos.

  15. Ía ... frío para poder espirse na praia.

  16. ... parece culpábel, mais ten que ser ... dese grupo.

  17. En ... tenda venderancho polo ... prezo.

  18. Vinme negro, alí non había ... pistas a xeito para aterrar.

  19. ... que fose vai quedar sen castigo.

  20. ... pague o que lle corresponder, que sempre hai ... que intenta librar.

Corrección do apartado 1

2005-2017